Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4207

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do complexo Montealegre (Ourense).

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 10, do 15 de xaneiro de 2019, cómpre efectuar as seguintes correccións:

– Na páxina 2292, onde di: «Décimo terceiro. Protección de datos», debe dicir: «Décimo oitavo. Protección de datos».

– Na páxina 2311, parágrafo 2.2.2.5. Comisión educativa, onde di:

«Estará composto polos seguintes membros:

O/a subdirector/a.

Persoal coordinador.

Persoal educador.

Persoal psicólogo.

Persoal de traballo social».

Debe dicir: «Estará composto polos seguintes membros:

O/a director/a.

O/a subdirector/a.

Persoal coordinador.

Persoal educador.

Persoal psicólogo.

Persoal de traballo social».

– Na páxina 2312, parágrafo 2.2.3. Persoal mínimo para a execución do convenio, onde di:«– 37 educadores/as cunha xornada anual de 1.750 horas cada un (ou, en todo caso, un número de educadores que en cómputo anual desenvolvan 64.750 horas de traballo).», debe dicir: «– 37 educadores/as cunha xornada anual de 1.750 horas cada un (ou, en todo caso, un número de educadores que en cómputo anual desenvolvan 64.750 horas de traballo). Tres destes educadores poderán ser substituídos por auxiliares técnicos educativos, que levarán a cabo a súa xornada en quendas de noite».