Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7203

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2019 pola que se publican as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida correspondentes ao ano 2019.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, dispón o seguinte no seu artigo 42.9:

«Os plans xerais deberán prever unhas reservas de solo para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública que, como mínimo, comprenderán os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).1. Esta proporción será do 10 % no suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).2. No suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).3, non será obrigatorio prever unha reserva para vivenda suxeita a algún réxime de protección.

Excepcionalmente, os plans xerais, atendendo á demanda real de vivenda protexida, poderán fixar unha reserva inferior axustada á porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello e aos diferentes réximes de vivenda protexida. A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia. A resolución que determine esta porcentaxe será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cando se produza unha variación de máis ou menos dous puntos porcentuais da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello establecida no plan xeral respecto da última publicada, o pleno do concello, por maioría absoluta, e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan, deberá acordar a modificación das porcentaxes de reserva e axustalas á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Estarán exentos das reservas de solo reguladas neste punto aqueles concellos que conten con menos de 5.000 habitantes inscritos no padrón municipal no momento da aprobación inicial do plan xeral, cando este non conteña previsión para novos desenvolvementos urbanísticos en solos clasificados como urbanos non consolidados e urbanizables que na totalidade do municipio superen as 300 vivendas».

A citada lei deixa á consideración do Instituto Galego da Vivenda e Solo a determinación anual da referida porcentaxe; para tal efecto, o citado organismo, mediante a Resolución do 15 de febreiro de 2017 (DOG núm. 42, do 1 de marzo), estableceu o método de cálculo aplicable.

Por todo o exposto, e en función das atribucións que me confire o artigo 12 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

ACORDO:

Primeiro. Establecer as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida para o ano 2019 que figuran no anexo desta resolución.

Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo da listaxe das ditas porcentaxes.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Porcentaxe de reserva de solo para vivendas protexidas por concellos
de máis de 5.000 habitantes

Porcentaxe media para o conxunto de Galicia: 5,74 %.

Concello

Inscritos

Padrón

PRTC

Porcentaxe aplicable

Abegondo

5

5.454

0,92 %

5,74 %

Allariz

20

6.110

3,27 %

5,74 %

Ames

129

31.278

4,12 %

5,74 %

Ares

8

5.671

1,41 %

5,74 %

Arteixo

96

31.917

3,01 %

5,74 %

Arzúa

0

6.053

0,00 %

5,74 %

Baiona

27

12.134

2,23 %

5,74 %

Barbadás

2

10.951

0,18 %

5,74 %

Barco de Valdeorras, O

21

13.463

1,56 %

5,74 %

Bergondo

8

6.602

1,21 %

5,74 %

Betanzos

21

12.916

1,63 %

5,74 %

Boiro

22

18.844

1,17 %

5,74 %

Brión

71

7.748

9,16 %

9,16 %

Bueu

10

12.148

0,82 %

5,74 %

Burela

26

9.566

2,72 %

5,74 %

Caldas de Reis

3

9.860

0,30 %

5,74 %

Camariñas

0

5.322

0,00 %

5,74 %

Cambados

12

13.814

0,87 %

5,74 %

Cambre

192

24.603

7,80 %

7,80 %

Cangas

60

26.487

2,27 %

5,74 %

Cañiza, A

4

5.173

0,77 %

5,74 %

Carballiño, O

21

13.939

1,51 %

5,74 %

Carballo

27

31.261

0,86 %

5,74 %

Carral

5

6.294

0,79 %

5,74 %

Castro de Rei

1

5.011

0,20 %

5,74 %

Cedeira

1

6.794

0,15 %

5,74 %

Cee

3

7.576

0,40 %

5,74 %

Celanova

4

5.533

0,72 %

5,74 %

Cerceda

3

5.023

0,60 %

5,74 %

Cerdedo-Cotobade

21

5.815

3,61 %

5,74 %

Chantada

30

8.324

3,60 %

5,74 %

Coristanco

3

6.177

0,49 %

5,74 %

Coruña, A

2.444

244.850

9,98 %

9,98 %

Culleredo

184

30.221

6,09 %

6,09 %

Estrada, A

15

20.661

0,73 %

5,74 %

Fene

21

13.013

1,61 %

5,74 %

Ferrol

651

66.799

9,75 %

9,75 %

Foz

89

10.002

8,90 %

8,90 %

Gondomar

21

14.236

1,48 %

5,74 %

Grove, O

3

10.700

0,28 %

5,74 %

Guarda, A

3

10.013

0,30 %

5,74 %

Guitiriz

1

5.505

0,18 %

5,74 %

Lalín

20

20.103

0,99 %

5,74 %

Laracha, A

10

11.302

0,88 %

5,74 %

Lugo

886

98.025

9,04 %

9,04 %

Malpica de Bergantiños

0

5.447

0,00 %

5,74 %

Marín

41

24.362

1,68 %

5,74 %

Meaño

1

5.315

0,19 %

5,74 %

Melide

4

7.443

0,54 %

5,74 %

Miño

3

6.056

0,50 %

5,74 %

Moaña

34

19.448

1,75 %

5,74 %

Monforte de Lemos

91

18.599

4,89 %

5,74 %

Mos

36

15.142

2,38 %

5,74 %

Mugardos

7

5.307

1,32 %

5,74 %

Muros

0

8.695

0,00 %

5,74 %

Narón

232

39.115

5,93 %

5,93 %

Neda

6

5.112

1,17 %

5,74 %

Negreira

1

6.877

0,15 %

5,74 %

Nigrán

29

17.723

1,64 %

5,74 %

Noia

23

14.271

1,61 %

5,74 %

Oleiros

146

35.559

4,11 %

5,74 %

Ordes

6

12.632

0,47 %

5,74 %

Oroso

12

7.452

1,61 %

5,74 %

Ortigueira

23

5.804

3,96 %

5,74 %

Ourense

251

105.505

2,38 %

5,74 %

Outeiro de Rei

4

5.093

0,79 %

5,74 %

Outes

0

6.412

0,00 %

5,74 %

Oza-Cesuras

0

5.155

0,00 %

5,74 %

Padrón

9

8.386

1,07 %

5,74 %

Pereiro de Aguiar, O

1

6.254

0,16 %

5,74 %

Pobra do Caramiñal, A

3

9.390

0,32 %

5,74 %

Poio

50

17.018

2,94 %

5,74 %

Ponte Caldelas

3

5.491

0,55 %

5,74 %

Ponteareas

11

22.854

0,48 %

5,74 %

Ponteceso

6

5.565

1,08 %

5,74 %

Pontedeume

4

7.884

0,51 %

5,74 %

Pontes de García Rodríguez, As

28

10.237

2,74 %

5,74 %

Pontevedra

805

82.802

9,72 %

9,72 %

Porriño, O

103

19.740

5,22 %

5,74 %

Porto do Son

1

9.243

0,11 %

5,74 %

Redondela

39

29.194

1,34 %

5,74 %

Rianxo

15

11.104

1,35 %

5,74 %

Ribadavia

18

5.028

3,58 %

5,74 %

Ribadeo

40

9.900

4,04 %

5,74 %

Ribadumia

14

5.069

2,76 %

5,74 %

Ribeira

21

27.067

0,78 %

5,74 %

Rosal, O

1

6.249

0,16 %

5,74 %

Sada

25

15.495

1,61 %

5,74 %

Salceda de Caselas

13

9.146

1,42 %

5,74 %

Salvaterra de Miño

9

9.691

0,93 %

5,74 %

San Cibrao das Viñas

1

5.249

0,19 %

5,74 %

Santa Comba

0

9.450

0,00 %

5,74 %

Santiago de Compostela

793

96.405

8,23 %

8,23 %

Sanxenxo

15

17.212

0,87 %

5,74 %

Sarria

40

13.345

3,00 %

5,74 %

Silleda

6

8.698

0,69 %

5,74 %

Soutomaior

9

7.305

1,23 %

5,74 %

Teo

12

18.525

0,65 %

5,74 %

Tomiño

10

13.464

0,74 %

5,74 %

Tui

18

16.902

1,06 %

5,74 %

Valdoviño

5

6.613

0,76 %

5,74 %

Valga

0

5.927

0,00 %

5,74 %

Vedra

0

5.046

0,00 %

5,74 %

Verín

30

13.817

2,17 %

5,74 %

Vigo

4.457

293.642

15,18 %

15,18 %

Vila de Cruces

5

5.273

0,95 %

5,74 %

Vilaboa

7

5.954

1,18 %

5,74 %

Vilagarcía de Arousa

228

37.519

6,08 %

6,08 %

Vilalba

59

14.226

4,15 %

5,74 %

Vilanova de Arousa

1

10.352

0,10 %

5,74 %

Vimianzo

0

7.138

0,00 %

5,74 %

Viveiro

43

15.510

 2,77 %

5,74 %

Xinzo de Limia

20

9.836

2,03 %

5,74 %