Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2019 Páx. 14529

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 874/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 874/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Flora Gómez Outeiral contra a empresa Rías Baixas, S.L., Natalia Torrado Viturro, Tomate Mas Fruta, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda presentada por instancia de María Flora Gómez Outeral contra a entidade Tomate Mas Fruta, S.L., e, en consecuencia, condeno a demandada a aboarlle a demandante a cantidade de 2.173,62 euros como cantidades debidas máis os xuros de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Desestímase a demandada presentada por instancia de María Flora Gómez Outeiral contra Natalia Torrado Viturro, e contra a entidade Rías Baixas, S.L., e, en consecuencia, absólvoas das pretensións contra elas dirixidas.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes que compareceron, e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación a presentar no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao de notificación deste edicto, ante este órgano de xustiza para ante Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de consignación legalmente prevista para tal efecto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, respectando as consideracións e requisitos previstos nos artigos 190 e 191, ambos da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o acorda, manda e asina.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Rías Baixas, S.L. e Tomate Mas Fruta, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza