Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5823

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 17 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2019 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos, financiados polo FEMP, de modernización dos portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque, para a mellora da calidade, o incremento do control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados, a eficiencia enerxética e a mellora da seguridade e das condicións de traballo, tramitada como expediente anticipado de gasto.

BDNS (Identif:): 436205.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as confrarías de pescadores de Galicia que desenvolvan un proxecto colectivo que teña por obxecto modernizar as infraestruturas dos portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque, para mellorar a seguridade e as condicións de traballo, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Finalidade

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras xerais para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para proxectos colectivos que modernicen as infraestruturas nos portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque, mediante a mellora da calidade dos produtos, o incremento do control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados, a eficiencia enerxética e a mellora da seguridade e das condicións de traballo.

Tamén e obxecto desta orde convocar as axudas para o ano 2019 de acordo coas bases reguladoras.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 17 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2019 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos, financiados polo FEMP, de modernización dos portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque, para a mellora da calidade, o incremento do control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados, a eficiencia enerxética e a mellora da seguridade e das condicións de traballo, tramitadas como expediente anticipado de gasto.

Cuarto. Importe

O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2019 e plurianualidade asociada alcanza o importe dun millón cincocentos mil seiscentos sesenta e seis euros con noventa céntimos (1.500.666,90 euros), repartidos nas seguintes anualidades:

Partida orzamentaria

Ano 2019

Ano 2020

Total

15.03.514A.781.0

800.000,00 €

700.666,90 €

1.500.666,90 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar