Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4191

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispoñen a inscrición, o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo parcial do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para as fábricas de taboleiro de Finsa.

Visto o texto do acordo parcial do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para as fábricas de taboleiro de Finsa (código 82000913012007), subscrito entre a representación empresarial e as organizacións sindicais UGT e CC.OO., na reunión do 16 de outubro de 2018, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 y 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acordo económico de convenio colectivo da empresa
Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para as fábricas de taboleiro en Galicia

Antecedentes.

O obxectivo deste acordo previo de convenio é a consecución dun acordo económico que permita o incremento dos salarios con criterios de competitividade e sustentabilidade, o restablecemento do clima de diálogo e paz social, superando escenarios de conflitos, así como a mellora das relacións laborais na empresa.

Acordos

Primeiro. Ámbito de aplicación e vixencia temporal

O acordo de convenio iniciará os seus efectos a partir da data da súa sinatura e manterá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2019, excepto en materia salarial que terá efectos retroactivos ao 1 de xaneiro de 2017, nos termos e condicións pactados nos números seguintes, nos cales se establecen os incrementos salariais para cada un dos anos.

O acordo de convenio será de aplicación ao persoal en persoal das fábricas de taboleiro da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa) en Galicia, con centros de traballo en Santiago de Compostela, Padrón, Rábade (Lugo) e San Cibrao das Viñas (Ourense).

Ambas as partes acordan continuar a negociación colectiva nun contexto de paz social, coa apertura das mesas clasificación profesional e de formación na empresa. A primeira delas abrirase na última quincena do mes de outubro e darase continuidade á mesa de igualdade aberta.

O resto de materias reguladas no convenio colectivo da empresa (código de convenio 82000913012007) –coas modificacións incorporadas no acordo parcial de 2017 (DOG do 30 de marzo de 2017)– continuarán vixentes ata o 31 de decembro de 2019.

Segundo. Incrementos económicos consolidables

1. Ano 2017:

Ambas as partes acordan a aplicación dun incremento económico sobre os conceptos salariais do convenio –fóra a antigüidade consolidada e os complementos de locomoción– do 1,1 % con efectos do 1 de xaneiro de 2017, xerando os atrasos correspondentes desde esta data.

As contías dos salarios base e o valor das horas extraordinarias aplicables desde o 1 de xaneiro de 2017 son os recollidos nos anexos I e II que se xuntan á presente acta unha vez aplicado o incremento do 1,1 %.

Os valores do complemento de locomoción, de conformidade co pactado, non sufrirán incremento, mantendo os valores do ano 2003, en que se alcanzou o acordo para o rateo a doce meses do importe anual do complemento de locomoción, que se recolle no anexo III desta acta.

O incremento do importe lineal do complemento de locomoción levará, como en anos anteriores, á achega ao plan de xubilación segundo o disposto no artigo 76 do convenio colectivo. A achega lineal ao plan de xubilación no ano 2017 terá un importe de 39,69 euros mensuais.

2. Incremento ano 2018:

Con efectos do 1 de xaneiro de 2018 aplicarase un incremento económico sobre as táboas salariais vixentes en 31 de decembro de 2017 do 2 %, fóra a antigüidade consolidada e dos complementos de locomoción, cuxo incremento lineal levará á achega ao plan de xubilación.

As contías dos salarios base e o valor das horas extraordinarias aplicables desde o 1 de xaneiro de 2018 son os recollidos nos anexos IV e V que se xuntan á presente acta unha vez aplicado o incremento do 2 %.

Os valores do complemento de locomoción, de conformidade co pactado, non sufrirán incremento e manterán as contías reflectidas no anexo III desta acta.

O incremento do importe lineal do complemento de locomoción levará, como en anos anteriores, á achega ao plan de xubilación segundo o disposto no artigo 76 do convenio. A achega ao plan de xubilación no ano 2018 terá un importe de 41,41 euros mensuais.

3. Incremento ano 2019:

Con efectos do 1 de xaneiro de 2019 aplicarase un incremento económico sobre as táboas salariais vixentes en 31 de decembro de 2018 do 2 %, fóra a antigüidade consolidada e dos complementos de locomoción, cuxo incremento lineal levará á achega ao plan de xubilación.

O incremento do importe lineal do complemento de locomoción levará, como en anos anteriores, á achega ao plan de xubilación, segundo o disposto no artigo 76 do convenio.

4. Cláusula de revisión salarial:

Páctase unha cláusula de regularización de IPC aplicable aos incrementos salariais consolidables pactados, que operará do modo seguinte: se a cifra de IPC interanual do ano 2018 resulta superior ao 2 %, o diferencial que exceda a dita porcentaxe engadirase ao incremento económico pactado para as táboas salariais de 2019.

Os atrasos xerados pola desviación de IPC calcularanse e aboaranse ao persoal do cadro de persoal que teña xerado o dereito á súa percepción, xunto coa retribución non consolidable que se aboará no mes de setembro de 2019.

Se o IPC do ano 2019 resulta superior ao 2 % regularizaranse as táboas no diferencial que exceda a dita porcentaxe, con efectos do 1 de xaneiro de 2019, xerando os correspondentes atrasos.

5. Período para o aboamento dos atrasos:

Ambas as partes acordan que, dada a complexidade de abordar o proceso de cálculo dos atrasos e a incorporación dunha retribución variable non consolidable no proceso de nómina, o prazo máximo para o pagamento dos atrasos xerados dos anos 2017 e 2018 será o 31 de outubro de 2018.

Terceiro. Retribución variable non consolidable

1º. Ambas as partes acordan incorporar na negociación colectiva novas fórmulas que permitan facer efectivo o compromiso coa creación, o mantemento e a calidade do emprego, sustentados na competitividade e na mellora da produtividade como garantía da sustentabilidade a longo prazo da empresa.

Para tal fin acórdase incorporar unha retribución económica anual de carácter variable e non consolidable –proporcional ao salario de cada traballador e traballadora– que se determinou en función dos datos económicos obtidos das contas anuais consolidadas correspondente ao último exercicio pechado.

2º. Ambas as partes acordan que a empresa aboará no ano 2018 unha retribución non consolidable por importe bruto do 3 % calculado sobre a contía anual dos conceptos salariais fixos de cada un dos integrantes do cadro de persoal –actualizados a 2018– nun pagamento único que se aboará conxuntamente cos atrasos de convenio.

Esta porcentaxe do 3 %, que se aboará no ano 2018, integra a retribución non consolidable correspondente aos anos 2017 e 2018, sobre os cales xa se dispón dos datos económicos pechados, así como para permitir o peche do acordo económico.

3º. No ano 2019 ambas as partes acordan que o importe da retribución variable non consolidable ascenderá a un 2 % –calculado sobre o importe anual dos conceptos salariais fixos de cada unha das persoas que integran o cadro de persoal regulados en convenio– que se establece con base na estimación dos datos previstos para o peche das contas anuais consolidadas de 2018.

Este pagamento único que constitúe a retribución non consolidable aboarase conxuntamente coa mensualidade de setembro de 2019.

4º. A retribución non consolidable terá carácter proporcional, e percibirana as persoas de alta na empresa, en función dos días de permanencia na empresa entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de cada anualidade, e aboarase proporcionalmente nos supostos en que o período de permanencia sexa inferior.

A retribución variable non consolidable establécese nunha porcentaxe sobre o importe anual dos conceptos salariais fixos de cada un dos integrantes do cadro de persoal que se detallan no parágrafo seguinte, con exclusión das horas extraordinarias, o exceso de xornada e conceptos compensatorios e extrasalariais (comidas, seguros, etc.) establecidos no convenio Finsa, e calculada de modo proporcional á súa xornada de traballo.

En concreto, a porcentaxe aplicarase sobre o importe anual que percibirá cada un dos que integran o cadro de persoal polos conceptos fixos de convenio que teña recoñecidos en nómina en concepto de salario base + ad personam + antigüidade + complemento especialidade + ad personam consolidado de mantemento + complemento de xornada + complemento continuidade + complemento locomoción + compensación de transporte + nocturnidade + achega ao plan xubilación.

Cuarto. Actualización de conceptos económicos 2017 e 2018

1. O importe dos complementos de xornada mensuais regulados no artigo 36 do convenio colectivo será o que se recolle no cadro seguinte, unha vez aplicados os incrementos económicos pactados para o ano 2017 e 2018.

Modalidade

Importe

Importe

Traballo

Mes 2017

Mes 2018

5 quendas

457,09 €

466,23 €

4,5 quendas

431,41 €

440,04 €

4 quendas

379,08 €

386,66 €

2 con 3 quendas

297,88 €

303,84 €

3 quendas

189,62 €

193,41 €

2,5 e 3,5 quendas

251,66 €

256,69 €

2 quendas e x. part.

158,81 €

161,99 €

2. O importe do complemento de continuidade de produción (artigo 38) terá un importe de 46,19 euros a partir do 1 de xaneiro de 2017 e de 47,11 euros mensuais a partir de 1 de xaneiro de 2018.

3. A compensación por redución do período de vacacións continuado a 14 días por necesidades produtivas, prevista no artigo 20 do convenio para os sistemas de dous e medio e tres e medio, e para o serradoiro terá un importe de 529,88 euros desde o 1 de xaneiro de 2017 e de 540,48 euros desde 2018.

4. De conformidade co establecido en convenio, a antigüidade consolidada non sufrirá incremento nin diminución e quedará establecida no valor de 22,78 euros mensuais.

5. O importe das compensacións económicas pactadas por quenda de traballo efectivo nos días de Nadal terá en 2017 os valores seguintes:

Días

Mañá

Tarde

Noite

24 de decembro

-

45,36

158,69

25 de decembro

136,05

158,68

45,36

31 de decembro

-

45,36

158,68

1 de xaneiro

158,68

136,05

45,36

Os importes das compensacións por quenda efectiva de traballo nos días de Nadal fíxanxe en 2018 nos importes seguintes:

Días

Mañá

Tarde

Noite

24 de decembro

-

46,27

161,86

25 de decembro

138,77

161,86

46,27

31 de decembro

-

46,27

161,86

1 de xaneiro

161,86

138,77

46,27

6. A compensación transporte para o persoal do centro de Finsa Padrón e os traballadores do cadro de persoal de Finsa Fibranor establécese en 21,63 euros mensuais desde o 1 de xaneiro de 2017 e de 22,06 euros mensuais desde o 1 de xaneiro de 2018.

7. O complemento de especialidade de mantemento regulado no artigo 39 do convenio, unha vez aplicados os incrementos pactados para os anos 2017 e 2018, terá os seguintes importes mensuais:

Categorías

2017

2018

Oficial 1ª e 2ª manto.

304,92 €

311,02 €

Oficial 3ª manto.

203,28 €

207,35 €

8. Acórdase incrementar o importe da mellora social regulado no artigo 47 do convenio (vale comida) para xornada partida a 7,25 euros con efectos do 1 de xaneiro de 2019.

9. O importe da compensación polo traballo en sábado en quenda completa con cargo a bolsa de horas establécese para 2018 en 40,80 euros, e o importe da compensación do segundo sábado de traballo –nos meses de xullo e agosto a xornada completa– será de 61,20 euros.

Quinto. Comisión paritaria

Ambas as partes acordan manter a designación como membros da comisión paritaria regulada no artigo 5 do convenio colectivo de Finsa das persoas que se apuntan no acordo de modificación parcial do convenio publicado no DOG do 30 de marzo de 2017.

Ambas as partes poderán nomear e revogar as persoas designadas, sen máis trámite que a notificación por escrito ao secretario da comisión paritaria, quen o poñerá en coñecemento do presidente.

E en proba de conformidade, asinan este documento de acordo os membros da UGT e CC.OO. e a representación da empresa na mesa negociadora do convenio.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2018

ANEXO I

Táboa salarios base def. ano 2017 convenio Finsa Galicia

Categorías

Salario

mes

Salario

día

Salario

ano

Persoal fabricación

Peoa/peón

1.026,50

33,78

14.863,20

Peoa/peón especialista

1.034,75

34,00

14.960,00

Capataza/capataz de peóns

1.055,59

34,70

15.268,00

Axudanta/axudante

1.055,59

34,70

15.268,00

Oficialía de segunda

1.089,25

35,80

15.752,00

Oficialía de primeira

1.161,61

38,19

16.803,60

Responsable de equipo

1.372,74

45,13

19.857,20

Responsable de quenda

1.406,28

46,24

20.345,60

Encargada/encargado de sección

1.439,71

47,36

20.838,40

Persoal mantemento

Aprendiza/aprendiz

800,13

26,32

11.580,80

Oficialía de terceira

1.110,70

36,54

16.077,60

Oficialía de segunda

1.196,19

39,32

17.300,80

Oficialía de primeira

1.307,53

43,02

18.928,80

Responsable de equipo

1.505,58

49,54

21.797,60

Responsable de taller

1.912,61

62,86

27.658,40

Responsable de mantemento

2.118,73

69,67

30.654,80

Persoal coxeración

Axudanta/axudante de operador

1.110,70

36,54

16.077,60

Operadora/operador de planta

1.196,19

39,32

17.300,80

Técnica/técnico especialista

1.307,53

43,02

18.928,80

Encargada/encargado de planta

1.912,61

62,86

27.658,40

Persoal subalterno

Almaceneira/o-ordenanza

1.054,45

34,66

15.250,40

Choferesa/chofer turismo

1.101,26

36,18

15.919,20

Condutora/condutor mecánico

1.167,84

38,42

16.904,80

Persoal administrativo

Aspirante

936,01

30,76

13.534,40

Auxiliar/telefonista

1.053,40

34,66

15.250,40

Oficialía de segunda

1.231,69

40,46

17.802,40

Oficialía de primeira

1.358,95

44,69

19.663,60

Responsable

1.517,26

49,87

21.942,80

Responsable de administración

1.844,97

60,68

26.699,20

Persoal técnico

Analista

1.054,45

34,66

15.250,40

Delineante

1.230,87

40,45

17.798,00

ATS

1.230,87

40,45

17.798,00

Perito

1.387,24

45,60

20.064,00

Técnica/técnico proxectista

1.412,49

46,40

20.416,00

Licenciada/licenciado-enxeñeira/o

1.844,97

60,68

26.699,20

ANEXO II

Táboa de horas extras def. ano 2017 convenio Finsa Galicia

Categorías

Horas

exceso

Horas

extras

Horas

fest./noct.

Persoal fabricación

Peoa/peón

8,52

13,73

15,70

Peoa/peón especialista

8,58

13,87

15,84

Capataza/capataz de peóns

8,75

14,03

16,06

Axudanta/axudante

8,75

14,03

16,06

Oficialía de segunda

9,03

14,69

16,71

Oficialía de primeira

9,64

15,69

17,94

Responsable de equipo

11,39

18,17

20,75

Responsable de quenda

11,67

18,59

21,30

Encargada/encargado de sección

11,95

19,11

21,80

Persoal mantemento

Aprendiza/aprendiz

6,64

10,25

11,70

Oficial de terceira

9,22

14,70

16,81

Oficial de segunda

9,92

15,89

18,21

Oficial de primeira

10,85

17,57

20,10

Responsable de equipo

12,50

20,45

23,39

Responsable de taller

15,86

25,72

29,45

Responsable de mantemento

17,58

29,05

33,19

Persoal coxeración

Axudanta/axudante de operador

9,22

14,70

16,81

Operadora/operador de planta

9,92

15,89

18,21

Técnica/técnico especialista

10,85

17,57

20,10

Encargada/encargado de planta

15,86

25,72

29,45

Persoal subalterno

Almaceneira/o-ordenanza

8,74

14,01

16,01

Choferesa/chofer turismo

9,13

14,82

16,96

Condutora/condutor mecánico

9,69

16,06

18,36

Persoal administrativo

Aspirante

7,76

12,07

13,79

Auxiliar/telefonista

8,74

13,70

15,68

Oficialía de segunda

10,21

16,15

18,49

Oficialía de primeira

11,28

18,02

20,62

Responsable

12,58

20,19

23,15

Responsable de administración

15,31

24,69

28,23

Persoal técnico

Analista

8,74

13,67

15,58

Delineante

10,21

16,15

18,49

ATS

-

-

-

Perito

11,50

18,28

20,93

Técnica/técnico proxectista

11,71

18,68

21,40

Licenciada/licenciada-enxeñeira/o

15,31

24,69

28,23

ANEXO III

Táboa de complemento de locomoción anos 2017 e 2018

Convenio Finsa - rateada en doce meses

Categorías

Xornada

partida

2 quendas e

2 e media

3 quendas e

3 e media

4 quendas e

continuidade

Persoal fabricación

Peoa/peón

37,51

49,01

50,50

52,46

Peoa/peón especialista

37,51

49,10

50,60

52,56

Capataza/capataz de peóns

37,62

49,45

50,99

52,97

Axudanta/axudante

37,62

49,45

50,99

52,97

Oficialía de segunda

37,75

50,02

51,61

53,58

Oficialía de primeira

37,79

50,73

52,30

54,26

Responsable de equipo

38,50

53,92

55,68

57,60

Responsable de quenda

38,52

54,27

56,05

58,02

Encargada/o de sección

38,53

54,62

56,38

58,34

Persoal mantemento

Aprendiza/aprendiz

36,78

45,76

47,08

49,04

Oficialía de terceira

37,75

50,20

51,75

53,85

Oficialía de segunda

37,96

51,39

53,04

55,00

Oficialía de primeira

38,32

52,99

54,73

56,70

Responsable de equipo

38,75

55,58

57,41

59,37

Responsable de taller

39,89

61,25

63,39

65,35

Responsable de mantemento

40,54

64,21

66,52

68,49

Persoal coxeración

Axudanta/axudante de operador

37,75

50,20

51,75

53,85

Operadora/operador de planta

37,96

51,39

53,04

55,00

Técnica/técnico especialista

38,32

52,99

54,73

56,70

Encargada/encargado de planta

39,89

61,25

63,39

65,35

Persoal subalterno

Almaceneira/o-ordenanza

37,58

49,38

50,88

52,84

Choferesa/chofer turismo

37,64

50,00

51,54

53,52

Condutora/condutor mecánico

37,89

51,01

52,65

54,62

Persoal administrativo

Aspirante

37,07

-

-

-

Auxiliar/telefonista

37,57

-

-

-

Oficialía de segunda

38,02

-

-

-

Oficialía de primeira

38,35

-

-

-

Responsable

38,83

-

-

-

Responsable de administración

39,86

-

-

-

Persoal técnico

Analista

37,58

-

-

-

Delineante

38,02

-

-

-

ATS

-

-

-

-

Perito

38,45

-

-

-

Técnica/técnico proxectista

38,45

-

-

-

Licenciada/licenciado-enxeñeira/o

39,86

-

-

-

ANEXO IV

Táboa salarios base ano 2018 convenio Finsa Galicia

Categorías

Salario

mes

Salario

día

Salario

ano

Persoal fabricación

Peoa/peón

1.047,03

34,46

15.162,40

Peoa/peón especialista

1.055,45

34,68

15.259,20

Capataza/capataz de peóns

1.076,70

35,39

15.571,60

Axudanta/axudante

1.076,70

35,39

15.571,60

Oficialía de segunda

1.111,04

36,52

16.068,80

Oficialía de primeira

1.184,84

38,95

17.138,00

Responsable de equipo

1.400,19

46,03

20.253,20

Responsable de quenda

1.434,41

47,16

20.750,40

Encargada/encargado de sección

1.468,50

48,31

21.256,40

Persoal mantemento

Aprendiza/aprendiz

816,13

26,85

11.814,00

Oficialía de terceira

1.132,91

37,27

16.398,80

Oficialía de segunda

1.220,11

40,11

17.648,40

Oficialía de primeira

1.333,68

43,88

19.307,20

Responsable de equipo

1.535,69

50,53

22.233,20

Responsable de taller

1.950,86

64,12

28.212,80

Responsable de mantemento

2.161,10

71,06

31.266,40

Persoal coxeración

Axudanta/axudante de operador

1.132,91

37,27

16.398,80

Operadora/operador de planta

1.220,11

40,11

17.648,40

Técnica/técnico especialista

1.333,68

43,88

19.307,20

Encargada/encargado de planta

1.950,86

64,12

28.212,80

Persoal subalterno

Almaceneira/almaceneiro-ordenanza

1.075,54

35,35

15.554,00

Choferesa/chofer turismo

1.123,29

36,90

16.236,00

Condutora/condutor mecánico

1.191,20

39,19

17.243,60

Persoal administrativo

Aspirante

954,73

31,38

13.807,20

Auxiliar/telefonista

1.074,47

35,35

15.554,00

Oficialía de segunda

1.256,32

41,27

18.158,80

Oficialía de primeira

1.386,13

45,58

20.055,20

Responsable

1.547,61

50,87

22.382,80

Responsable de administración

1.881,87

61,89

27.231,60

Persoal técnico

Analista

1.075,54

35,35

15.554,00

Delineante

1.255,49

41,26

18.154,40

ATS

1.255,49

41,26

18.154,40

Perito

1.414,98

46,51

20.464,40

Técnica/técnico proxectista

1.440,74

47,33

20.825,20

Licenciada/licenciado-enxeñeira/o

1.881,87

61,89

27.231,60

ANEXO V

Táboa de horas extras ano 2018 convenio Finsa Galicia

Categorías

Horas

exceso

Horas

extras

Horas

fest./noct.

Persoal fabricación

Peoa/peón

8,69

14,00

16,01

Peoa/peón especialista

8,75

14,15

16,16

Capataza/capataz de peóns

8,93

14,31

16,38

Axudanta/axudante

8,93

14,31

16,38

Oficialía de segunda

9,21

14,98

17,04

Oficialía de primeira

9,83

16,00

18,30

Responsable de equipo

11,61

18,53

21,17

Responsable de quenda

11,90

18,96

21,73

Encargada/encargado de sección

12,19

19,49

22,24

Persoal mantemento

Aprendiza/aprendiz

6,77

10,46

11,93

Oficialía de terceira

9,40

14,99

17,15

Oficialía de segunda

10,12

16,21

18,57

Oficialía de primeira

11,07

17,92

20,50

Responsable de equipo

12,75

20,86

23,86

Responsable de taller

16,18

26,23

30,04

Responsable de mantemento

17,93

29,63

33,85

Persoal coxeración

Axudanta/axudante de operador

9,40

14,99

17,15

Operadora/operador de planta

10,12

16,21

18,57

Técnica/técnico especialista

11,07

17,92

20,50

Encargada/encargado de planta

16,18

26,23

30,04

Persoal subalterno

Almaceneira/almaceneiro-ordenanza

8,92

14,29

16,33

Choferesa/chofer turismo

9,31

15,12

17,30

Condutora/condutor mecánico

9,89

16,38

18,73

Persoal administrativo

Aspirante

7,92

12,31

14,07

Auxiliar/telefonista

8,92

13,97

15,99

Oficialía de segunda

10,41

16,47

18,86

Oficialía de primeira

11,50

18,38

21,03

Responsable

12,83

20,59

23,61

Responsable de administración

15,61

25,18

28,79

Persoal técnico

Analista

8,92

13,94

15,89

Delineante

10,41

16,47

18,86

ATS

-

-

-

Perito

11,73

18,65

21,35

Técnica/técnico proxectista

11,94

19,05

21,83

Licenciada/licenciado-enxeñeira/o

15,61

25,18

28,79