Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2019 Páx. 11934

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2019 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.

A aprobación da relación de postos de traballo do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia xustifícase polos cambios de estrutura que tiveron lugar desde a súa aprobación inicial, de conformidade co Decreto 165/2014, do 11 de decembro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (DOG número 1, do 2 de xaneiro de 2015), así como polas súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Adáptanse os postos de traballo aos corpos e escalas previstos na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG número 82, do 4 de maio), así como ao establecido na Orde da Consellería de Facenda, do 10 de maio de 2017, pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, se aproba o modelo e se ditan instrucións para o cubrir (DOG número 90, do 11 de maio de 2017).

En consecuencia, por proposta do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 28 de febreiro de 2019, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que na marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

EI.O29.10.000.15001.001

Xefatura Centro

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

EI.O29.10.000.27001.001

Xefatura Centro

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

EI.O29.10.000.32001.001

Xefatura Centro

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

EI.O29.10.000.15001.001

Xefatura Centro

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais.

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 28 de febreiro de 2019, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG número 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexog.pdf
Anexog.pdf
Anexog.pdf
Anexog.pdf
Anexog.pdf
Anexog.pdf
Anexog.pdf
Anexog.pdf