Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 14725

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 30 de abril de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así, de conformidade coa normativa indicada, procédese á seguinte publicación:

Convocatoria: Orde do 30 de abril de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Programa: Iniciativa Xove. Subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial de Lugo, cuxa resolución corresponde á xefa territorial, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, segundo o disposto na disposición adicional terceira da Orde do 30 de abril de 2018.

Crédito orzamentario: vinte e un mil seiscentos sesenta euros (21.660,00 €), para o ámbito provincial.

Crédito orzamentario total da convocatoria trescentos oitenta e sete mil novecentos cincuenta e cinco euros con cincuenta e catro céntimos (387.955,54 €).

Aplicación orzamentaria: 12.05.313A.481.0.

Código do procedemento: BS306B.

Código de proxecto: 2015 00528.

Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa Comunidade Autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiaras e o importe concedido relaciónanse no anexo á resolución.

Lugo, 28 de febreiro de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de proxecto

Proxecto

CIF

Entidade beneficiaria

Importe
subvención concedida

2018/002-2

Actividades 2018

G27383785

Asociación Xuvenil Tir na N’Og

3.560,00 €

2018/003-2

Programa de lecer e tempo libre

G27202043

Asociación Síndrome de Down Lugo

5.000,00 €

2018/005-2

Actividades para mozos e mozas-Campamento multiaventura

R2701016D

Cáritas Diocesana de Lugo

5.000,00 €

2018/006-2

Espazo de encontro e crecemento no tempo libre

G27013309

Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo

3.100,00 €

2018/007-2

Mozos e mozas axedrecistas

G27336353

Asociación Cultural Xaquedrum

5.000,00 €