BDNS (Identif.): 440761.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Beneficiarios
Centros privados concertados de educación primaria e/ou de educación secundaria.
Segundo. Obxecto
Regular o procedemento de solicitude e concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a centros privados concertados de educación primaria e/ou de educación secundaria para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 12 de febreiro de 2019 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.
Cuarto. Importe
Importe total da convocatoria: 400.000 euros.
Importe máximo por centro educativo: 6.000 euros.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional