Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Mércores, 20 de marzo de 2019 Páx. 14729

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que prorrogan todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na publicación da Resolución do 19 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que prorrogan todas as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 46, do 6 de marzo de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

1. Na páxina 12764, onde di: «Identicamente está considerada zona tampón na provincia da Coruña a totalidade da superficie dos concellos de As Somozas, Cedeira, Cerdido e Moeche, ademais dunha franxa de 5 km limítrofe cos concellos infestados que afecta a parcelas dos concellos de Pontedeume, Monfero, Vilarmaior, Miño, Cee, Corcubión, Camariñas, Carnota, Dumbría, Fisterra e Vimianzo. Na provincia de Lugo a zona tampón supón unha franxa de 5 km limítrofe cos concellos infestados que afecta a parcelas dos concellos de Xermade, Muras, Vilalba, Cospeito, Castro de Rei, Pol, Meira, Ribeira de Piquín e A Fonsagrada.»,

Debe dicir: «Identicamente está considerada zona tampón na provincia da Coruña a totalidade da superficie dos concellos das Somozas, Cedeira, Cerdido e Moeche, ademais dunha franxa de 5 km limítrofe cos concellos infestados que afecta parcelas dos concellos de Pontedeume, Monfero, Vilarmaior, Miño, Cee, Camariñas, Dumbría, Fisterra e Vimianzo. Na provincia de Lugo a zona tampón supón unha franxa de 5 km limítrofe cos concellos infestados que afecta parcelas dos concellos de Xermade, Muras, Vilalba, Cospeito, Castro de Rei, Pol, Meira, Ribeira de Piquín e A Fonsagrada.».