Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2019 Páx. 11451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do complexo Montealegre de Ourense.

A Consellería de Política Social convocou a través da Resolución do 28 de decembro de 2018 (DOG núm. 10, do 15 de xaneiro de 2019) o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do complexo Montealegre de Ourense (procedemento BS213A). A dita resolución foi obxecto dunha corrección de erros (DOG núm. 16 , do 23 de xaneiro).

O parágrafo cuarto do anexo I da Resolución do 28 de decembro de 2018 establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes, indicando que as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que corresponde ao anexo III, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no prazo de 20 días contados a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no parágrafo quinto determínase a documentación que se xuntará coa solicitude.

O parágrafo noveno do anexo I da dita resolución establece que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo improrrogable de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, se terá por desistida da súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Así mesmo, tamén se indica no dito parágrafo noveno que, de conformidade co previsto no artigo 45 da dita lei, os requirimentos de emenda notificaranse por publicación no Diario Oficial de Galicia.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nos anexos I e II da Resolución do 28 de decembro de 2018. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na dita resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao Servizo de Xustiza Penal Xuvenil a través da conta de correo menores.conflicto@xunta.gal

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2019

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS213A/2019-1

Fundación Diagrama Intervención Psicosocial

G73038457

1. Proposta desagregada dos gastos totais derivados da execución do convenio que diferencie para cada un dos centros entre gastos de persoal, gastos de funcionamento do centro e gastos das persoas menores internadas.

2. Memoria de recursos humanos en que figure o número mínimo de horas do persoal de vixilancia, de acordo co exixido no parágrafo 2.2.3 do anexo II.

BS213A/2019-2

Fundación Camiña Social

G27381797

Memoria de recursos humanos en que figure para cada centro o persoal mínimo exixido no parágrafo 2.2.3 do anexo II. A dita memoria, de acordo co indicado no dito parágrafo debe indicar en relación co persoal a modalidade de contratación, titulación, xornada, horarios e número de horas anuais de dedicación.