Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7201

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2019 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, tramitada como anticipado de gasto.

BDNS (Identif.): 437123.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que sexan entidades titulares de plans marisqueiros en réxime de coxestión e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2019 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables (código PE209B).

Terceiro. Contía

As subvencións que se convocan mediante esta orde faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.723A.770.1 do orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2019, por importe total de 2.310.000 €, distribuídos en 1.230.000 euros para a anualidade 2019 e 1.080.000 euros para a anualidade 2020.

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes de axudas poderán ser presentadas desde o día seguinte ao da publicación desta orde, ao longo do período do programa operativo 2014-2020, ata o 1 de marzo de 2020.

2. Coas solicitudes presentadas ata o 1 de marzo de cada ano poderá realizarse unha primeira fase de adxudicación de axudas.

3. De non esgotarse o crédito orzamentario para a anualidade correspondente, poderá realizarse unha nova fase de adxudicación de axudas coas solicitudes presentadas ata o 1 de setembro de cada ano, sempre dentro dos límites de crédito dispoñible.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2018

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar