Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7211

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1057/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1057/15 por instancia de Amparo García García contra Celuisma, S.A., Hotel Florida Norte e o Fogasa, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou sentenza o 8 de xaneiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución

Estímase a demanda formulada por Amparo García García fronte á empresa Celusima, S.A. e, en consecuencia, condénase a empresa Celusima, S.A. a aboar á demandante a cantidade de seis mil setecentos noventa e cinco euros con setenta e cinco céntimos de euro (6.795,75 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Celuisma, S.A. Hotel Florida Norte expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza