Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2019 Páx. 14009

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 5/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 5/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laureano Rey Garrido contra a empresa Anseris Hostelería, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, en reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2019

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 5/2018, seguidos por instancia de Laureano Rey Garrido, asistido polo letrado Sr. Casado-Iruela Martín, contra a entidade Anseris Hostelería, S.L. e o Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, dítase a presente resolución con base nos seguintes:

Decido que debo estimar a demanda presentada por instancia de Laureano Rey Garrido, contra a entidade Anseris Hostelería, S.L. e o Fogasa, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 412,67 euros, en concepto de diferenzas de salario e liquidación da parte proporcional de vacacións, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS do 17.6.2014) ata a presente resolución, e a cantidade de 93,47 euros en concepto de indemnización por fin de contrato, máis os xuros do artigo 1.108 do CC e, en todo caso, os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de suplicación».

Para que sirva de notificación en legal forma a Anseris Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza