Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 21 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Zas (expediente IN407A 2017/046-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación denominada liña eléctrica subterránea de evacuación do parque eólico Mouriños, no concello de Zas (expediente IN407A 2017/046-1), pola Resolución do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, do 13 de decembro de 2018, a favor da entidade beneficiaria Renovables Aragón, S.L., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 15 de marzo de 2019, no concello de Zas, para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do dito concello, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 2.8.2017 (corrección de erros do 14.8.2017), no BOP da Coruña do 12.7.2017 (corrección de erros do 11.8.2017) e no xornal La Voz de Galicia do 26.1.2017 (corrección de erros do 24.8.2017), acto a que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostas como afectados, ás que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña