Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 14727

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 30 de abril de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así, de conformidade coa normativa indicada, procédese á seguinte publicación:

Convocatoria: Orde do 30 de abril de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Programa: Iniciativa Xove. Subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial de Pontevedra, cuxa resolución corresponde á xefa territorial, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, segundo o disposto na disposición adicional terceira da Orde do 30 de abril de 2018.

Crédito orzamentario: 46.030,87 € (corenta e seis mil trinta euros con oitenta e sete céntimos), para o ámbito provincial.

Crédito orzamentario total da convocatoria 387.955.54 € (trescentos oitenta e sete mil novecentos cincuenta e cinco euros con cincuenta e catro céntimos).

Aplicación orzamentaria: 12.05.313A.481.0.

Código do procedemento: BS306B.

Código de proxecto: 2015 00528.

Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa Comunidade Autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiaras e o importe concedido relaciónanse no anexo á resolución.

Vigo, 4 de marzo de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Número de proxecto

Proxecto

CIF

Entidade beneficiaria

Importe subvención concedida

2018/001-5

Grupo Autoxestores

G36697324

Down Vigo

5.000,00 €

2018/002-5

Revolta do Umia/Auga viva 2018

G36405769

Asociación Cultural e Xuvenil Río Gallo

5.000,00 €

2018/003-5

Novos usos para os nosos vellos barcos

G36472306

Asociación Recreativa e Cultural Sueste

3.920,06 €

2018/004-5

En rede coa contorna comunitaria

G36164887

Down Pontevedra

3.521,41 €

2018/005-5

E ti que prefires? Xuventude que emprende ou xuventude participativa

G36124279

Asociación Érguete Baixo Miño

5.000,00 €

2018/006-5

VI Edición do programa i+i+D

(Innovación+Inserción+Diversidade)

G36917037

Asociación Xogais

5.000,00 €

2018/010-5

Proxecto Bule-Bule

G36636538

Asociación Xuvenil Xentenova

3.985,00 €

2018/011-5

Faino ti mesma. Faino con outras. Fagámolo xuntas

G36578078

Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze

4.984,40 €

2018/013-5

Montaña e mar: actividade no medio natural e cultural galego

G36637890

Club Montañeiros Celtas

4.700,00 €

2018/014-5

Proxecto de integración social. Actividade con eles

G36116879

Asociación Cultural O Castro

4.920,00 €