Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5274

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se convoca unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

Advertido erro na referida resolución, publicada no DOG número 18, do 25 de xaneiro de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 4919, onde di: «Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en economía. (...)», debe dicir: «Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditada a titulación de licenciatura ou grao en Dereito (...)».