Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8750

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2019 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (IN421H, IN421I).

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 4, do 7 de xaneiro de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 629, artigo 21, número 3, letra d), onde di: «Rateo investimento/potencia da instalación (ata 10 puntos). Avaliarase en relación aos rateos de investimento máximo elixible por potencia do proxecto segundo bases. Outórganse 0 puntos aos proxectos cuxo rateo investimento/potencia supere un 120 % do custo máximo elixible que lle corresponde polas súas características e a puntuación máxima para aqueles cuxo rateo sexa inferior ao 80 % do custo máximo elixible. O resto dos proxectos puntuaranse proporcionalmente.», debe dicir: «Rateo investimento/potencia (ata 5 puntos). Avaliarase en relación cos rateos de investimento máximo elixible por potencia do proxecto segundo bases. Outórganse 0 puntos aos proxectos cuxo rateo investimento/potencia supere un 120 % do custo máximo elixible que lle corresponde polas súas características e a puntuación máxima para aqueles cuxo rateo sexa inferior ao 80 % do custo máximo elixible. O resto dos proxectos puntuaranse proporcionalmente.».