Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5825

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) é o instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia no fomento e coordinación do territorio rural galego, para mellorar as condicións de vida e contribuír a frear o seu despoboamento.

Dentro dese obxectivo xenérico, e de acordo coas funcións que lle competen, destinadas a reforzar o tecido social e a mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, así como a dinamizar o tecido produtivo e fixar poboación, cómpre promover accións encamiñadas á execución de obras para conservar e mellorar as infraestruturas rurais.

As infraestruturas rurais xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo no medio rural; en particular, os camiños rurais facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio e, por outra banda, contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado. E, como toda infraestrutura, precisan dun mantemento e acondicionamento para que poidan seguir cumprindo coas súas funcións.

De acordo coa Lei de bases de réxime local, os concellos exercen competencias propias no relativo ás infraestruturas viarias da súa titularidade. No exercicio das facultades de fomento que competen á Agader, e no marco de colaboración que debe rexer a relación entre administracións públicas, esta entidade consensuou coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) os criterios de repartición dos fondos públicos vinculados a esta convocatoria de axudas a partir dunha asignación fixa por concello, número de entidades de poboación e número de habitantes, e tendo en conta variables vinculadas á superficie, agrariedade, grao de despoboamento e grao de envellecemento. Así mesmo, na repartición dos citados fondos tívose en conta, ademais, o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013, co fin de primar aqueles concellos que foron obxecto dun proceso de fusión municipal.

A tramitación deste expediente acóllese á Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, que regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a aprobación do expediente queda condicionada á efectiva existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2019.

De acordo co anterior, o director xeral da Agader, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 11 de xullo de 2013 (DOG núm. 148, do 5 de agosto),

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar as normas para a xestión do procedemento de concesión directa das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020, que se xuntan a esta resolución como anexo I, co seguinte código de procedemento administrativo MR701E.

Segundo. Aprobar os importes máximos que corresponden a cada concello, nos termos previstos no anexo II.

Terceiro. Aprobar o modelo de resolución individual para conceder, de forma directa, as axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020, que se xunta a esta resolución como anexo III.

Cuarto. Aprobar os formularios para a xestión deste procedemento de concesión de axudas, que se xuntan a esta resolución como anexos IV (solicitude de axuda), V (renuncia) e VI (solicitude de pagamento).

Disposición adicional primeira. Réxime de recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Disposición adicional segunda. Información

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Agader: agader.xunta.gal

b) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

c) Nos teléfonos 981 54 73 82/981 54 26 90 (Agader).

d) De xeito presencial, na Agader (lugar da Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 82.

Disposición adicional terceira

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia -Axencia Galega de Desenvolvemento Rural- coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá no dito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para tramitar e resolver os seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira primeira

O director xeral da Agader poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta xestión deste procedemento.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución será aplicable desde o día da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Normas para a xestión do procedemento de concesión directa das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020

Artigo 1. Obxecto

Estas normas teñen por obxecto regular a xestión do procedemento para a concesión das axudas ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020.

As axudas consistirán en subvencións directas de capital. O procedemento tramitarase en réxime de concesión directa, ao abeiro do artigo 19.4.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos artigos 36.1.c) e 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

O código identificativo do procedemento administrativo na sede electrónica da Xunta de Galicia será o MR701E.

Artigo 2. Beneficiarios

Todos os concellos de Galicia.

Artigo 3. Financiamento

1. A dotación máxima para financiar estas axudas ascende a 15.998.687 €, que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 14-A1-712A-760.0 (código de proxecto 2016-00008) dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, coa seguinte distribución por anualidades:

2019: 7.999.343,50 €.

2020: 7.999.343,50 €.

2. Esta convocatoria de axudas tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2019, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia e en trámite parlamentario actualmente. Así mesmo, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

3. O importe global da convocatoria distribúese entre todos os beneficiarios en aplicación dos criterios establecidos no anexo II da Resolución do 28 de decembro de 2018, para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020.

A aplicación dos citados criterios determina o importe máximo de axuda que pode corresponder a cada un dos beneficiarios.

Artigo 4. Actuacións subvencionables

1. Son subvencionables as actuacións de ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais nos seguintes termos:

a) Ampliación: as que supoñan un incremento da largura que incida na mellora da seguridade viaria, permita o cruzamento de vehículos ou alargamentos necesarios en zonas de curvas, de baixa visibilidade ou entroncamentos. Tamén poderán incluír obras de incremento de lonxitude sempre e cando esta ampliación supoña rematar nunha estrada ou noutro camiño.

b) Mellora: as que supoñan un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado que soportan. Terán tamén esta consideración as obras de mellora da drenaxe, da seguranza viaria, reforzo de noiros (con muros ou outras estruturas de contención), adecuación de obras de paso de cursos fluviais e reforzo de cunetas, así como a integración ambiental ou a mellora da sinalización.

c) Mantemento: tanto do firme existente como das súas marxes (limpeza e perfilación de noiros e cunetas), reforzos dos terrapléns.

2. Todos os proxectos que se presenten deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non estar iniciados na data de presentación da solicitude da axuda.

Verificarase o cumprimento deste requisito mediante a realización dunha acta de non inicio durante a fase de revisión da solicitude de axuda. Se o solicitante desexa iniciar a execución do proxecto antes da realización da citada comprobación, deberá achegar unha acta notarial que reflicta fidedignamente o non inicio da obra.

b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia, con excepción das parroquias clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á Clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016). Na páxina web da Agader pode consultarse a relación de parroquias clasificadas como ZDP.

c) Que as actuacións propostas incidan sobre camiños de titularidade municipal.

d) Que se axusten á normativa sectorial (estatal, autonómica e local) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

e) Que sexan viables tecnicamente.

f) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento do pagamento final cumpran os obxectivos e funcións para os cales se concedeu a axuda.

3. As actuacións deberán axustarse ás seguintes regras e requisitos:

a) Deberán integrarse nun único proxecto de obra, no cal se recolla:

1º. Identificación do seu obxecto e xustificación da necesidade das actuacións propostas.

2º. No caso de que o promotor propoña novas capas de rodaxe distintas das existentes, aceptarase nos casos en que estea debidamente xustificada a súa necesidade con base nalgún dos seguintes parámetros: intensidade media diaria, velocidade de base, tipo de tráfico agardado ou existente, pendentes, réxime de humidade, estudos xeotécnicos…

3º. Informe fotográfico descritivo da situación actual dos camiños onde se pretende actuar.

4º. No caso de actuacións que rematen no límite do territorio municipal, deberá acreditarse a continuidade en termos de material e estado da capa de rodaxe no tramo do camiño que discorre polo concello limítrofe.

5º. Arquivo electrónico (.kml) cos trazados dos camiños, conforme as instrucións que estarán dispoñibles na páxina web da Agader (agader.xunta.gal).

6º. Planos de localización e de detalle necesarios, con indicación do trazado exacto das actuacións, a súa lonxitude e largura e os puntos de inicio e final debidamente xeorreferenciados.

7º. Xustificación dos prezos das unidades de obra.

8º. Medicións e orzamento desagregado por actuacións (excluído o IVE).

Os custos do control de calidade non deberán integrarse no orzamento do proxecto. No caso contrario, non se considerará un gasto subvencionable, nos termos previstos no artigo 5.1.b) destas normas.

b) O importe mínimo para cada unha das actuacións (calculado sobre a base do orzamento de execución material máis os gastos xerais e beneficio industrial) deberá ser igual ou superior a 6.000 €. Para estes efectos, enténdese por actuación a intervención sobre un mesmo camiño, ou ben sobre varios, sempre e cando, neste último caso, as obras proxectadas teñan unha continuidade física. As actuacións cun importe inferior non serán elixibles.

c) As unidades de obra utilizadas nos proxectos terán que axustarse na súa totalidade á estrutura e descomposición das tarifas Seaga vixentes, que estarán publicadas na ligazón http://www.epseaga.com/?q=gl/node/8 e na páxina web da Agader agader.xunta.gal en formato .bc3.

As unidades de obra manterán todos os elementos unitarios que a conforman nas tarifas Seaga (man de obra, materiais, maquinaria, medios auxiliares), tendo en conta que:

– Non se poden modificar as cantidades necesarias nin os rendementos dos elementos que compoñen a unidade de obra.

– Soamente se poderán modificar os prezos dos elementos unitarios referidos anteriormente, sempre e cando o prezo da unidade de obra non supere o das citadas tarifas.

Todas as unidades de obra que non respecten o establecido nos parágrafos anteriores serán consideradas como non subvencionables.

d) Non se admitirán actuacións consistentes unicamente no arranxo de fochas.

As actuacións que consistan en arranxo de fochas deberán incluír necesariamente tratamentos superficiais cunha lonxitude mínima de 50 m e abranguer a totalidade da plataforma do camiño.

e) Quedan excluídas as actuacións en rúas e vías interiores dentro dos núcleos de poboación.

f) Unha vez presentada a solicitude de axuda non se admitirá a inclusión de novas actuacións distintas das recollidas inicialmente no proxecto de obra.

g) Non se subvencionará ningunha actuación que incida parcial ou totalmente sobre as actuacións subvencionadas nos plans marco: programa de mellora de camiños de titularidade municipal, cofinanciados con Feader no marco do PDR de Galicia, correspondentes aos períodos 2013-2014 (Resolución do director xeral da Agader, do 13 de setembro de 2013, DOG núm. 186, do 30 de setembro), 2014-2015 (Resolución do director xeral de Agader, do 20 de novembro de 2014), 2016 (Resolución do director xeral da Agader, do 25 de xaneiro de 2016), nin nos plans de mellora de camiños municipais correspondentes aos períodos 2017-2018 (Resolución do director xeral da Agader, do 18 de maio de 2017, DOG núm. 102, do 31 de maio) e 2018-2019 (Resolución do director xeral da Agader do 15 de decembro de 2017, DOG núm. 10, do 15 de xaneiro de 2018).

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, son subvencionables os investimentos necesarios para as obras de mellora, mantemento e ampliación da rede viaria existente. En particular:

a) Obra civil vinculada á execución do proxecto.

b) Servizo de control da calidade da obra.

2. Non serán subvencionables en ningún caso:

a) As partidas a tanto global.

b) O imposto sobre o valor engadido (IVE).

c) Os gastos correspondentes a actuacións que inclúan obras de iluminación, abastecemento e saneamento de augas fecais.

d) Os gastos de redacción de proxecto nin os de estudos necesarios para a súa redacción.

e) Os gastos de dirección de obra, de coordinación de seguridade e saúde, seguimento arqueolóxico ou outros servizos complementarios.

f) Gastos por taxas ou licenzas necesarias.

g) O cartel de obra.

3. Intensidade da axuda: o importe máximo de axuda que corresponde a cada beneficiario é o indicado no anexo II da Resolución do 28 de decembro de 2018.

A porcentaxe de axuda calcularase sobre o importe dos gastos subvencionables ata o límite do importe asignado a cada concello.

Artigo 6. Presentación da solicitude de axuda

1. O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, Lei 39/2015), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

2. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo IV) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Para estes efectos, a publicación no DOG do anexo IV ten carácter puramente informativo.

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Artigo 7. Documentación que teñen que presentar as entidades solicitantes

1. Xunto co formulario normalizado de solicitude (anexo IV), os concellos interesados deberán achegar a seguinte documentación:

a) Proxecto de obra, nos termos previstos no artigo 4.3.a) destas normas.

b) Certificación expedida pola persoa titular da Secretaría da entidade local, acreditativa dos seguintes aspectos:

1º. Da designación legal do representante da entidade solicitante.

2º. Do acordo da entidade municipal relativo á participación neste plan de mellora de camiños.

3º. Da titularidade municipal dos camiños.

c) Certificación da persoa titular da Secretaría ou da Intervención municipal acreditativa de que a entidade solicitante remitiu ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigada. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.

d) Informe do/da técnico/a municipal competente, onde se indique:

1º. Intervencións realizadas en cada unha das actuacións propostas no proxecto nos últimos 5 anos, sinalarase, de ser o caso, a natureza das obras, ano e procedencia dos fondos financiadores das citadas intervencións.

2º. Se para executar as obras resulta necesaria a dispoñibilidade de terreos privados lindeiros coas actuacións propostas. En caso afirmativo, xunto con este informe deberán remitirse os documentos acreditativos das cesións ou autorizacións das persoas propietarias dos terreos afectados.

Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderá requirírselle ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 39/2015. As entidades solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Agader poderá requirir a exhibición do documento orixinal para cotexalo coa copia electrónica.

No caso de que o proxecto de obra supere o tamaño límite establecido pola sede electrónica ou teña un formato non admitido, os promotores poderán dividir o arquivo electrónico correspondente, xerando varios arquivos de menor tamaño, ou ben optar pola súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos, en formato CD. Neste último caso, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Se algún dos concellos interesados presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.

e) Estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.

2. No caso de que os concellos interesados se opoñan a estas consultas, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado na solicitude de axuda e achegar os correspondentes documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar aos interesados que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 9. Procedemento de xestión das axudas

1. Compete á Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural o estudo e análise da documentación presentada xunto coa solicitude de axuda, sen prexuízo da necesaria coordinación coa Consellería do Medio Rural, que habilitará o persoal técnico necesario para prestar o asesoramento, colaboración e asistencia técnica en todo o relacionado coas especificidades técnicas propias destas actuacións.

2. No suposto de defectos na solicitude presentada, serán requiridos os concellos solicitantes para que emenden a falta ou xunten os documentos preceptivos, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015. Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), á Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e á consellería competente en materia de facenda.

3. Os requirimentos de documentación practicaranse por medios electrónicos, nos termos previstos no artigo 10 destas normas reguladoras.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa documentación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. O director xeral da Agader resolverá motivadamente, por delegación do Consello de Dirección da Agader, a concesión das axudas, de acordo coa proposta que formule a persoa titular da Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural.

O prazo límite para ditar resolución expresa e notificala será de catro meses, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os concellos interesados poderán entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo se, transcorrido o prazo anterior, non se lles notificou resolución expresa. A notificación practicarase por medios electrónicos.

Artigo 10. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 11. Execución das actuacións subvencionadas

1. Os concellos deberán licitar as obras de acordo cos procedementos establecidos na Lei 9/2017, do 18 de novembro, de contratos do sector público (en adiante, LCSP).

a) Deberán tramitar un único procedemento de contratación, comprensivo de todas as actuacións de obra aprobadas pola Agader. Non se admitirá a execución de obras a través de encomendas de xestión. O incumprimento do disposto neste parágrafo determina a perda do dereito ao cobramento da axuda.

b) No caso de proxectos de obra cuxo importe permita a contratación mediante o procedemento de contrato menor, deberá terse en conta que:

1º. Deberán solicitarse tres ofertas a tres empresas distintas.

2º. As ofertas non poderán provir de empresas vinculadas entre si.

3º. As ofertas presentadas deberán ser auténticas e non de compracencia (contido idéntico, erros idénticos, aparencia sinxela, etc.) e deberán conter os elementos precisos para identificar as empresas ofertantes, con referencia, cando menos, á data de expedición, enderezo e razón social da empresa e identificación do concello peticionario.

c) No caso de contratacións mediante procedemento aberto, os criterios de adxudicación que se prevexan nos pregos de cláusulas administrativas particulares deberán incluír, necesariamente, o criterio do prezo, cunha ponderación mínima do 50 % respecto do total. O incumprimento deste requisito suporá a aplicación dunha redución da axuda que se deberá pagar equivalente ao 20 % do total da axuda certificada.

No caso de que se recollan melloras como criterio de adxudicación, estas deberán estar suficientemente especificadas, nos termos previstos no artigo 145.7 da Lei 9/2007. No suposto de que as melloras incluídas no prego de cláusulas administrativas particulares non respecten o disposto no citado artigo, aplicarase un desconto sobre a axuda que se deberá pagar equivalente ao valor das melloras ofertadas polo contratista.

d) Calquera modificación do proxecto de obra deberá ser comunicada á Agader e, en calquera caso, deberase tramitar unha modificación do proxecto nos termos previstos no artigo 205 da LCSP.

2. Separadamente, todos os concellos deberán contratar o servizo de control de calidade das obras executadas, que constituirá un gasto elixible nos termos previstos no artigo 5.1.b) destas normas reguladoras. Este control deberá abranguen, cando menos, os seguintes aspectos:

a) Control da calidade dos materiais empregados.

b) Control da calidade dos métodos de execución.

c) Control da calidade das obras rematadas.

O informe resultante do control de calidade deberá incluír necesariamente as conclusións respecto da adecuación da obra executada ao proxecto aprobado. De ser o caso, poderá ser o/a director/a de obra quen certifique, con base nos resultados do control, a adecuación da obra executada ao proxecto.

O incumprimento deste requisito suporá a aplicación dunha redución da axuda que se deberá pagar equivalente ao 3 % do total da axuda certificada.

Artigo 12. Xustificación dos investimentos

1. O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2019 será o 16 de setembro de 2019. Para a anualidade 2020, o prazo límite para executar e xustificar os investimentos será o 1 de xuño de 2020.

2. Nos prazos indicados, os concellos beneficiarios deberán presentar a solicitude de pagamento por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo VI) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para estes efectos, a publicación no DOG do anexo VI ten carácter puramente informativo.

3. Xunto coa solicitude de pagamento (parcial e final) deberán presentar a seguinte documentación:

a) Certificación/s de obra asinada/s polo/a director/a de obra.

b) Informe fotográfico que reflicta o curso da execución das obras, así como a colocación do cartel de obra necesario para dar cumprimento á obriga de publicidade, nos termos previstos no punto quinto do anexo III da Resolución do 28 de decembro de 2018, para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020.

c) Facturas rexistradas no punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración xeral do Estado (FACE) ou plataforma similar.

d) Xustificante bancario do pagamento (transferencia bancaria ou certificación bancaria), que deberá identificar o número de factura obxecto de pagamento, o concepto facturado, entidade que realiza o pagamento e o destinatario.

Os xustificantes de pagamento tramitados a través da banca electrónica deberán vir validados co selo da entidade bancaria correspondente.

e) Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiarán a actividade subvencionada, con indicación do seu importe e procedencia, nos termos establecidos na solicitude de pagamento (anexo VI).

4. A maiores da documentación referida no número 3 deste artigo, xunto coa solicitude de pagamento parcial deberán xuntar a seguinte documentación:

a) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local, relativa aos seguintes aspectos:

1º. O acordo de aprobación do proxecto técnico das obras por parte do órgano municipal competente.

2º. A aprobación da correspondente certificación parcial de obra por parte do órgano municipal competente.

b) Certificación ou informe da persoa titular da Secretaría ou da Intervención da entidade local ou, de ser o caso, do/da empregado/a público/a que, de acordo coa estrutura organizativa do concello, teña atribuídas as competencias en materia de contratación pública, acreditativo de que o procedemento de contratación pública se tramitou nos termos previstos na normativa de contratación do sector público vixente, así como dos seguintes aspectos:

– Procedemento seguido para a contratación das obras subvencionadas.

– Criterios de valoración incluídos nos pregos de cláusulas administrativas particulares, con indicación da ponderación de cada un deles.

c) No caso de obras contratadas mediante o procedemento de contrato menor, tres ofertas solicitadas segundo o exposto no artigo 11.

5. A maiores da documentación referida no número 3 deste artigo, xunto coa solicitude de pagamento final deberán xuntar a seguinte documentación:

a) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local acreditativa da aprobación da certificación final de obra por parte do órgano municipal competente.

b) Informe do/da técnico/a municipal competente, acreditativo do cumprimento da lexislación urbanística e sectorial, así como do planeamento en vigor, con indicación de se proceden ou non permisos e/ou autorizacións doutros organismos para a execución do proxecto.

c) De ser o caso, copia dos permisos e autorizacións legalmente exixidos para levar a cabo as obras.

d) O informe co resultado do control de calidade das obras, co contido indicado no artigo 11.2 destas normas. Deberanse incluír necesariamente as conclusións respecto da adecuación da obra executada ao proxecto aprobado, asinadas polo/a director/a de obra ou pola persoa responsable do control.

6. Agader realizará unha visita in situ para comprobar o remate da obra obxecto da solicitude de pagamento final. Os gastos xustificados deben coincidir coa certificación de fin de obra presentada.

Artigo 13. Réxime de pagamentos

Con cargo á anualidade 2019, tramitarase un pagamento á conta sen que exceda a anualidade prevista neste exercicio orzamentario.

Na anualidade 2020 non se concederán pagamentos á conta nin pagamentos anticipados, de xeito que se practicará unicamente a liquidación do expediente mediante o pagamento final.

Os concellos beneficiarios están exentos da constitución de garantías, en virtude do disposto no artigo 65.4.c) do Decreto 11/2009.

Artigo 14. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade. Así mesmo, publicaranse no DOG as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 15. Remisión normativa

Para todo o non disposto nestas normas de xestión, observarase o disposto na seguinte normativa:

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural.

Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo y do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

ANEXO II

Asignacións máximas por concello

A distribución do importe máximo vinculado a esta convocatoria de axudas entre todos os concellos de Galicia realizouse de acordo cos seguintes criterios, consensuados previamente coa Federación Galega de Municipios e Provincias:

Asignación total: 15.998.687 €.

Este orzamento distribúese do seguinte xeito:

Asignación fixa por concello: 15.000 €.

Asignación por habitante (*): 10 €.

(*) Habitantes: máximo por concello: 25.000 €.

(*) Habitantes: mínimo por concello: 12.500 €.

Asignación por entidade de poboación: 70 €.

Esta asignación corrixirase cos seguintes coeficientes:

Superficie do concello, S < 50 km2: decrecemento 10 %.

Superficie do concello, 50 < S < 100 km2: sen variación.

Superficie do concello, 100 < S < 200 km2: incremento 10 %.

Superficie do concello, S > 200 km2: incremento 20 %.

Agrariedade, A < 90 %: decrecemento 10 %.

Agrariedade, 90% <A < 110 %: sen variación.

Agrariedade, A > 110 %: incremento 10 %.

Grao de despoboamento > 20 %: incremento 10 %.

Grao de envellecemento > 33 %: incremento 10 %.

Despoboamento: evolución demográfica. Prímanse os concellos con demografía negativa (habitantes 2009-habitantes 2016)/habitantes 2016.

Envellecemento: distribución en función da porcentaxe de maiores de 65 anos. Prímanse os máis envellecidos (datos de 2016).

O coeficiente de agrariedade calcúlase do seguinte xeito:

A = 0,14S + 0,65 Ex + 0,60Eb + 0,10 Rea + 0,05M

S = % superficie total explotacións/superficie total concello.

Ex = % explotacións con SAU/poboación rural.

Eb = % explotacións bovino/poboación rural.

Rea = traballadores afiliados REA/poboación rural.

M = maquinaria en propiedade/poboación rural.

Datos utilizados:

• Entidades singulares de poboación: IGE 2011.

• Superficie dos concellos: IGE 2011.

• Poboación total dos concellos: IGE 2016.

• Despoboamento: IGE 2009 e 2016.

• Envellecemento: IGE 2016.

En aplicación do Acordo do Consello da Xunta do 28 de febreiro de 2013, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, a asignación resultante, logo da aplicación dos criterios de repartición, para os concellos resultantes dun proceso de fusión municipal incrementarase nun 50 %.

Logo da aplicación dos referidos criterios, os importes máximos para cada concello son os que a seguir se refiren:

Código

Concello

Asignación

Anualidade 2019

Anualidade 2020

15001

Abegondo

54.164 €

27.082,00 €

27.082,00 €

15002

Ames

43.182 €

21.591,00 €

21.591,00 €

15003

Aranga

59.389 €

29.694,50 €

29.694,50 €

15004

Ares

34.498 €

17.249,00 €

17.249,00 €

15005

Arteixo

43.119 €

21.559,50 €

21.559,50 €

15006

Arzúa

69.236 €

34.618,00 €

34.618,00 €

15007

Baña, A

62.837 €

31.418,50 €

31.418,50 €

15008

Bergondo

36.709 €

18.354,50 €

18.354,50 €

15009

Betanzos

34.725 €

17.362,50 €

17.362,50 €

15010

Boimorto

58.777 €

29.388,50 €

29.388,50 €

15011

Boiro

43.056 €

21.528,00 €

21.528,00 €

15012

Boqueixón

47.311 €

23.655,50 €

23.655,50 €

15013

Brión

52.162 €

26.081,00 €

26.081,00 €

15014

Cabana de Bergantiños

66.750 €

33.375,00 €

33.375,00 €

15015

Cabanas

35.632 €

17.816,00 €

17.816,00 €

15016

Camariñas

41.402 €

20.701,00 €

20.701,00 €

15017

Cambre

38.807 €

19.403,50 €

19.403,50 €

15018

Capela, A

38.236 €

19.118,00 €

19.118,00 €

15019

Carballo

73.641 €

36.820,50 €

36.820,50 €

15020

Carnota

47.448 €

23.724,00 €

23.724,00 €

15021

Carral

43.499 €

21.749,50 €

21.749,50 €

15022

Cedeira

56.320 €

28.160,00 €

28.160,00 €

15023

Cee

42.996 €

21.498,00 €

21.498,00 €

15024

Cerceda

58.085 €

29.042,50 €

29.042,50 €

15025

Cerdido

45.267 €

22.633,50 €

22.633,50 €

15902

Oza-Cesuras

122.206 €

61.103,00 €

61.103,00 €

15027

Coirós

31.238 €

15.619,00 €

15.619,00 €

15028

Corcubión

28.111 €

14.055,50 €

14.055,50 €

15029

Coristanco

73.015 €

36.507,50 €

36.507,50 €

15030

Coruña, A

38.384 €

19.192,00 €

19.192,00 €

15031

Culleredo

43.204 €

21.602,00 €

21.602,00 €

15032

Curtis

66.470 €

33.235,00 €

33.235,00 €

15033

Dodro

37.262 €

18.631,00 €

18.631,00 €

15034

Dumbría

65.943 €

32.971,50 €

32.971,50 €

15035

Fene

44.060 €

22.030,00 €

22.030,00 €

15036

Ferrol

43.619 €

21.809,50 €

21.809,50 €

15037

Fisterra

37.137 €

18.568,50 €

18.568,50 €

15038

Frades

59.456 €

29.728,00 €

29.728,00 €

15039

Irixoa

49.274 €

24.637,00 €

24.637,00 €

15040

Laxe

46.533 €

23.266,50 €

23.266,50 €

15041

Laracha, A

76.346 €

38.173,00 €

38.173,00 €

15042

Lousame

54.753 €

27.376,50 €

27.376,50 €

15043

Malpica de Bergantiños

53.651 €

26.825,50 €

26.825,50 €

15044

Mañón

48.182 €

24.091,00 €

24.091,00 €

15045

Mazaricos

68.403 €

34.201,50 €

34.201,50 €

15046

Melide

70.849 €

35.424,50 €

35.424,50 €

15047

Mesía

74.552 €

37.276,00 €

37.276,00 €

15048

Miño

39.008 €

19.504,00 €

19.504,00 €

15049

Moeche

43.256 €

21.628,00 €

21.628,00 €

15050

Monfero

71.097 €

35.548,50 €

35.548,50 €

15051

Mugardos

36.576 €

18.288,00 €

18.288,00 €

15052

Muxía

69.018 €

34.509,00 €

34.509,00 €

15053

Muros

43.827 €

21.913,50 €

21.913,50 €

15054

Narón

52.282 €

26.141,00 €

26.141,00 €

15055

Neda

41.129 €

20.564,50 €

20.564,50 €

15056

Negreira

61.532 €

30.766,00 €

30.766,00 €

15057

Noia

42.251 €

21.125,50 €

21.125,50 €

15058

Oleiros

41.004 €

20.502,00 €

20.502,00 €

15059

Ordes

74.203 €

37.101,50 €

37.101,50 €

15060

Oroso

51.873 €

25.936,50 €

25.936,50 €

15061

Ortigueira

99.665 €

49.832,50 €

49.832,50 €

15062

Outes

61.359 €

30.679,50 €

30.679,50 €

15064

Paderne

47.535 €

23.767,50 €

23.767,50 €

15065

Padrón

40.318 €

20.159,00 €

20.159,00 €

15066

Pino, O

60.880 €

30.440,00 €

30.440,00 €

15067

Pobra do Caramiñal, A

41.939 €

20.969,50 €

20.969,50 €

15068

Ponteceso

54.583 €

27.291,50 €

27.291,50 €

15069

Pontedeume

40.380 €

20.190,00 €

20.190,00 €

15070

Pontes de García Rodríguez, As

68.559 €

34.279,50 €

34.279,50 €

15071

Porto do Son

49.718 €

24.859,00 €

24.859,00 €

15072

Rianxo

45.768 €

22.884,00 €

22.884,00 €

15073

Ribeira

44.867 €

22.433,50 €

22.433,50 €

15074

Rois

57.717 €

28.858,50 €

28.858,50 €

15075

Sada

39.881 €

19.940,50 €

19.940,50 €

15076

San Sadurniño

64.070 €

32.035,00 €

32.035,00 €

15077

Santa Comba

71.801 €

35.900,50 €

35.900,50 €

15078

Santiago de Compostela

66.979 €

33.489,50 €

33.489,50 €

15079

Santiso

51.536 €

25.768,00 €

25.768,00 €

15080

Sobrado

66.016 €

33.008,00 €

33.008,00 €

15081

Somozas, As

50.578 €

25.289,00 €

25.289,00 €

15082

Teo

49.233 €

24.616,50 €

24.616,50 €

15083

Toques

44.988 €

22.494,00 €

22.494,00 €

15084

Tordoia

65.123 €

32.561,50 €

32.561,50 €

15085

Touro

72.810 €

36.405,00 €

36.405,00 €

15086

Trazo

59.948 €

29.974,00 €

29.974,00 €

15087

Valdoviño

53.876 €

26.938,00 €

26.938,00 €

15088

Val do Dubra

68.710 €

34.355,00 €

34.355,00 €

15089

Vedra

54.087 €

27.043,50 €

27.043,50 €

15090

Vilasantar

46.439 €

23.219,50 €

23.219,50 €

15091

Vilarmaior

37.222 €

18.611,00 €

18.611,00 €

15092

Vimianzo

63.209 €

31.604,50 €

31.604,50 €

15093

Zas

68.608 €

34.304,00 €

34.304,00 €

15901

Cariño

44.281 €

22.140,50 €

22.140,50 €

27001

Abadín

78.754 €

39.377,00 €

39.377,00 €

27002

Alfoz

58.418 €

29.209,00 €

29.209,00 €

27003

Antas de Ulla

63.176 €

31.588,00 €

31.588,00 €

27004

Baleira

53.674 €

26.837,00 €

26.837,00 €

27005

Barreiros

56.192 €

28.096,00 €

28.096,00 €

27006

Becerreá

70.350 €

35.175,00 €

35.175,00 €

27007

Begonte

62.837 €

31.418,50 €

31.418,50 €

27008

Bóveda

45.733 €

22.866,50 €

22.866,50 €

27009

Carballedo

75.020 €

37.510,00 €

37.510,00 €

27010

Castro de Rei

76.439 €

38.219,50 €

38.219,50 €

27011

Castroverde

70.555 €

35.277,50 €

35.277,50 €

27012

Cervantes

62.674 €

31.337,00 €

31.337,00 €

27013

Cervo

44.105 €

22.052,50 €

22.052,50 €

27014

Corgo, O

69.358 €

34.679,00 €

34.679,00 €

27015

Cospeito

79.984 €

39.992,00 €

39.992,00 €

27016

Chantada

78.862 €

39.431,00 €

39.431,00 €

27017

Folgoso do Courel

45.080 €

22.540,00 €

22.540,00 €

27018

Fonsagrada, A

94.970 €

47.485,00 €

47.485,00 €

27019

Foz

48.134 €

24.067,00 €

24.067,00 €

27020

Friol

97.765 €

48.882,50 €

48.882,50 €

27021

Xermade

64.460 €

32.230,00 €

32.230,00 €

27022

Guitiriz

89.588 €

44.794,00 €

44.794,00 €

27023

Guntín

74.040 €

37.020,00 €

37.020,00 €

27024

Incio, O

60.248 €

30.124,00 €

30.124,00 €

27025

Xove

50.160 €

25.080,00 €

25.080,00 €

27026

Láncara

67.216 €

33.608,00 €

33.608,00 €

27027

Lourenzá

58.324 €

29.162,00 €

29.162,00 €

27028

Lugo

95.077 €

47.538,50 €

47.538,50 €

27029

Meira

38.333 €

19.166,50 €

19.166,50 €

27030

Mondoñedo

69.120 €

34.560,00 €

34.560,00 €

27031

Monforte de Lemos

73.737 €

36.868,50 €

36.868,50 €

27032

Monterroso

63.955 €

31.977,50 €

31.977,50 €

27033

Muras

54.118 €

27.059,00 €

27.059,00 €

27034

Navia de Suarna

50.297 €

25.148,50 €

25.148,50 €

27035

Negueira de Muñiz

35.816 €

17.908,00 €

17.908,00 €

27037

Nogais, As

41.634 €

20.817,00 €

20.817,00 €

27038

Ourol

63.732 €

31.866,00 €

31.866,00 €

27039

Outeiro de Rei

68.427 €

34.213,50 €

34.213,50 €

27040

Palas de Rei

81.005 €

40.502,50 €

40.502,50 €

27041

Pantón

79.266 €

39.633,00 €

39.633,00 €

27042

Paradela

58.218 €

29.109,00 €

29.109,00 €

27043

Páramo, O

44.068 €

22.034,00 €

22.034,00 €

27044

Pastoriza, A

69.638 €

34.819,00 €

34.819,00 €

27045

Pedrafita do Cebreiro

45.695 €

22.847,50 €

22.847,50 €

27046

Pol

58.169 €

29.084,50 €

29.084,50 €

27047

Pobra do Brollón, A

51.390 €

25.695,00 €

25.695,00 €

27048

Pontenova, A

58.178 €

29.089,00 €

29.089,00 €

27049

Portomarín

49.713 €

24.856,50 €

24.856,50 €

27050

Quiroga

57.416 €

28.708,00 €

28.708,00 €

27051

Ribadeo

59.236 €

29.618,00 €

29.618,00 €

27052

Ribas de Sil

30.344 €

15.172,00 €

15.172,00 €

27053

Ribeira de Piquín

36.494 €

18.247,00 €

18.247,00 €

27054

Riotorto

39.567 €

19.783,50 €

19.783,50 €

27055

Samos

48.834 €

24.417,00 €

24.417,00 €

27056

Rábade

29.677 €

14.838,50 €

14.838,50 €

27057

Sarria

85.518 €

42.759,00 €

42.759,00 €

27058

Saviñao, O

77.371 €

38.685,50 €

38.685,50 €

27059

Sober

70.862 €

35.431,00 €

35.431,00 €

27060

Taboada

70.383 €

35.191,50 €

35.191,50 €

27061

Trabada

47.969 €

23.984,50 €

23.984,50 €

27062

Triacastela

35.731 €

17.865,50 €

17.865,50 €

27063

Valadouro, O

63.755 €

31.877,50 €

31.877,50 €

27064

Vicedo, O

45.331 €

22.665,50 €

22.665,50 €

27065

Vilalba

111.746 €

55.873,00 €

55.873,00 €

27066

Viveiro

66.196 €

33.098,00 €

33.098,00 €

27901

Baralla

68.813 €

34.406,50 €

34.406,50 €

27902

Burela

35.702 €

17.851,00 €

17.851,00 €

32001

Allariz

45.560 €

22.780,00 €

22.780,00 €

32002

Amoeiro

39.224 €

19.612,00 €

19.612,00 €

32003

Arnoia, A

28.325 €

14.162,50 €

14.162,50 €

32004

Avión

39.879 €

19.939,50 €

19.939,50 €

32005

Baltar

34.546 €

17.273,00 €

17.273,00 €

32006

Bande

42.314 €

21.157,00 €

21.157,00 €

32007

Baños de Molgas

46.279 €

23.139,50 €

23.139,50 €

32008

Barbadás

40.782 €

20.391,00 €

20.391,00 €

32009

Barco de Valdeorras, O

46.076 €

23.038,00 €

23.038,00 €

32010

Beade

30.100 €

15.050,00 €

15.050,00 €

32011

Beariz

31.320 €

15.660,00 €

15.660,00 €

32012

Blancos, Os

31.472 €

15.736,00 €

15.736,00 €

32013

Boborás

53.724 €

26.862,00 €

26.862,00 €

32014

Bola, A

35.578 €

17.789,00 €

17.789,00 €

32015

Bolo, O

35.647 €

17.823,50 €

17.823,50 €

32016

Calvos de Randín

34.800 €

17.400,00 €

17.400,00 €

32017

Carballeda de Valdeorras

39.335 €

19.667,50 €

19.667,50 €

32019

Carballeda de Avia

29.677 €

14.838,50 €

14.838,50 €

32020

Carballiño, O

45.768 €

22.884,00 €

22.884,00 €

32020

Cartelle

42.996 €

21.498,00 €

21.498,00 €

32021

Castrelo do Val

38.093 €

19.046,50 €

19.046,50 €

32022

Castrelo de Miño

35.839 €

17.919,50 €

17.919,50 €

32023

Castro Caldelas

42.084 €

21.042,00 €

21.042,00 €

32024

Celanova

48.817 €

24.408,50 €

24.408,50 €

32025

Cenlle

32.006 €

16.003,00 €

16.003,00 €

32026

Coles

40.630 €

20.315,00 €

20.315,00 €

32027

Cortegada

27.060 €

13.530,00 €

13.530,00 €

32028

Cualedro

45.680 €

22.840,00 €

22.840,00 €

32029

Chandrexa de Queixa

43.850 €

21.925,00 €

21.925,00 €

32030

Entrimo

28.334 €

14.167,00 €

14.167,00 €

32031

Esgos

29.560 €

14.780,00 €

14.780,00 €

32032

Xinzo de Limia

62.049 €

31.024,50 €

31.024,50 €

32033

Gomesende

28.744 €

14.372,00 €

14.372,00 €

32034

Gudiña, A

32.202 €

16.101,00 €

16.101,00 €

32035

Irixo, O

50.232 €

25.116,00 €

25.116,00 €

32036

Xunqueira de Ambía

43.045 €

21.522,50 €

21.522,50 €

32037

Xunqueira de Espadanedo

31.472 €

15.736,00 €

15.736,00 €

32038

Larouco

30.329 €

15.164,50 €

15.164,50 €

32039

Laza

40.102 €

20.051,00 €

20.051,00 €

32040

Leiro

30.303 €

15.151,50 €

15.151,50 €

32041

Lobeira

35.477 €

17.738,50 €

17.738,50 €

32042

Lobios

39.879 €

19.939,50 €

19.939,50 €

32043

Maceda

58.644 €

29.322,00 €

29.322,00 €

32044

Manzaneda

39.304 €

19.652,00 €

19.652,00 €

32045

Maside

43.869 €

21.934,50 €

21.934,50 €

32046

Melón

35.756 €

17.878,00 €

17.878,00 €

32047

Merca, A

41.284 €

20.642,00 €

20.642,00 €

32048

Mezquita, A

37.534 €

18.767,00 €

18.767,00 €

32049

Montederramo

48.872 €

24.436,00 €

24.436,00 €

32050

Monterrei

54.824 €

27.412,00 €

27.412,00 €

32051

Muíños

48.359 €

24.179,50 €

24.179,50 €

32052

Nogueira de Ramuín

40.313 €

20.156,50 €

20.156,50 €

32053

Oímbra

41.914 €

20.957,00 €

20.957,00 €

32054

Ourense

49.510 €

24.755,00 €

24.755,00 €

32055

Paderne de Allariz

32.145 €

16.072,50 €

16.072,50 €

32056

Padrenda

36.086 €

18.043,00 €

18.043,00 €

32057

Parada de Sil

40.702 €

20.351,00 €

20.351,00 €

32058

Pereiro de Aguiar, O

43.897 €

21.948,50 €

21.948,50 €

32059

Peroxa, A

57.539 €

28.769,50 €

28.769,50 €

32060

Petín

27.845 €

13.922,50 €

13.922,50 €

32061

Piñor

42.100 €

21.050,00 €

21.050,00 €

32062

Porqueira

35.458 €

17.729,00 €

17.729,00 €

32063

Pobra de Trives, A

51.084 €

25.542,00 €

25.542,00 €

32064

Pontedeva

27.570 €

13.785,00 €

13.785,00 €

32065

Punxín

29.304 €

14.652,00 €

14.652,00 €

32066

Quintela de Leirado

32.234 €

16.117,00 €

16.117,00 €

32067

Rairiz de Veiga

38.829 €

19.414,50 €

19.414,50 €

32068

Ramirás

36.274 €

18.137,00 €

18.137,00 €

32069

Ribadavia

36.638 €

18.319,00 €

18.319,00 €

32070

San Xoán de Río

38.272 €

19.136,00 €

19.136,00 €

32071

Riós

49.648 €

24.824,00 €

24.824,00 €

32072

Rúa, A

35.889 €

17.944,50 €

17.944,50 €

32073

Rubiá

45.006 €

22.503,00 €

22.503,00 €

32074

San Amaro

38.812 €

19.406,00 €

19.406,00 €

32075

San Cibrao das Viñas

38.135 €

19.067,50 €

19.067,50 €

32076

San Cristovo de Cea

53.301 €

26.650,50 €

26.650,50 €

32077

Sandiás

38.759 €

19.379,50 €

19.379,50 €

32078

Sarreaus

38.772 €

19.386,00 €

19.386,00 €

32079

Taboadela

31.971 €

15.985,50 €

15.985,50 €

32080

Teixeira, A

31.853 €

15.926,50 €

15.926,50 €

32081

Toén

44.322 €

22.161,00 €

22.161,00 €

32082

Trasmiras

36.361 €

18.180,50 €

18.180,50 €

32083

Veiga, A

47.277 €

23.638,50 €

23.638,50 €

32084

Verea

40.329 €

20.164,50 €

20.164,50 €

32085

Verín

40.847 €

20.423,50 €

20.423,50 €

32086

Viana do Bolo

69.702 €

34.851,00 €

34.851,00 €

32087

Vilamarín

44.000 €

22.000,00 €

22.000,00 €

32088

Vilamartín de Valdeorras

33.690 €

16.845,00 €

16.845,00 €

32089

Vilar de Barrio

44.113 €

22.056,50 €

22.056,50 €

32090

Vilar de Santos

30.862 €

15.431,00 €

15.431,00 €

32091

Vilardevós

49.766 €

24.883,00 €

24.883,00 €

32092

Vilariño de Conso

45.824 €

22.912,00 €

22.912,00 €

36001

Arbo

44.247 €

22.123,50 €

22.123,50 €

36002

Barro

41.742 €

20.871,00 €

20.871,00 €

36003

Baiona

38.509 €

19.254,50 €

19.254,50 €

36004

Bueu

47.676 €

23.838,00 €

23.838,00 €

36005

Caldas de Reis

49.125 €

24.562,50 €

24.562,50 €

36006

Cambados

43.046 €

21.523,00 €

21.523,00 €

36007

Campo Lameiro

39.552 €

19.776,00 €

19.776,00 €

36008

Cangas

52.025 €

26.012,50 €

26.012,50 €

36009

Cañiza, A

77.744 €

38.872,00 €

38.872,00 €

36010

Catoira

41.194 €

20.597,00 €

20.597,00 €

36011

Cerdedo-Cotobade

103.930 €

51.965,00 €

51.965,00 €

36013

Covelo, O

68.403 €

34.201,50 €

34.201,50 €

36014

Crecente

45.095 €

22.547,50 €

22.547,50 €

36015

Cuntis

54.753 €

27.376,50 €

27.376,50 €

36016

Dozón

41.727 €

20.863,50 €

20.863,50 €

36017

Estrada, A

123.815 €

61.907,50 €

61.907,50 €

36018

Forcarei

69.325 €

34.662,50 €

34.662,50 €

36019

Fornelos de Montes

37.200 €

18.600,00 €

18.600,00 €

36020

Agolada

72.810 €

36.405,00 €

36.405,00 €

36021

Gondomar

50.480 €

25.240,00 €

25.240,00 €

36022

Grove, O

41.399 €

20.699,50 €

20.699,50 €

36023

Guarda, A

41.674 €

20.837,00 €

20.837,00 €

36024

Lalín

101.342 €

50.671,00 €

50.671,00 €

36025

Lama, A

57.727 €

28.863,50 €

28.863,50 €

36026

Marín

40.567 €

20.283,50 €

20.283,50 €

36027

Meaño

43.252 €

21.626,00 €

21.626,00 €

36028

Meis

56.447 €

28.223,50 €

28.223,50 €

36029

Moaña

45.999 €

22.999,50 €

22.999,50 €

36030

Mondariz

48.515 €

24.257,50 €

24.257,50 €

36031

Mondariz-Balneario

24.690 €

12.345,00 €

12.345,00 €

36032

Moraña

40.255 €

20.127,50 €

20.127,50 €

36033

Mos

44.936 €

22.468,00 €

22.468,00 €

36034

Neves, As

52.698 €

26.349,00 €

26.349,00 €

36035

Nigrán

45.653 €

22.826,50 €

22.826,50 €

36036

Oia

45.923 €

22.961,50 €

22.961,50 €

36037

Pazos de Borbén

41.194 €

20.597,00 €

20.597,00 €

36038

Pontevedra

64.100 €

32.050,00 €

32.050,00 €

36039

Porriño, O

54.232 €

27.116,00 €

27.116,00 €

36040

Portas

47.753 €

23.876,50 €

23.876,50 €

36041

Poio

43.732 €

21.866,00 €

21.866,00 €

36042

Ponteareas

63.151 €

31.575,50 €

31.575,50 €

36043

Ponte Caldelas

42.164 €

21.082,00 €

21.082,00 €

36044

Pontecesures

40.096 €

20.048,00 €

20.048,00 €

36045

Redondela

49.430 €

24.715,00 €

24.715,00 €

36046

Ribadumia

45.923 €

22.961,50 €

22.961,50 €

36047

Rodeiro

73.527 €

36.763,50 €

36.763,50 €

36048

Rosal, O

38.509 €

19.254,50 €

19.254,50 €

36049

Salceda de Caselas

45.584 €

22.792,00 €

22.792,00 €

36050

Salvaterra de Miño

53.391 €

26.695,50 €

26.695,50 €

36051

Sanxenxo

47.094 €

23.547,00 €

23.547,00 €

36052

Silleda

83.981 €

41.990,50 €

41.990,50 €

36053

Soutomaior

36.700 €

18.350,00 €

18.350,00 €

36054

Tomiño

59.152 €

29.576,00 €

29.576,00 €

36055

Tui

50.203 €

25.101,50 €

25.101,50 €

36056

Valga

43.183 €

21.591,50 €

21.591,50 €

36057

Vigo

73.827 €

36.913,50 €

36.913,50 €

36058

Vilaboa

43.458 €

21.729,00 €

21.729,00 €

36059

Vila de Cruces

66.377 €

33.188,50 €

33.188,50 €

36060

Vilagarcía de Arousa

47.848 €

23.924,00 €

23.924,00 €

36061

Vilanova de Arousa

39.569 €

19.784,50 €

19.784,50 €

36901

Illa de Arousa, A

40.164 €

20.082,00 €

20.082,00 €

 

Total

15.998.687 €

7.999.343,50 €

7.999.343,50 €

ANEXO III

Modelo de resolución de concesión de axuda

Resolución do director xeral da Agader, do ... de ... 2019, pola que se concede ao Concello de ... unha axuda ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020.

O 28 de decembro de 2018 o director xeral da Agader aprobou a Resolución para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020.

Dentro do ámbito competencial da Agader, o citado plan constitúe o instrumento específico de planificación e xustificación das actuacións dirixidas a fomentar os investimentos en infraestruturas viarias de titularidade municipal, a través de axudas instrumentadas segundo o procedemento de concesión previsto no artigo 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei (procedemento de concesión directa das axudas a través de resolución).

A citada axuda concédese en réxime de concesión directa, ao abeiro do artigo 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en adiante, LSG), en relación co artigo 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e está fundamentada en razóns de interese público que redundan en beneficio de todos os concellos de Galicia, co obxectivo último de xerar cohesión social e territorial e mellorar as condicións de vida e traballo no medio rural e contribuír ao aumento da competitividade agraria e forestal.

Para o financiamento do citado plan está prevista unha dotación orzamentaria de 15.998.687 €, con cargo á conta orzamentaria dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural 14-A1-712A-760.0 (código de proxecto 2016-00008), distribuída entre todos os concellos de Galicia con base nuns criterios obxectivos, públicos e previamente consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

Mediante o Acordo do 27 de decembro de 2018, o Consello da Xunta de Galicia autorizou á Agader a concesión directa das axudas tramitadas ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020.

De acordo co anterior, logo da instrución do procedemento nos termos previstos no plan e por proposta da Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural, o director xeral da Agader, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 11 de xullo de 2013 (Resolución do 24 de xullo de 2013 pola que se fai pública a delegación de competencias na Presidencia e na Dirección Xeral da Agader (DOG núm. 148, do 5 de agosto),

RESOLVO:

Primeiro. Concederlle ao Concello de ... unha axuda por importe de ... €, ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020, coa seguinte distribución por anualidades:

2019

2020

Aplicación orzamentaria 14-A1-712A-760.0 (cód. de proxecto 2016-00008)

A citada axuda concédese en réxime de concesión directa, con fundamento no artigo 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en adiante, LSG), en relación co artigo 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Segundo. O procedemento de xestión das subvencións, así como o réxime de xustificación dos investimentos subvencionables é o referido na Resolución do 28 de decembro de 2018, para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020.

Terceiro. O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2019 será o 16 de setembro de 2019. O feito de non xustificar correctamente esta anualidade devirá na perda parcial do dereito ao cobramento da axuda polo importe non xustificado.

O prazo final de execución e xustificación será o 1 de xuño de 2020.

A xustificación documental dos investimentos realizarase nos termos previstos no artigo 12 do anexo I da Resolución do 28 de decembro de 2018, para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020.

Cuarto. O réxime de pagamentos será o establecido no artigo 13 do anexo I da Resolución do 28 de decembro de 2018, para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020.

Quinto. Con carácter xeral, son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da LSG e, en particular:

a) As obras incluídas neste plan deberán ter unha garantía de mantemento de, cando menos, 5 anos contados desde a data de pagamento final da axuda, serán por conta do concello os custos necesarios para a súa conservación. O concello debe asumir todas e cantas responsabilidades dimanen das posibles irregularidades ou ilegalidades causadas por mor da execución das obras, nos termos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

b) Publicitar a concesión da axuda mediante a colocación dun panel, con información acerca da operación, que deberá estar visible durante a execución das obras. Agader facilitará a través da páxina web o modelo correspondente.

c) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, polo menos, durante o período de permanencia dos investimentos.

d) Comunicar á Agader a solicitude, concesión ou pagamento de calquera outra axuda que, independentemente da orixe dos fondos financiadores, estea destinada a financiar o mesmo proxecto de investimento.

e) O expediente de contratación deberá estar dispoñible no concello para a súa comprobación e deberá remitirse copia á Agader no caso de que así se lle requira.

f) Así mesmo, está suxeito ás actuacións de control que poida realizar a Agader, na súa condición de entidade xestora das axudas, ás funcións de intervención e de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007 e o Decreto 11/2009, e ás actuacións de comprobación que corresponden ao Tribunal de Contas e ao Consello de Contas.

g) As entidades beneficiarias destas subvencións deberán cumprir coas obrigas de información referidas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga son as referidas no artigo 4.4 do citado texto legal.

h) O concello debe asumir todas e cantas responsabilidades dimanen das posibles irregularidades ou ilegalidades causadas por mor da execución das obras, nos termos previstos na LCSP.

i) No suposto de que un concello renuncie á subvención concedida, deberá comunicarllo á Agader, utilizando o modelo normalizado que se xunta coa Resolución do 28 de decembro de 2018 como anexo V.

Sexto. Estas axudas son compatibles con calquera outra subvención, axuda, ingreso ou recurso para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión europea ou de organismos internacionais, sempre que o importe acumulado das axudas non supere o custo total da actividade subvencionada.

Para estes efectos, os concellos interesados deberanlle comunicar á Agader outras axudas solicitadas, concedidas e/ou pagadas para o mesmo proxecto, nos termos previstos na solicitude de axuda (anexo IV) e na solicitude de pagamento (anexo VI).

Sétimo. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de demora nos supostos previstos no artigo 33.1 da LSG. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do Decreto 11/2009.

Os beneficiarios das axudas, de ser o caso, estarán suxeitos ao réxime sancionador previsto no título IV da LSG, desenvolvido no título VI do RLSG.

Oitavo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file