Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2019 Páx. 5498

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2019.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo. O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores. A axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, ao tempo, aumentar a exportación. Os destinatarios da Axencia son as empresas culturais privadas dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais.

Tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, na súa exposición de motivos «a actividade cinematográfica e audiovisual conforma un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa economía. Como manifestación artística e expresión creativa, é un elemento básico da entidade cultural dun país. A súa contribución ao avance tecnolóxico, ao desenvolvemento económico e á creación de emprego, xunto á súa achega ao mantemento da diversidade cultural, son elementos suficientes para que o Estado estableza as medidas necesarias para o seu fomento e promoción, e determine os sistemas máis convenientes para a conservación do patrimonio cinematográfico e a súa difusión dentro e fóra das nosas fronteiras. Todo iso considerando que a cultura audiovisual, da que sen dúbida o cinema constitúe unha parte fundamental, áchase presente en todos os ámbitos da sociedade actual».

Segundo establece o Regulamento UE nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, os réximes de axuda concibidos para apoiar a elaboración de guións, e o desenvolvemento, a produción, a distribución e a promoción de obras audiovisuais serán compatibles co mercado interior conforme ao artigo 107, número 3, do Tratado, e quedarán exentos da obriga de notificación prevista no artigo 108, número 3, do Tratado, sempre que se cumpran as condicións previstas no propio regulamento, e unha das condicións exixidas é que as axudas se destinarán a un produto cultural, condición imprescindible na presente convocatoria. De conformidade co artigo 54 do Regulamento, «a fin de evitar erros manifestos á hora de cualificar un produto como cultural, cada Estado membro establecerá procesos eficaces, como a selección de propostas por unha ou varias persoas encargadas da selección, ou a verificación con respecto a unha lista predeterminada de criterios culturais». Na presente convocatoria establécese a selección por parte dunha comisión de selección de que formarán parte expertos independentes, e por outra banda establécense unha lista de criterios que a comisión debe seguir á hora da avaliación para a concesión das axudas a obras audiovisuais.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere seguir impulsando un marco de actuación cultural baseado en tres premisas substanciais:

1. O impulso do sector audiovisual galego, considerado como estratéxico para a comunidade.

2. A consolidación de industrias audiovisuais competitivas, con posibilidades de exportar e dar rendibilidade social e económica á cultura galega.

3. A busca da excelencia nos produtos culturais galegos, coa posta en valor da cultura galega a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais galegos.

Por todo isto, en consonancia cos seus obxectivos inmediatos, apróbase as bases e a convocatoria pública de subvencións á produción audiovisual para o exercicio 2019 de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto, finalidade e principios de xestión

1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, establecidas pola Agadic para contribuír ao fomento da produción da actividade audiovisual galega, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CT207A).

2. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura e Turismo, e dos seus organismos dependentes, sempre que non se superen as porcentaxes máximas establecidas na presente convocatoria.

3. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade, cos límites establecidos na presente convocatoria.

4. A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto na presente resolución pola que aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2019, á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e supletoriamente á Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como aos preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións, á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normativa de xeral aplicación.

5. Estas subvencións serán tramitadas e concedidas en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

Segunda. Persoas beneficiarias da subvención.

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 961.1), e con sucursal ou oficina permanente, polo menos, un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Por produtor independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canal televisivo privado, nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos polas empresas que a integran no momento da súa constitución.

2. En calquera caso, a consideración dos proxectos como incentivables estará supeditada ás necesidades de apoio que se desprendan da calidade da proposta, do seu carácter cultural, da súa achega ao tecido industrial galego e do grao de desenvolvemento en canto aos traballos previos realizados e as condicións económico-financeiras do proxecto. As subvencións que se concedan deberán ter efecto incentivador, polo que a solicitude deberá terse presentado antes do comezo do proxecto.

3. Non poderán ser destinatarios das subvencións previstas nesta convocatoria as empresas produtoras que só teñan unha participación financeira no proxecto de longametraxe.

4. Só poderán participar nesta convocatoria aquelas produtoras que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual.

5. Un mesmo solicitante poderá obter, de acordo coa presente convocatoria, un máximo de dúas subvencións, sempre que unha delas sexa das seguintes modalidades:

– Proxectos da modalidade A1, que constitúan a primeira longametraxe dun director e non superen os 300.000 euros de orzamento de produción.

– Proxectos da modalidade C.

– Proxectos da modalidade D.

Noutros casos, no suposto de que varios proxectos dun mesmo solicitante se consideren subvencionables, optarase polo que teña maior puntuación. Dentro da mesma convocatoria non poderán presentar o mesmo proxecto distintas empresas ou entidades nin tampouco se poderá presentar un mesmo proxecto a distintas modalidades.

6. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, así como ás empresas en crise, tal e como establecen os artigos 1 e 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

7. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

Terceira. Modalidades e límites

1. As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as que seguen:

1.a) Modalidade A: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de ficción, segundo as seguintes submodalidades:

– Modalidade A1: longametraxes de ficción de autoría galega que contribúan a resaltar a diversidade cinematográfica de Galicia e os recursos creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego e posúan potencial para a difusión nacional e internacional.

– Modalidade A2: longametraxes con especial valor cinematográfico, cultural e social que contribúan a fomentar o tecido industrial do sector audiovisual galego e teñan vocación de distribución e comercialización nacional e internacional.

1.b) Modalidade B: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de animación que posúan un especial valor cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego e teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional.

1.c) Modalidade C: produción e coprodución de longametraxes documentais de autoría galega con especial valor cinematográfico que non empreguen como especial instrumento a recreación de ficción.

1.d) Modalidade D: produción de curtametraxes de ficción, animación e documental de autoría galega, cunha duración máxima de 30 minutos.

1.e) Modalidade E: producións ou coproducións destinadas a ser emitidas por televisión de acordo coas seguintes submodalidades:

– Modalidade E1. Longametraxes, miniseries e series televisivas de ficción que promovan a cultura galega, empreguen e salienten os valores creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego e teñan un decidido propósito de difusión. Consideraranse longametraxes de ficción para televisión aquelas producións que teñan unha duración mínima de 60 minutos. Consideraranse miniseries de ficción aquelas produción de 2 capítulos que teñan unha duración mínima de 52 minutos cada un. Consideraranse series de ficción aquelas producións de ata 400 minutos de duración total que se correspondan cunha primeira tempada e teñan carácter autoconclusivo.

– Modalidade E2. Longametraxes documentais para televisión de autoría galega que contribúan á difusión da cultura galega, a poñer en valor as manifestacións creativas e artísticas galegas ou aborden calquera aspecto da realidade social galega, pero sen empregar como principal instrumento a recreación de ficción. As longametraxes documentais para TV deberán ter un mínimo de 52 minutos de duración.

– Modalidade E3. Series de animación infantil e xuvenil destinadas a ser emitidas por televisión que destaquen polo seu carácter innovador, fomenten a aplicación das novas tecnoloxías da produción e teñan unha clara vocación de comercialización a nivel nacional e internacional. As series de animación deberán ter unha duración mínima global de 80 minutos.

2. Para acceder á modalidade E é requisito obrigatorio presentar contrato ou carta de compromiso dunha emisora de televisión ou plataforma con ampla difusión no territorio galego.

3. Entenderase por longametraxe cinematográfica (modalidades A, B e C) aquela produción de máis de 60 minutos de duración.

4. Entenderase por produción de autoría galega aquela en que dous dos seguintes profesionais: director, guionista ou produtor executivo, sexan de orixe galega ou conten con máis de dous anos de actividade profesional acreditada en Galicia. No caso de proxectos que conten con coprodución internacional haberá que acreditar a orixe ou antigüidade de máis de dous anos de actividade profesional en Galicia dun só dos profesionais mencionados.

5. Entenderase por obra en versión orixinal galega aquela que teña máis do 75 % dos diálogos e/ou narración en lingua galega.

6. As contías máximas que se concederán de acordo coa presente resolución para cada un dos proxectos, segundo a modalidade de que se trate, son as seguintes:

Modalidade

A: Longametraxes cinematográficos de ficción

B: Longametraxes cinematográficas de animación

C: Longametraxes cinematográficas documentais

D: Curtametraxes de ficción, animación e documental

E: Televisión

A1 e A2

E1: longas/miniseries/series

E2: Documentais

E3: Series anim. inf_xuv

VO non galega

240.000,00 €

260.000,00 €

60.000 €

12.000 €

140.000/240.000 €

25.000,00 €

160.000,00 €

VO galega

260.000,00 €

80.000 €

15.000 €

160.000/260.000 €

45.000,00 €

Ademais, a adxudicación non excederá as porcentaxes máximas establecidas para a concorrencia de subvencións no parágrafo seguinte, sobre o importe subvencionable achegado pola empresa solicitante. Igual límite se aplicará á concesión de subvencións, no caso de coproducións, pero esta vez sobre o importe subvencionable de todas as empresas coprodutoras, tendo en conta a totalidade de subvencións declaradas para o proxecto.

7. Concorrencia de subvencións.

Seguindo os límites establecidos no artigo 54 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas, sempre que a intensidade de axuda non exceda o 50 % ou o 60 % e o 75 % nos supostos dos parágrafos seguintes, do importe subvencionable e de conformidade cos límites establecidos polo artigo 54 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, así como co establecido no Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema.

O total de subvencións concedidas poderá chegar ata o 75 % do orzamento subvencionable cando se trate de proxectos da modalidade D (curtametraxes de ficción, animación ou documental).

O total de subvencións concedidas poderá chegar ata o 60 % nos seguintes supostos:

– Producións transfronteirizas financiadas por máis dun Estado membro da Unión Europea ou en que participen empresas produtoras de máis dun Estado membro.

– Primeira longametraxe dun director (modalidades A1 e C), que non supere os 300.000 euros de orzamento de produción.

– Proxectos en VO galega.

No suposto de coproducións, para efectos de control das axudas e subvencións, teranse en conta a totalidade das recibidas para o proxecto, con independencia da entidade que reciba a subvención e calcularase a porcentaxe correspondente sobre o total do proxecto cos gastos subvencionables de todas as empresas coprodutoras españolas.

Cuarta. Procedemento, orzamento e imputación de créditos e contía

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, de 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

2. Estas subvencións terán carácter trianual ou bianual, e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a solicitude e a data máxima de xustificación establecida na presente convocatoria para cada modalidade.

3. O importe global máximo para o financiamento da presente convocatoria será de 2.000.000 euros, distribuídos por anualidades: 214.000 euros para o exercicio 2019, 1.204.000 euros para o exercicio 2020, e 582.000 euros para o exercicio 2021, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 11.A1.432B.770.0 do orzamento de gastos da Agadic, coa seguinte distribución:

2019

2020

2021

Total

Modalidade D

20.000

40.000

 

60.000

Resto modalidades

194.000

1.164.000

582.000

1.940.000

Total

214.000

1.204.000

582.000

2.000.000

– 60.000 euros para a modalidade D, con carácter bianual: 20.000 para a anualidade 2019 e 40.000 para a anualidade 2020.

– 1.940.000 euros, para o resto das modalidades, con carácter trianual: 194.000 euros para a anualidade 2019, 1.164.000 euros con cargo ao exercicio 2020, e 582.000 euros con cargo ao exercicio 2021. Deste orzamento, 1.440.000 euros resérvanse para as modalidades A1, A2, B e C, sen prexuízo de reasignar as cantidades entre as distintas modalidades se non hai suficientes proxectos que acaden a puntuación exixida.

4. O expediente tramítase como anticipado de gasto, e no ano 2018 poderase chegar como máximo ata o momento inmediatamente anterior ao da disposición ou compromiso do gasto. Todos os actos ditados no expediente de gasto regulado por esta resolución entenderanse condicionados a que, unha vez aprobado o orzamento, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produciron aqueles.

5. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver. A alteración da distribución establecida nesta convocatoria non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Quinta. Inicio do procedemento: presentación de solicitudes

1. A presentación electrónica das solicitudes será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica, considerándose como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. Estas bases, así como a guía de procedementos e servizos, estarán dispoñibles no seguinte enderezo web https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-servizos nas dependencias desta axencia e na súa páxina web, e tamén quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Agadic e debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).

4. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria anual e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

5. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa.

Sexta. Prazo

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado será requirido para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Sétima. Documentación complementaria necesaria para la tramitación do procedemento

1. Ademais da solicitude (anexo I), os interesados nestas subvencións presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:

– Se a persoa solicitante é persoa xurídica, certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.

– Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.

– Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

2. As persoas solicitantes deberán enviar a seguinte documentación complementaria:

2.1. Documentación relativa á empresa, en que deberá constar:

a) Historial creativo e profesional da empresa produtora. No caso de compañías de nova creación, historial do produtor executivo ou produtora executiva.

b) No seu caso, documentación que acredite a traxectoria en canto a presenza en festivais internacionais e presenza en salas comerciais das longametraxes producidas pola empresa produtora solicitante. No caso de compañías de nova creación, traxectoria neste aspecto do produtor executivo.

2.2. Documentación relativa ao proxecto, en que deberá constar:

a) Datos identificativos do proxecto, especificando a versión lingüística orixinal da obra.

b) Documentación acreditativa de que o proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.

c) Sinopse argumental cunha extensión máxima dunha folla.

d) Descrición de intencións do proxecto audiovisual en canto ao tratamento formal, deseño da produción, reparto de actores e outros elementos artísticos e técnicos en relación co guión proposto.

e) Plan de traballo que inclúa:

– Cronograma de preprodución, produción e postprodución coas datas de inicio e finalización de rodaxe previstas.

– Lugares de localización.

– Recursos humanos e de produción que intervirán na execución do proxecto (relación nominal ou, de non estar en condicións de detallala, relación dos profesionais dos equipos creativo e artístico e relación de empresas auxiliares). No caso de detallar empresas e profesionais haberá que achegar as correspondentes cartas de compromiso.

f) Guión do proxecto. No caso de series e miniseries de fición para televisión, deberá achegarse o guión dos dous primeiros capítulos máis un completo tratamento argumental, no caso das series, dos capítulos restantes. No caso das series de animación, presentarase como mínimo o equivalente a 120 minutos de programación máis o tratamento completo dos demais capítulos.

g) De ser o caso, documentación que acredite a participación do proxecto en foros de coprodución de carácter internacional e foros de desenvolvemento.

h) No caso de obras de autoría galega, contratos ou cartas de compromiso asinados en que consten as cantidades económicas acordadas con: director, guionista, produtor executivo (segundo proceda).

i) Historial, facendo especial mención aos traballos previos no ámbito audiovisual dos seguintes profesionais, sempre que se poida acreditar o seu compromiso de participación no proxecto: director, guionista, produtor executivo, actores protagonistas e secundarios, director de fotografía, director artístico, deseñador de personaxes e fondos (animación), compositor da banda sonora orixinal. Contratos asinados ou cartas de compromiso que detallen as cantidades económicas, se os houbera, cos profesionais relacionados. De ser o caso, especificación de: director ou directora novel, porcentaxe de mulleres entre os profesionais mencionados e indicación dos profesionais de orixe galega ou con máis de dous anos de actividade profesional en Galicia.

j) Orzamento definitivo segundo os modelos publicados na páxina web da Agadic.

k) Plan de financiamento e, de ser o caso, documentación xustificativa de: subvencións solicitadas e/ou concedidas, contratos ou cartas de interese relativos á explotación da obra en que se detallen as cantidades económicas (vendas ou cesión de dereitos con empresas titulares da explotación de canles de televisión e/ou plataformas da internet, vendas internacionais, dereitos de distribución), acordos de coprodución, acordos de compromisos de investimento privado e achega de fondos propios.

l) De ser o caso, estratexia de difusión e márketing nacional e internacional elaborada por unha empresa ou profesional especializado, acompañada polo historial correspondente.

Se hai empresa de distribución interesada, historial desta. No caso de empresas distribuidoras de recente creación, currículo dos administradores da compañía.

m) No caso das modalidades E, contrato ou carta de compromiso dunha emisora de televisión e/ou plataforma da internet con ampla difusión no territorio galego.

2.3. As seguintes declaracións e/ou compromisos responsables, recollidos no anexo I:

a) No caso de obras de autoría galega, declaración responsable en que conste a antigüidade de máis de dous anos de actividade profesional en Galicia de dous dos profesionais seguintes: director, guionista, produtor executivo.

b) Se é o caso, declaración de que o proxecto tivo unha subvención para a escrita de guión ou desenvolvemento de proxectos en anteriores convocatorias da consellería competente en materia de Cultura, ou da Agadic.

c) Declaración que especifique a lingua orixinal de rodaxe/gravación e en que conste a porcentaxe.

d) Declaración en que conste: porcentaxe de días de rodaxe que se desenvolverá en Galicia; porcentaxe de utilización de estudos principais de animación que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia (animación); porcentaxe de utilización de estudos de posprodución que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia.

e) Declaración responsable coa relación de empresas auxiliares que desenvolven a súa actividade en Galicia e interveñen na produción.

f) Declaración responsable que exprese a orixe ou vinculación profesional con Galicia do equipo creativo (director, guionista, produtor executivo, director de produción, director de fotografía, responsable do son directo, compositor da banda sonora orixinal, director artístico, deseñador de personaxes e fondos, montador e outros profesionais creativos que interveñan na produción) e do equipo actoral.

g) Declaración en que conste se a obra será ou non a primeira ou segunda película longametraxe do director ou directora.

h) Declaración en que conste a porcentaxe de mulleres que formarán parte do equipo creativo segundo a relación proposta na presente convocatoria.

i) Declaración en que consten as obras, indicando formatos e ano de produción, estreadas e difundidas pola empresa solicitante ou, de ser o caso, produtor executivo.

j) De ser o caso, declaración relativa aos foros de carácter internacional de coprodución e/ou desenvolvemento nos que o proxecto teña participado.

k) Declaración en que conste a porcentaxe de financiamento do proxecto debidamente acreditado.

Calquera outra documentación que o solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.

Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumiráse que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requerirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica para as persoas físicas, non obstante, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A documentación poderá ser entregada en soporte papel, CD-Rom ou en memoria USB. En calquera dos soportes que se presenten deberán figurar os mesmos ficheiros e con igual contido. Todos os ficheiros deberán incorporar un índice do seu contido. Os formatos dos ficheiros poderán ser PDF ou Excel. Se se inclúen ficheiros con fotografías ou debuxos, serán en formato JPG.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante ou representante de forma electrónica supera os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Oitava. Comprobación dos datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Atriga.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Novena. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Décimo. Procedemento de concesión das subvencións: instrución e competencia para a avaliación das solicitudes

1. A dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude do cal se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1.1. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

1.2. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resultase de obrigado cumprimento.

1.3. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria aos interesados, así como a outros servizos da Consellería de Cultura y Turismo, ou aos profesionais ou expertos consultados. En todo caso, a dirección da Agadic poderá requirir aos solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que derivasen destas bases. Para estes efectos, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención.

Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación administrativa necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración.

Décimo primeira. Comisión de valoración

1. Para a avaliación dos proxectos presentados constituirase unha comisión de valoración, que será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios fixados nas presentes bases.

2. A comisión de valoración estará formada por catro membros:

– Un representante da TVG, nomeado polo/a director/a da RTVG.

– Dous profesionais de recoñecido prestixio no mundo cultural e/ou audiovisual, nomeados pola Dirección da Agadic, entre os que se designará o seu presidente.

– Un/unha profesional pertencente ao cadro de persoal da Agadic, nomeado pola Dirección da Agadic.

Actuará como secretario ou secretaria unha persoa designada pola Dirección da Agadic, pertencente ao cadro de persoal da Agadic con voz e sen voto. Os membros da comisión declararán por escrito que non terán relación cos solicitantes ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes, nin cos proxectos que participan na correspondente convocatoria anual.

Os membros integrantes da comisión estarán obrigados a realizar un informe motivado de cada unha das valoracións que realicen.

3. A asignación dos importes das subvencións realizarase, separadamente para cada modalidade, en relación coa puntuación recibida por cada proxecto, e atendendo ao orzamento subvencionable e á solicitude, con atención ás contías máximas establecidas na presente convocatoria. De non esgotarse o crédito asignado a determinada modalidade, este poderá asignarse a outra que por número e calidade de proxectos presentados así o requira. Unha vez entregado o informe preceptivo por parte da comisión de valoración, a Dirección da Agadic elaborará a proposta de resolución e indicará o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas.

Décimo segunda. Criterios de valoración

1. Os criterios de avaliación serán os seguintes:

Modalidades A1, A2, E1-ficción: proxectos de longametraxe para cine e longametraxe, miniserie ou serie para televisión

Máximo 150 puntos

A) Calidade do proxecto

Máximo 40 puntos

1) Calidade e interese da proposta. Valoraranse a idea central e a orixinalidade do argumento, a definición do público obxectivo, o potencial de difusión e comercialización e a súa contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do director, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada

Máximo 20 puntos que se outorgarán motivadamente e en proporción á concorrencia dos aspectos citados

2) Guión. Valorarase a creatividade, o valor artístico e a técnica narrativa. Teranse en conta tamén os traballos previos en canto a análise, diálogos e demais tarefas propias do desenvolvemento ata a data de presentación da solicitude

Máximo 20 puntos que se outorgarán motivadamente e proporcionalmente ao desenvolvemento acadado

B) Contribución cultural

Máximo 20 puntos

1) Lingua orixinal de rodaxe/gravación (versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto de diálogos ou narración). Máximo 10 puntos

Máximo 10 puntos

a) Do 50 % ao 75 % en galego

6 puntos

b) Máis do 75 % en galego

10 puntos

2) Interese cultural da proposta. Valoraranse os seguintes aspectos: a achega do proxecto ao enriquecemento da cultura audiovisual galega; a súa contribución para resaltar o talento creativo e artístico galego; estar baseado nunha obra literaria galega e/ou escrita orixinalmente en lingua galega; que a trama narrativa verse sobre personaxes reais ou de ficción residentes en Galicia ou na Unión Europea; que aborde temas referidos á realidade cultural, social ou política de Galicia ou da Unión Europea; que a acción se desenvolva en Galicia ou na Unión Europea; que contribúa a situar a Galicia como territorio idóneo en canto a localizacións e desenvolvemento de rodaxes, ou que utilice o patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e natural galego ou de calquera outro territorio da Unión Europea

10 puntos para aqueles proxectos que cumpran 2 dos aspectos mencionados

C) Impulso da cinematografía galega e contribución á promoción do talento galego

Máximo 50 puntos

1. Rodaxe en Galicia. Porcentaxe de rodaxe ou gravación da longametraxe que se levará a cabo en localizacións, espazos escénicos e estudos cinematográficos de Galicia

Máximo 10 puntos

– 25 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

4 puntos

– Do 26 % ao 50 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

6 puntos

– Do 51 % ao 75 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

8 puntos

– Máis do 75 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

10 puntos

2. Traballos realizados por empresas auxiliares que desenvolven a súa actividade en Galicia

Máximo 8 puntos

Posprodución de imaxe

3 puntos

Posprodución de son e dobraxe

3 puntos

Arte (escenografía, iluminación, vestiario, outros)

2 puntos (1 por cada servizo)

3. Equipo creativo vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a autoría sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis de dúas funcións

20 puntos

– Director

4 puntos

– Guionista

3 puntos

– Produtor executivo

2 puntos

– Director de produción

1 punto

– Director de fotografía

2 punto

– Son directo

1 punto

– Compositor da B.S.O.

2 puntos

– Director artístico

1 punto

– Montador

2 puntos

– Outros

2 puntos (1 punto por cada membro adicional)

4. Equipo artístico vinculado profesionalmente con Galicia

6 puntos

– Actor protagonista 1º

2 puntos

– Actor protagonista 2º

2 puntos

– Actor secundario 1º

1 punto

– Actor secundario 2º

1 punto

5. Director novel (primeira ou segunda película)

2 puntos

6. Dirección integramente a cargo dunha muller

2 puntos

7. Porcentaxe de mulleres no equipo creativo (excluíndo dirección) superior ao 50 %

2 puntos

D) Viabilidade económica e industrial

Máximo 40 puntos

1) Viabilidade económica e coherencia do plan de financiamento con respecto á memoria do proxecto presentada. Porcentaxe de financiamento acreditado mediante documentación xustificativa de: dereitos para recibir axudas ou subvencións, contratos ou cartas de interese relativos á explotación da obra en que se detallen as cantidades económicas (coprodución, cesión de dereitos, distribución) e compromisos de investimento privado. Só se valorará unha porcentaxe máxima do 10 % de orzamento subvencionable como aportación de fondos propios cun límite de 100.000 euros no caso da submodalidade A1. Só se valorará a porcentaxe indicada na solicitude cando se corresponda coa información contida na memoria do proxecto, en caso de haber discrepancias a puntuación será 0

Máximo 15 puntos

a) Do 10 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

9 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

15 puntos

2) Solvencia técnica da produtora solicitante. Terase en conta o número de obras audiovisuais que cumpran dúas das seguintes condicións: presenza das ditas obras en seccións oficiais a concurso de festivais de cine nacionais e/ou internacionais de recoñecido prestixio; obtención de premios audiovisuais de ámbito autonómico, nacional ou internacional; distribución e exhibición nacional ou internacional; vendas internacionais; repercusión en televisións dos ámbitos autonómico, nacional ou internacional. No caso de produtoras de recente creación terase en consideración a experiencia do produtor executivo. No caso de que as obras acreditadas sexan curtametraxes a puntuación reducirase á metade, contabilizando un máximo de 4 producións

2 puntos por cada obra cun máximo de 10 puntos

3) Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou a escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic e que xa recibisen o aboamento final da contía da axuda antes da reunión da comisión de valoración

6 puntos

4) Participación do proxecto en foros de carácter internacional de coprodución e/ou desenvolvemento

2 puntos por cada foro cun máximo de 4 puntos

5) Estratexia de difusión e márketing. Só se valorarán estratexias elaboradas por profesionais ou empresas especializadas (distribuidoras, axencias de márketing, axencias de vendas internacionais) e deberán achegarse acompañadas do correspondente currículo do profesional ou empresa

Máximo 5 puntos, con motivación

Modalidades C, E2-documental: proxectos de longametraxe para cine e televisión

Máximo 130 puntos

A) Calidade do proxecto

Máximo 30 puntos

1) Calidade e interese da proposta. Valoraranse a idea central e a orixinalidade do argumento, a definición do público obxectivo, o potencial de difusión e comercialización e a súa contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do director, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada

Máximo 20 puntos que se outorgarán motivadamente en proporción á concorrencia dos aspectos citados

2) Guión, tratamento ou escaleta. Valoración dos recursos narrativos que se pretenden utilizar. Teranse en conta os traballos previos de investigación, o estudio e análise de personaxes, localizacións onde se desenvolve a historia, circunstancias sociais e temporais e de todos aqueles factores que definirán a obra audiovisual

Máximo 10 puntos que se outorgarán motivadamente e en proporción ao grao de desenvolvemento acadado

B) Contribución cultural

Máximo 20 puntos

1) Lingua orixinal de rodaxe/gravación (versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto de diálogos ou narración). Máximo 10 puntos

Máximo 10 puntos

a) Do 50 % ao 75 % en galego

6 puntos

b) Do 76 % ao 100 % en galego

10 puntos

2) Interese cultural da proposta. Valoraranse os seguintes aspectos: a achega do proxecto ao enriquecemento da cultura audiovisual galega; a súa contribución para resaltar o talento creativo e artístico galego; estar baseado nunha obra literaria galega e/ou escrita orixinalmente en lingua galega; que a trama narrativa verse sobre personaxes reais ou de ficción residentes en Galicia ou na Unión Europea; que aborde temas referidos á realidade cultural, social ou política de Galicia ou da Unión Europea; que a acción se desenvolva en Galicia ou na Unión Europea; que contribúa a situar a Galicia como territorio idóneo en canto a localizacións e desenvolvemento de rodaxes, ou que utilice o patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e natural galego ou de calquera outro territorio da Unión Europea

10 puntos para aqueles proxectos que cumpran 2 dos aspectos mencionados

C) Impulso da cinematografía galega e contribución á promoción do talento galego

Máximo 40 puntos

1. Rodaxe en Galicia. Porcentaxe de rodaxe ou gravación da longametraxe que se levará a cabo en localizacións, espazos escénicos e estudos cinematográficos de Galicia

Máximo 10 puntos

– 25 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

4 puntos

– Do 26 % ao 50 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

6 puntos

– Do 51 % ao 75 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

8 puntos

– Máis do 75 % de días de rodaxe no territorio de Galicia

10 puntos

2. Traballos realizados por empresas auxiliares que desenvolven a súa actividade en Galicia

Máximo 8 puntos

Postprodución de imaxe

3 puntos

Postprodución de son e dobraxe

3 puntos

Outras

2 puntos (1 por cada servizo)

3. Equipo creativo vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a autoría sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis de dúas funcións

16 puntos

– Director

4 puntos

– Guionista (non puntuará no caso de entregar tratamento ou escaleta)

3 puntos

– Produtor executivo

2 puntos

– Director de fotografía

2 punto

– Son directo

1 punto

– Montador

2 puntos

– Outros

2 puntos (1 punto por cada membro adicional)

4. Director novel (primeira ou segunda longametraxe)

2 puntos

5. Dirección integramente a cargo dunha muller

2 puntos

6. Porcentaxe de mulleres no equipo creativo (excluíndo dirección) superior ao 50 %

2 puntos

D) Viabilidade económica e industrial

Máximo 40 puntos

1) Viabilidade económica e coherencia do plan de financiamento con respecto á memoria do proxecto presentada. Porcentaxe de financiamento acreditado mediante documentación xustificativa de: dereitos para recibir axudas ou subvencións, contratos ou cartas de interese relativos á explotación da obra en que se detallen as cantidades económicas (coprodución, cesión de dereitos, distribución) e compromisos de investimento privado. Só se valorará unha porcentaxe máxima do 10 % como achega de fondos propios no caso dos documentais cinematográficos (modalidade C).

Só se valorará a porcentaxe indicada na solicitude cando se corresponda coa información contida na memoria do proxecto, no caso de haber discrepancia a puntuación será de 0

Máximo 15 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

9 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

15 puntos

2. Solvencia técnica da produtora solicitante. Terase en conta o número de obras audiovisuais que cumpran dúas das seguintes condicións: presenza das ditas obras en seccións oficiais a concurso de festivais de cine nacionais e/ou internacionais de recoñecido prestixio; obtención de premios audiovisuais de ámbito autonómico, nacional ou internacional; distribución e exhibición nacional ou internacional; vendas internacionais; repercusión en televisións dos ámbitos autonómico, nacional ou internacional. No caso de produtoras de recente creación terase en consideración a experiencia do produtor executivo. No caso de que as obras sexan curtametraxes a puntuación reducirase á metade, contabilizando un máximo de 4 producións

2 puntos por cada obra cun máximo de 10 puntos

3) Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou a escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic e que xa recibisen o aboamento final da contía da axuda no momento de presentar a solicitude

6 puntos

4) Participación do proxecto en foros de carácter internacional de coprodución e/ou desenvolvemento

2 puntos por cada foro cun máximo de 4 puntos

5) Estratexia de difusión e márketing. Só se valorarán estratexias elaboradas por profesionais ou empresas especializados (distribuidoras, axencias de márketing, axencias de vendas internacionais) e deberán achegarse acompañadas do correspondente currículo do profesional ou empresa.

Máximo 5 puntos, con motivación

Modalidades B, E3-animación: longametraxes para cinema e series para TV

Máximo 150 puntos

A) Calidade do proxecto

Máximo 40 puntos

1) Calidade e interese da proposta. Valoraranse a idea central e a orixinalidade do argumento, a definición do público obxectivo, o potencial de difusión e comercialización e a súa contribución á diversidade do panorama audiovisual europeo. Tamén se terán en conta os historiais profesionais do director, guionista e demais compoñentes dos equipos técnico e artístico en canto a traballos anteriores realizados, cando a participación no proxecto estea debidamente confirmada

Máximo 20 puntos que se outorgarán motivadamente e en proporción á concorrencia dos aspectos citados

2) Guión. Valorarase a creatividade, o valor artístico e a técnica narrativa. Teranse en conta tamén os traballos previos en canto a análise, diálogos e demais tarefas propias do desenvolvemento do proxecto de animación ata a data de presentación da solicitude

Máximo 20 puntos que se outorgarán motivadamente e en proporción ao grao de desenvolvemento acadado

B) Contribución cultural

Máximo 20 puntos

1. Lingua orixinal de rodaxe/gravación (versión orixinal en lingua galega cunha presenza mínima do 50 % no conxunto de diálogos ou narración na primeira sonorización da obra)

Máximo 10 puntos

a) Do 50 % ao 75 % en galego

6 puntos

b) Do 76 % ao 100 % en galego

10 puntos

2) Interese cultural da proposta. Valoraranse os seguintes aspectos: a achega do proxecto ao enriquecemento da cultura audiovisual galega; a súa contribución para resaltar o talento creativo e artístico galego; estar baseado nunha obra literaria galega e/ou escrita orixinalmente en lingua galega; que a trama narrativa verse sobre personaxes reais ou de ficción residentes en Galicia ou na Unión Europea; que aborde temas referidos á realidade cultural, social ou política de Galicia ou da Unión Europea; que a acción se desenvolva en Galicia ou na Unión Europea; que contribúa a situar a Galicia como territorio idóneo en canto a localizacións e desenvolvemento de rodaxes, ou que utilice o patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e natural galego ou de calquera outro territorio da Unión Europea

10 puntos para aqueles proxectos que cumpran 2 dos aspectos mencionados

C) Contribución ao desenvolvemento do sector da animación galego

Máximo 50 puntos

1. Utilización de estudos principais de animación que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia

Máximo 20 puntos

60 % de estudos principais

14 puntos

Do 61 % ao 75 % de estudos principais

16 puntos

Do 76 % ao 90 % de estudos principais

18 puntos

Do 91 % ao 100 % de estudos principais

20 puntos

2. Utilización de estudos auxiliares e de postprodución que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia

2 puntos por empresa cun máximo de 6 puntos

3. Equipo creativo vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a autoría sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis de dúas funcións

Máximo 18 puntos

a. Director

4 puntos

b. Guionista

3 puntos

c. Produtor executivo

2 puntos

d. Deseñador de personaxes e fondos

3 puntos

e. Compositor da B.S.O.

2 puntos

f. Montador

2 puntos

g. Outros

2 puntos (1 punto por cada membro adicional)

4. Director novel (primeira ou segunda película)

2 puntos

5. Dirección integramente a cargo dunha muller

2 puntos

6. Porcentaxe de mulleres no equipo creativo (excluíndo dirección) superior ao 50 %

2 puntos

D) Viabilidade económica e industrial

Máximo 40 puntos

1. Viabilidade económica e coherencia do plan de financiamento con respecto á memoria do proxecto presentada. Porcentaxe de financiamento acreditado mediante documentación xustificativa de: dereitos para recibir axudas ou subvencións, contratos ou cartas de interese relativos á explotación da obra en que se detallen as cantidades económicas (coprodución, cesión de dereitos, distribución) e compromisos de investimento privado. Só se valorará unha porcentaxe máxima do 10 % do orzamento subvencionable e cun límite de 100.000 euros como achega de fondos propios no caso das longametraxes de animación (modalidade B). Só se valorará a porcentaxe indicada na solicitude cando se corresponda coa información contida na memoria do proxecto; en caso de haber discrepancias, a puntuación será 0

Máximo 15 puntos

a) Do 16 % ao 30 % de financiamento acreditado

6 puntos

b) Do 31 % ao 45 % de financiamento acreditado

9 puntos

c) Do 46 % ao 60 % de financiamento acreditado

12 puntos

d) Máis do 60 % de financiamento acreditado

15 puntos

2. Solvencia técnica da produtora solicitante. Terase en conta o número de obras audiovisuais que cumpran dúas das seguintes condicións: presenza das ditas obras en seccións oficiais a concurso de festivais de cine nacionais e/ou internacionais de recoñecido prestixio; obtención de premios audiovisuais de ámbito autonómico, nacional ou internacional; distribución e exhibición nacional ou internacional; vendas internacionais; repercusión en televisións dos ámbitos autonómico, nacional ou internacional. No caso de produtoras de recente creación terase en consideración a experiencia do produtor executivo. No caso de que as obras sexan curtametraxes a puntuación reducirase á metade, contabilizando un máximo de 4 producións

2 puntos por cada obra cun máximo de 10 puntos

3. Proxectos que recibisen axudas ao desenvolvemento ou a escrita de guión en anteriores convocatorias da Agadic e teñan a contía aboada no momento de presentar a solicitude

6 puntos

4. Participación do proxecto en foros de carácter internacional de coprodución e/ou desenvolvemento

2 puntos por cada foro cun máximo de 4 puntos

5. Estratexia de difusión e márketing. Só se valorarán estratexias elaboradas por profesionais ou empresas especializados (distribuidoras, axencias de márketing, axencias de vendas internacionais) e deberán achegarse acompañadas do correspondente currículo do profesional ou empresa

Máximo 5 puntos, con motivación

Modalidade D-curtametraxes de ficción, animación e documental

Máximo 65 puntos

A) Calidade do proxecto

Máximo 20 puntos

1) Calidade e interese da proposta. Valoraranse a idea central, a orixinalidade e a creatividade do proxecto

Máximo 15 puntos que se outorgarán motivadamente e en proporción á concorrencia dos aspectos citados

2) Grao de elaboración e desenvolvemento do proxecto

Ata 5 puntos

B) Contribución cultural

Máximo 10 puntos

1) Interese cultural da proposta. Valoraranse os seguintes aspectos: a achega do proxecto ao enriquecemento da cultura audiovisual galega; a súa contribución para resaltar o talento creativo e artístico galego; estar baseado nunha obra literaria galega e/ou escrita orixinalmente en lingua galega; que a trama narrativa verse sobre personaxes reais ou de ficción residentes en Galicia ou na Unión Europea; que aborde temas referidos á realidade cultural, social ou política de Galicia ou da Unión Europea; que a acción se desenvolva en Galicia ou na Unión Europea; que contribúa a situar a Galicia como territorio idóneo en canto a localizacións e desenvolvemento de rodaxes, ou que utilice o patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e natural galego ou de calquera outro territorio da Unión Europea

10 puntos para aqueles proxectos que cumpran 2 dos aspectos mencionados

C) Impulso da cinematografía galega e do seu sector audiovisual

Máximo 25 puntos

1) 50 % de rodaxe en Galicia (ficción, documental)

50 % de utilización de estudos galegos (animación)

50 % de utilización de estudos de postprodución

5 puntos para aqueles proxectos que cumpran un dos aspectos mencionados

2) Equipo creativo vinculado profesionalmente con Galicia. No caso de que a autoría sexa compartida, aplicaranse a metade dos puntos posibles concedidos. Unha mesma persoa non poderá puntuar por máis de dúas funcións

Máximo 14 puntos

– Dirección

5 puntos

– Guionista

4 puntos

– Deseñador de personaxes e fondos (animación)

2 puntos

– Compositor da B.S.O.

1 punto

– Director de fotografía

1 punto

– Montador

1 punto

3) Director novel (primeira ou segunda curtametraxe)

2 puntos

4) Dirección integramente a cargo dunha muller

2 puntos

5) Porcentaxe de mulleres no equipo creativo (excluíndo dirección) superior ao 50 %

2 puntos

D) Viabilidade

Máximo 10 puntos

1. Coherencia entre o orzamento e o proxecto

Ata 5 puntos

2. Máis do 20 % de financiamento acreditado

5 puntos

2. Establécense as seguintes puntuacións mínimas para cada un dos bloques de puntuación, segundo as distintas modalidades de subvención:

A. Calidade do proxecto

B. Contribución cultural

C. Impulso cinematografía galega e promoción do talento galego

D. Viabilidade económica e industrial

Modalidade A1

20

10

25

10

Modalidades A2/E1

20

10

25

20

Modalidades C/E2

15

10

15

10

Modalidades B/E3

20

10

25

20

Modalidade D

10

10

10

Décimo terceira. Resolución e notificación da convocatoria.

1. Unha vez cumprido o disposto nas bases anteriores, o órgano instrutor, á vista do expediente, da documentación requirida e do informe da comisión avaliadora, ditará a proposta de resolución, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que elevará á Presidencia da Agadic.

2. A presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do consello reitor (disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012 (DOG núm. 164) deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución. A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de cinco meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública, será motivada e fará mención expresa dos beneficiarios, da contía da axuda e dunha desestimación xeneralizada do resto dos proxectos solicitantes.

3. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que o interesado poida entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

4. A resolución da convocatoria porá fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da publicación da resolución de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Esta resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Décimo cuarta. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar, en todo caso, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou sexa expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Unha vez notificada a resolución, os beneficiarios comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada. Ademais, a entidade beneficiaria poderá remitir á Agadic o orzamento adaptado á subvención concedida (só no suposto de que a subvención recibida sexa inferior á solicitada e, como máximo, pola diferenza entre ambas as cantidades, a recibida e a solicitada). A dita documentación deberase remitir no prazo máximo de 10 días, contados desde a notificación da resolución de concesión.

Décimo quinta. Gastos subvencionables

1. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á realización do proxecto. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data da presentación da solicitude e a fin da data de xustificación establecida na presente convocatoria.

Considéranse gastos subvencionables os efectuados pola empresa produtora, ata a consecución da copia estándar ou máster dixital, e mais o derivado de determinados conceptos básicos para a súa realización e promoción idónea, nos termos e cos límites establecidos nos parágrafos seguintes:

a) A remuneración do produtor executivo ata o límite do 5 por cen do importe subvencionable sinalado no proxecto presentado. Ademais, só se recoñecerá como custo a produción executiva realizada por persoas físicas ou por persoas xurídicas cuxo obxecto social inclúa especificamente, sen prexuízo doutros, o de produción executiva.

Cando exista unha relación mercantil entre a empresa produtora e o produtor executivo, deberá acompañarse o contrato coa correspondente factura e cando a relación sexa laboral, deberá achegarse, xunto co contrato, a nómina correspondente, con expresa indicación do réxime xeral da seguridade social.

Cando o obxecto do contrato do produtor executivo e/ou doutros traballadores, sexa xenérico para diversas películas que leve a cabo a empresa produtora, ratearase o seu custo en función da súa participación efectiva en cada unha delas.

Cando o persoal do cadro da empresa produtora realice funcións de produtor executivo sen un contrato específico, a súa remuneración imputarase ao capítulo de gastos xerais coas mesmas condicións de rateo.

b) Os xuros financeiros e gastos de negociación que xeren os préstamos formalizados con entidades financeiras ou de crédito para o financiamento específico da película.

Así mesmo, os xuros e gastos de formalización derivados de préstamos formalizados con intervención de fedatario público, con persoas físicas ou xurídicas non vinculadas coa empresa produtora, sempre que os ditos gastos queden suficientemente acreditados, e que os ditos xuros non superen en máis de dous puntos o índice de referencia do prezo oficial do diñeiro. No caso de que os xuros superen o dito límite, só serán admitidos os que non sobrepasen a dita contía.

En todo caso, o límite dos xuros financeiros e gastos de negociación dos préstamos recoñecibles como custo subvencionable será do 20 por cen do custo subvencionable presentado co proxecto.

Considerarase que existe vinculación nos supostos establecidos no artigo 68.2 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado por Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

c) O importe dos gastos xerais, ata o límite do 7 por cen do gasto subvencionable presentado no proxecto.

Deberá imputarse ao capítulo de gastos xerais o gasto relativo ao persoal do cadro da produtora que non teña contrato laboral específico para a película obxecto da subvención. O gasto do persoal do cadro que teña subscrito un contrato laboral específico, conforme á categoría laboral asignada, para a súa participación en varias películas que realice a produtora, ratearase en función da súa participación efectiva en cada unha delas, e imputarase ao capítulo de persoal técnico.

Os gastos de locomoción, viaxes e hoteis fóra das datas de inicio e fin de rodaxe imputaranse ao capítulo de gastos xerais, salvo que se trate de gastos de localizacións, gastos de desenvolvemento de proxectos realizados dentro dos 6 meses anteriores á data de inicio de rodaxe e gastos de postprodución realizados ata a data máxima de xustificación da subvención, os cales se imputarán ao seu propio capítulo.

d) Os gastos de publicidade e promoción da película, facturados á empresa produtora, ata o límite do 40 por cen do custo subvencionable presentado no proxecto, e sempre que os mesmos non teñan sido obxecto de subvención para a empresa distribuidora da película. No caso de que os ditos gastos teñan sido só parcialmente subvencionados, poderán recoñecerse como subvencionable aqueles outros que non teñan sido obxecto de axuda.

e) Os gastos de adaptación das películas, unha vez terminadas, a soportes ou sistemas necesarios para a súa exhibición ou explotación cinematográfica.

f) Os gastos de dobraxe e/ou subtitulado e/ou tradución a calquera lingua oficial española, así como o gasto de tradución a unha lingua non oficial en España. Ademais, no caso de coproducións con empresas estranxeiras, admitirase o gasto de tradución á lingua do país ou países coprodutores.

g) O gasto de realización dos soportes materiais necesarios para garantir a preservación da película, incluído o gasto da copia necesaria para o cumprimento da obriga que incumbe aos beneficiarios das axudas á produción. Así mesmo, os gastos para a obtención das copias e outros soportes sempre que estean destinados á exhibición en salas e que non fosen obxecto de subvención para a empresa distribuidora da película.

h) Os gastos do informe especial emitido por un auditor de contas, cando sexa este medio o empregado para xustificar a película.

i) Os gastos correspondentes a auga e electricidade producidos en locais ou instalacións directamente vinculados coa rodaxe, dentro de este período, e sempre que a dita vinculación se xustifique mediante a achega dos correspondentes contratos.

Cando os ditos gastos se produzan no domicilio social principal da produtora imputaranse ao capítulo de gastos xerais.

Os gastos de telefonía producidos dentro do período de rodaxe, así como os correspondentes a unha única liña telefónica móbil realizados entre os 3 meses anteriores ao inicio da rodaxe e os 3 meses posteriores ao seu fin, no caso de longametraxes e entre o mes anterior ao inicio e o mes posterior á fin da rodaxe, no caso de curtametraxes.

j) Os gastos de comidas realizados exclusivamente dentro de las datas de inicio e fin da rodaxe.

k) Os gastos de posprodución realizados antes da solicitude de cualificación da película e facturados ata un mes despois da data de cualificación. Para estes efectos, entenderase por tales a montaxe, efectos visuais, música, produción e creación de imaxes sintéticas, posprodución de son, laboratorio, negativo en posprodución e títulos de crédito, así como os gastos de persoal sempre que se acredite a súa vinculación a estes procesos.

A vinculación dos citados gastos coa película acreditarase indicando o seu título na factura.

l) Os gastos relativos a escenografía e decoración facturados ata un mes despois da data de finalización da rodaxe, sempre que sexan gastos vinculados a ela, o que se acreditará mediante a descrición detallada do concepto e mención do título da película na factura correspondente.

m) Aos gastos de viaxes e desprazamentos utilizando vehículo particular, aplicarase a contía establecida para a indemnización deste tipo de gastos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razón de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, ou normativa que o substitúa.

n) A utilización dos equipamentos e do material técnico propiedade da empresa produtora, sempre que se utilizasen para a realización da película e unicamente pola parte proporcional do tempo utilizado nela na cantidade correspondente ao dobre da que en concepto de amortización quede reflectida na contabilidade da empresa, de acordo coa normativa contable que resulte de aplicación.

2. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias, os xuros, recargos e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais. En concreto non serán computados como gasto subvencionable:

a) O importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos de carácter recuperable.

b) Os gastos suntuarios, as gratificacións, as previsións de gastos, excepto os xuros dos préstamos, as valoracións e as capitalizacións.

c) Os gastos superiores a 40.000 euros, no caso de longametraxes, e superiores a 2.000 euros no caso de curtametraxes, facturados por cada empresa vinculada á empresa produtora.

Os gastos iguais ou inferiores aos ditos importes facturados por empresas vinculadas serán computados como custo sempre que se realicen de acordo coas condicións normais de mercado, o que se xustificará mediante a presentación de tres ofertas, salvo que polas especiais características do gasto non exista no mercado suficiente número de entidades que presten o servizo ou subministren o ben de que se trate. En todo caso, a facturación por parte das empresas vinculadas só será computada como gasto subvencionable logo de autorización da Agadic.

Non poderán fraccionarse os gastos correspondentes a unha mesma prestación ou servizo en diferentes facturas, nin realizarse sucesivos contratos con obxectos similares coa finalidade de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento do establecido neste parágrafo.

Considerarase que existe vinculación nos supostos previstos no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para efectos do establecido nesta letra, o informe de auditoría que presente a empresa produtora da película xunto coa solicitude de pagamento deberá incluír unha relación detallada de todas as empresas vinculadas a ela.

d) A facturación realizada entre as empresas coprodutoras da película, salvo o disposto no parágrafo seguinte para as coproducións con empresas estranxeiras.

3. Nas películas realizadas en réxime de coprodución con empresas estranxeiras, só se entenderá por importe subvencionable o importe da participación española, de acordo co disposto no artigo 14 do Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinena.

Non obstante, admitirase a facturación realizada pola empresa coprodutora estranxeira correspondente a gastos que teñan sido facturados por empresas establecidas no seu país que non estean vinculadas á empresa produtora española e sempre que tampouco exista vinculación entre a empresa coprodutora española e a estranxeira.

A achega económica da produtora española nunha coprodución, a que fai referencia o mencionado artigo 14 do citado Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, xustificarase mediante a documentación acreditativa da transferencia bancaria ou calquera outro sistema de pagamento internacional legalmente recoñecido, efectuada a favor da empresa coprodutora estranxeira, a recepción pola súa parte e unha certificación desta comprensiva dos conceptos en que foi aplicada, acompañada das facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil. En ningún caso poderá aplicarse esta achega económica a pagamentos de persoal de nacionalidade do país coprodutor.

4. Só serán computados para os efectos de xustificación os gastos que foran efectivamente pagados no momento da xustificación do gasto e así se acredite documentalmente, mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico mercantil, que teñan como destinataria a empresa produtora e cuxo expedidor quede identificado nelas, así como mediante nóminas que estean emitidas pola empresa produtora. As facturas e documentos xustificativos similares serán expedidos conforme ao disposto na normativa reguladora das obrigas de facturación que resulte aplicable. En todos os supostos deberán presentarse facturas ou documentos xustificativos orixinais, acompañados da documentación acreditativa do pagamento.

5. De acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, enténdese que un beneficiario subcontrata cando concerta con outros produtores a execución total ou parcial da actividade subvencionable. Para determinar a existencia de subcontratación, atenderase ao obxecto social do produtor con que se pretenda contratar a actividade.

Non se considera subcontratación a contratación de calquera actividade ou servizos de produción con profesionais ou empresas en cuxo obxecto social non se inclúa a produción cinematográfica.

No caso de producións de imaxe real, admitirase a subcontratación de actividades e servizos con produtores co límite máximo do 40 por cen do custo subvencionable da película, sempre que as actividades e servizos sexan subcontratadas con máis dunha empresa e sen que, en ningún caso, poidan incluírse facturas relativas a gastos de persoal.

Non se admitirá a subcontratación de persoal, excepto dos equipos de figuración e especialistas.

Non obstante, no caso de producións de imaxe real integramente españolas rodadas no estranxeiro por exixencias acreditadas do guión, admitirase a subcontratación de actores, outros artistas e de persoal técnico do país de rodaxe, co límite máximo do 25 por cen do total do persoal integrante da película, e sempre que co persoal restante se manteña o cumprimento dos requisitos de nacionalidade daquela exixidos polo artigo 5 da Lei 55/2007, do cinema.

Adicionalmente, cando se trate de producións de imaxe real integramente españolas ou de coproducións internacionais coa participación española superior ao 70 por cen, admitirase a subcontratación de servizos de produción en países extracomunitarios que non formen parte da coprodución internacional, co límite máximo do 20 por cen do custo subvencionable da participación española na película.

No caso de producións de animación, admitirase a subcontratación de actividades e servizos con produtores co límite máximo do 50 por cen do total subvencionable.

Adicionalmente, admitirase a subcontratación de persoal, co límite do 20 por cen, cando, por necesidades técnicas debidamente xustificadas, os procesos se realicen no estranxeiro.

Décimo sexta. Pagamento e xustificación

1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acreditase que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas na presente resolución, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados.

2. Nos proxectos subvencionados na modalidade D: curtametraxes, consonte as previsións estipuladas no artigo 31.6 da Lei de subvencións de Galicia, e 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderá aboar como pagamento anticipado, que suporán entregas de fondos con carácter previo á xustificación como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención á anualidade 2019, tras resolución motivada de concesión, sempre que se solicite como máximo antes do 15 de novembro de 2019, e logo da presentación da seguinte documentación:

– Declaración responsable do inicio dos traballos e do estado de situación do proxecto.

– Declaración de axudas públicas que figura no anexo II.

En canto á anualidade 2020, poderá pagarse un anticipo que, sumado á anualidade 2019, non supere o 50 % da subvención, tras resolución motivada de concesión, unha vez solicitado e enviada a seguinte documentación:

– Memoria do estado de situación do proxecto.

– Declaración de axudas públicas que figura no anexo II.

3. No resto dos proxectos subvencionados, o réxime de pagamentos anticipados será o seguinte:

a) En calquera das anualidades poderanse solicitar anticipos que non superen no seu conxunto os 18.000 euros, sen necesidade de constituír garantía, achegando unha solicitude e unha declaración de axudas públicas que figura no anexo II.

b) Nos supostos en que os pagamentos anticipados superen a contía de 18.000, quedarán eximidos da constitución de garantía sempre que acheguen a seguinte documentación, e nos prazos establecidos en cada unha das anualidades:

Poderá pagarse a anualidade 2019 a partir do momento da concesión, tras resolución motivada de concesión, sempre que se solicite como máximo ata o 15 de novembro de 2019 e logo da presentación da seguinte documentación:

– Declaración responsable do inicio dos traballos e do estado de execución dos proxectos.

– Declaración de axudas públicas que figura no anexo II.

Poderá pagarse a anualidade 2020, como pagamento anticipado sen xustificación, de conformidade co establecido no artigo 63 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, tras resolución motivada de concesión, sempre que a solicitude se presente entre o día 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de outubro de 2020 e se acompañe da documentación que se relaciona:

1. Memoria da execución orzamentaria do proxecto, pagamentos efectuados e calendario de pagamentos pendentes.

2. Contratos definitivos subscritos con: produtor executivo, guionista, director, xefes de equipo e actores protagonistas.

3. Acreditación de que o proxecto dispón de, como mínimo, o 70 % do financiamento total mediante a presentación de:

– Declaración de axudas públicas que figura no anexo II.

– Certificación bancaria sobre a existencia e titularidade dos fondos propios consignados polo beneficiario no plan de financiamento.

– Contratos en firme de coprodución, se é o caso.

– De ser o caso, contratos en firme de adquisición de dereitos de explotación da obra con empresas prestadoras de servizos de comunicación audiovisual, axencias de vendas internacionais e distribuidoras. Os contratos con axencias de vendas e distribuidoras deberán acompañarse dun historial cos títulos comercializados e distribuídos polas empresas contratantes nos últimos tres anos.

– Documentación xustificativa (contratos ou documentos válidos no tráfico mercantil) que acredite outras vías de financiamento de que se deriven ingresos destinados a cubrir os custos de produción.

– Nos supostos en que se teña achegado a documentación exixida para o pagamento da anualidade 2020, poderá pagarse ata o 50 % da anualidade 2021, como anticipado sen xustificación, sempre que se solicite a partir da comunicación da fin de rodaxe, e sempre a partir do 1 de xaneiro de 2021.

– Aqueles beneficiarios que soliciten pagamentos anticipados que excedan a contía de 18.000 euros e non envíen a documentación citada, deberán constituír unha garantía, mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá cubrir o 110 % do importe do anticipo, e deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación. Quedan exonerados da constitución de garantía os beneficiarios e nos casos establecidos no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O pagamento final da subvención procederá una vez cumpridas as obrigas establecidas na presente resolución, e xustificada de conformidade cos artigos seguintes, sempre a partir do 1 de xaneiro de 2021. A xustificación incompleta ou insuficiente dará lugar á redución do pagamento nas porcentaxes incumpridas.

5. O prazo de xustificación da subvención rematará o 15 de setembro de 2020 para a modalidade de curtametraxes (modalidade D), e o 15 de setembro de 2021 para o resto das modalidades. Transcorrido este prazo sen que se presente a xustificación ante a Agadic, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

6. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención outorgada en canto o beneficiario non figure ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da seguridade social, sexa debedor en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha outra débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega, estando autorizada a Agadic para proceder á comprobación e conseguinte verificación destes datos.

7. Sen prexuízo das obrigas dispostas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o que foron concedidos. As producións subvencionadas deberán axustarse fielmente ao proxecto presentado. Calquera alteración relevante do proxecto deberá ser autorizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais, e non poderá afectar a aspectos avaliados pola comisión.

8. Será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a entrega dunha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos (anexo II). No suposto de que as subvencións recibidas para o proxecto ou o beneficiario excedan os límites fixados na presente convocatoria, os pagamentos reduciranse polo exceso.

Décimo sétima. Obrigas dos beneficiarios

O beneficiario deberá cumprir as seguintes obrigas:

1. Os beneficiarios deberán comunicar á Agadic as datas de inicio e finalización da rodaxe ou gravación da produción subvencionada, que deberán estar comprendidas dentro do período subvencionable, así como a da súa estrea.

2. As empresas produtoras estarán obrigadas a incorporar á produción un mínimo de tres alumnos ou graduados nos tres últimos anos en centros de estudos audiovisuais, regrados ou universitarios, en réxime de prácticas ou contratados laboralmente nas áreas da produción audiovisual: dirección, son, fotografía, produción, posprodución ou dirección artística, salvo nos equipos de produción de documentais (modalidades C e E2), que estarán obrigados a incorporar un mínimo dun alumno, e nas curtametraxes (modalidade D), nos cales non será exixible. Deberá remitirse copia da documentación acreditativa dos contratos ou das prácticas coa xustificación da subvención.

3. Nos títulos de crédito iniciais da produción deberá figurar en cartón único: «coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais-Xunta de Galicia». Así mesmo, en todos os materiais de promoción, distribución e publicidade da obra (carteis, músicas, portadas ou outros materiais), farase constar que a produción foi subvencionada pola Axencia Galega das Industrias Culturais. De conformidade coa normativa de imaxe corporativa da Xunta de Galicia, o logotipo da Agadic deberá empregarse sempre xunto coa marca principal da Xunta de Galicia.

4. Entregar unha copia do guión definitivo e unha copia en perfecto estado na versión orixinal da película, xunto cunha copia en versión galega, no caso de que esta non sexa a lingua de rodaxe orixinal, no Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), unidade adscrita á Agadic, como «filmoteca oficialmente recoñecida pola Xunta de Galicia como arquivo fílmico que exerce as funcións de recuperación, investigación e conservación do patrimonio cinematográfico correspondente», nos seguintes formatos:

– Se a produción ten orixe fotoquímica: copia de 35 mm ou copia de 16 mm, segundo corresponda.

– Se a produción está gravada en dixital: copia no formato e no soporte de máis alta calidade na produción, preferiblemente DCP que cumpra a normativa DCI e non teña KDM (aberto).

A copia depositada en cumprimento desta obriga non poderá ser retirada nin transferida para o depósito noutras institucións para o cumprimento doutras obrigacións de depósito que aquelas puideren impoñer.

Ademais, en calquera das modalidades será obrigatoria, ademais, a entrega de dúas copias en DVD, unha das cales será entregada no CGAI xunto co formato antedito, e outra que se entregará á Agadic xunto coa documentación xustificativa da subvención.

Para efectos de comprobación do resultado final, o CGAI revisará se todas estas entregas corresponden á versión íntegra, orixinal e definitiva das producións. O CGAI emitirá un certificado que acredite o establecido na presente base.

Así mesmo, cando a Agadic o solicite, estarán obrigados a facilitarlle copias da documentación empregada para a realización, promoción e difusión da obra (carteis, fotografías, músicas, portadas, trailers e outros materiais) para actividades promocionais do audiovisual galego.

5. Someterse ás actuacións de comprobación, control e inspección que efectúe o órgano concedente e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas ou a outros órganos da Administración estatal ou da Unión Europea, aos cales se facilitará canta información lles sexa requirida para este efecto, todo isto de conformidade co disposto na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e demais normativa regulamentaria de desenvolvemento, e conservar os documentos xustificativos de aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control e de conformidade co procedemento recollido nos artigos 23 e concordantes da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Décimo oitava. Conta xustificativa

1. A conta xustificativa deberá incluír declaración das actividades realizadas que foron financiadas coa subvención e o seu custo, coa desagregación de cada un dos gastos producidos. Deberase acreditar así mesmo na conta xustificativa o cumprimento de todas as obrigas da base décimo sétima.

2. Con carácter xeral, deberase acreditar o custo final mediante unha conta xustificativa acompañada dun informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas. O auditor de contas levará a cabo a revisión do grao de gasto correspondente a traballos efectuados por persoas físicas ou xurídicas domiciliadas ou con sede permanente en Galicia, así como a revisión do gasto subvencionable, de acordo co establecido nas presentes bases, e de acordo coas normas de procedemento previstas na Orden EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvencións, no ámbito do sector público estatal, unha vez estudados os rexistros contables da empresa produtora debidamente dilixenciados.

O devandito informe deberá conter a descrición do alcance do traballo realizado, referencia aos procedementos efectuados ou descrición deles nun anexo, conclusión do auditor indicando que o estado de custos da película preparouse segundo o establecido nesta resolución, nome do auditor, sinatura e data. No caso de que o alcance do traballo se realice por mostraxe, a porcentaxe analizada non poderá ser inferior ao 85 %, sen prexuízo do cal se analizará o 100 % dos gastos de persoal.

Sen prexuízo do anterior, a Agadic, no exercicio das súas facultades de comprobación, e dentro do período que ten a Administración para recoñecer ou liquidar un reintegro de subvencións para cuxa concesión se tivo en conta o custo, poderá solicitar a documentación xustificativa ou mesmo unha nova auditoría que efectuará un auditor designado pola Agadic e ao seu cargo. En todo caso, a xustificación inferior ao orzamento tido en conta para a concesión dará lugar á perda do dereito de cobramento da porcentaxe non xustificada.

3. Na realización do informe de auditoría deberá facerse indicación específica das seguintes cuestións:

a) No que se refire aos custos de persoal, a análise dos conceptos deberá comprender a totalidade dos gastos que deban ser cubertos de conformidade coa lexislación vixente, comprobando, en especial:

1º. Contratos laborais formalizados pola empresa produtora cos autores, actores e outros artistas, persoal creativo e demais persoal técnico en que se reflictan os salarios, así como os documentos onde consten as horas extraordinarias e outros conceptos retributivos salariais e extrasalariais, de conformidade coa normativa laboral aplicable, e a retribución que, se for o caso, correspondese, así como as nóminas referentes aos devanditos contratos e os documentos acreditativos da identidade das persoas a que se refiren. As axudas de custo unicamente se recoñecerán como custo de persoal cando sexan incluídas na nómina.

2º. Contratos mercantís formalizados entre a empresa produtora e o persoal autónomo, incluíndo, se for o caso, o produtor executivo, ou aqueles en que se fundamente a participación na película de autores, actores ou outros artistas, así como as facturas relativas a tales contratos.

3º. Contratos relativos á adquisición dos dereitos que sexan necesarios para a realización da película, así como as facturas relativas aos devanditos contratos.

b) Situación relativa ao pagamento de todas as partidas que compoñen o custo subvencionable, con indicación expresa de que os custos que se consideran subvencionables foron efectivamente pagados pola/s empresa/s produtora/s aos acredores.

c) Situación relativa á presentación da declaración das facturas ante a Facenda Pública, nos casos en que así o exixa a súa normativa específica.

d) Coincidencias ou contradicións entre as bases declaradas en materia de impostos e Seguridade Social e as rexistradas contablemente.

e) Liquidación e pagamento de tributos devindicados durante o tempo de rodaxe, detallando o importe bruto das cantidades derivadas dos contratos sobre as que non se practicaron retencións, así como o motivo de tales circunstancias.

f) Situación relativa ás pólizas de préstamo para a realización da película, con indicación de se os xuros corresponden ao tipo pactado e ao período de vixencia da póliza. Así mesmo, cumprimento dos requisitos establecidos para os préstamos formalizados con persoas físicas ou xurídicas distintas das anteriores.

g) Indicación das subvencións percibidas e das achegas realizadas por calquera Administración, entidade ou empresa de titularidade pública, así como das efectuadas en concepto de coprodutor ou de produtor asociado, ou a través de calquera outra achega financeira, por sociedades prestadoras de servizo de radiodifusión ou emisión televisiva, para o proxecto subvencionado, con indicación expresa do cumprimento dos límites máximos de subvencións.

h) Indicación das partidas facturadas mediante subcontratación por empresas alleas ou vinculadas á empresa produtora da película, con especificación do cumprimento dos requisitos sinalados na base anterior, así como a relación de empresas subcontratistas.

i) Especificación do cumprimento do sinalado na base 16.2, en relación coas partidas non subvencionables.

4. Nos casos en que o beneficiario estea obrigado a auditar as súas contas anuais por un auditor sometido á Lei 19/1988, do 12 de xullo, de auditoría de contas, a revisión da conta xustificativa levaraa a cabo o mesmo auditor. Noutro caso, a designación de auditor será realizada polo beneficiario. O beneficiario estará obrigado a poñer á disposición do auditor de contas cantos libros, rexistros e documentos lle sexan exixibles en aplicación do disposto na letra f) do artigo 11 da Lei de subvencións de Galicia, así como a conservalos co obxecto das actuacións de comprobación e control previstas na lei.

5. No suposto de que o proxecto se realice por varias empresas coprodutoras, o informe de auditoría abarcará os custos subvencionables da totalidade do proxecto, con excepción do custo das empresas coprodutoras estranxeiras.

6. Ademais do informe de auditoría, o beneficiario entregará:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha memoria económica abreviada, xustificativa do custo das actividades realizadas, que incluirá unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento. No caso de que a subvención se outorgue con arreglo a un orzamento, indicaranse as desviacións producidas.

c) Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

d) Os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado o beneficiario.

7. O beneficiario deberá xustificar o gasto dun mínimo do 120 % do importe da axuda recibida no pagamento de bens ou servizos prestados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, sen que se exixa un nivel superior ao 70 % do gasto subvencionable da produción.

8. No caso das longametraxes cinematográficas de ficción, animación e documentais (A1, A2, B e C), o beneficiario deberá xustificar o gasto dun mínimo do 15 % da subvención concedida nos conceptos correspondentes a copias, explotación e subtitulado. O incumprimento do presente requisito suporá a redución da mesma porcentaxe de subvención non xustificada.

9. No caso das curtametraxes (modalidade D) e dos documentais (modalidades C e E2), os beneficiarios poderán optar entre a xustificación establecida nos parágrafos anteriores, ou unha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas, que conterá:

1. Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

2. Unha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas, que conterá:

a) Relación numerada e ordenada por capítulos de gastos da actividade, por anualidades, que inclúan o número de documento, identificación do acredor, o importe e a data de emisión, a data de pagamento, a suma parcial (folla por folla) e a suma do total da relación de gastos, excluído o IVE. Deberán indicarse as desviacións producidas sobre o orzamento presentado.

b) Facturas ou documentos (de acordo co establecido no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación (BOE núm. 289, do 1 de decembro) orixinais ou compulsados, de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e documentos xustificativos do seu pagamento, orixinais ou compulsados, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior. Non se terán en conta os pagamentos en efectivo. En concreto, entregarase como mínimo a seguinte documentación:

1. Os contratos laborais, mercantís e relativos á adquisición de dereitos, e o resto da documentación o que se refire a base décimo sétima 3.a).

2. Xustificantes do ingreso na Facenda Pública das cantidades retidas á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondentes aos contratos formalizados, de acordo coas porcentaxes de retención legalmente establecidos, así como, se for o caso, os xustificantes do pagamento das cotas da Seguridade Social correspondentes aos devanditos contratos.

3. Facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa e, se for o caso, contratos, que acrediten os custos de servizos, subministracións e calquera outra prestación que non sexa de persoal contratado directamente pola empresa produtora, así como o xustificante de efectuar a declaración das facturas ante a Facenda Pública nos casos en que así o exixa a súa normativa específica.

4. Billetes, facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, xustificativos dos gastos de viaxes e desprazamentos.

5. Contrato específico subscrito entre a empresa produtora e o produtor executivo, así como a nómina referente ao devandito contrato e documento acreditativo da identidade da persoa a que se refire. No caso de existir contrato mercantil, achegarase o contrato e a factura correspondente.

6. Relación dos gastos facturados mediante subcontratación, identificación dos contratistas, situación de vinculación ou non coa empresa produtora da película e declaracións responsables de cada un deles respecto de non incorrer en ningunha das causas de prohibición para subcontratar que establece o artigo 27 da Lei de subvencións de Galicia.

c) Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

d) Os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado o beneficiario.

e) Se for o caso, a carta de pagamento do reintegro no suposto de remanentes non aplicados, así como dos xuros derivados destes.

10. Así mesmo, antes de cada un dos pagamentos, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para un mesmo proxecto, tanto das aprobadas como das pendentes de resolución, das diferentes administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, de acordo coa resolución do Consello de Contas do 30 de novembro de 1999, na cal se establece o mecanismo de seguimento e control de concorrencia e acumulación de axudas públicas (anexo II).

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non existan no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se tivera realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

Décimo novena. Modificación da resolución

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais ten a facultade de revisar as axudas concedidas e modificar a resolución de concesión no caso de alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

2. O beneficiario ten a obriga de solicitar á Agadic a aceptación de calquera modificación ou alteración relevante ou significativa sobre o proxecto subvencionado. Para que tales modificacións poidan ser tidas en conta na xustificación, deberán ser previamente aceptadas pola Agadic. As alteracións non autorizadas ou non solicitadas poderán dar lugar á minoración da subvención concedida ou á súa revogación.

3. Non se aceptarán modificacións que afecten os requisitos para poder optar ás subvencións exixidos na presente resolución.

4. En canto ao resto das modificacións solicitadas, a Agadic poderá acordar, motivadamente, a modificación da resolución de concesión, coa minoración proporcional derivada das alteracións.

A distribución de anualidades adxudicadas poderá modificarse, logo de solicitude do beneficiario en que motive suficientemente a alteración, atendendo ás dispoñibilidades orzamentarias, e mediante resolución motivada do director da Agadic. A modificación da repartición entre anualidades exixirá a tramitación da correspondente modificación do expediente de gasto, de acordo co establecido no artigo 35 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Vixésima. Reintegro

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos e termos establecidos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en particular, polo incumprimento de calquera dos requisitos e obrigas estipuladas nesta convocatoria pública.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Vixésima primeira. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin a vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, se prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da publicación da resolución de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Esta resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Agadic coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

A fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme ao descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2018

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file