Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 27 de marzo de 2019 Páx. 16048

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 11 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN201G).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.17, atribúe á nosa comunidade autónoma competencias exclusivas en materia de artesanía. A Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia, establece o marco legal de actuación do sector artesán en virtude das citadas competencias e establece a creación do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, de carácter público e voluntario, como instrumento que permite coñecer a dimensión de cada grupo artesanal e o alcance da acción administrativa circunscrita ao ámbito xeográfico da nosa comunidade.

O Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, indica que corresponde á Dirección Xeral de Comercio e Consumo a planificación, coordinación e control das competencias da Consellería en materia de artesanía.

A importancia das actividades artesanais en Galicia reside non só nun plano social ou cultural, co cal se adoitan identificar, senón que constitúen actividades con capacidade de xeración de emprego e riqueza desde o punto de vista económico. Abranguen, ademais, unha lista longa de oficios que se traduce nunha oferta produtiva moi diversificada que pode responder de xeito eficaz ás exixentes demandas do mercado actual.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, consciente da importancia social, cultural, patrimonial e económica da artesanía galega, puxo en marcha o Plan de artesanía de Galicia, que desenvolveu unha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do sector. As liñas marcadas na folla de ruta do devandito plan van alén da súa vixencia temporal, cunha visión a máis longo prazo, imprescindible para acadar un sector artesanal sólido e sustentable no tempo.

Por isto cómpre dar continuidade ás medidas de fortalecemento da comercialización da artesanía galega, que require, entre outras actuacións, o acceso a novos mercados, tanto nacionais como internacionais, a apertura a clientes potenciais e á promoción das feiras sectoriais e de novas canles de comercialización da artesanía.

Cómpre, por tanto, proceder a unha nova convocatoria de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, co obxecto de impulsar accións de promoción comercial a través da participación en feiras e certames, así como a organización de eventos feirais para o fortalecemento da comercialización da artesanía galega a través dos obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns.

Con este fin, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 está consignado crédito por importe de 255.000,00 euros nas aplicacións orzamentarias seguintes para atender as axudas da presente orde:

09.30.751A.770.3: 130.000,00 €.

09.30.751A.761.5: 80.000, 00 €.

09.30.751A.781.4: 45.000,00 €.

Segundo o teor exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Consellería de Economía, Emprego e Industria en materia de artesanía, no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento da comercialización da artesanía galega e o impulso da competitividade do sector artesán para o ano 2019.

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2019.

3. A concesión da subvención queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión ao abeiro do establecido no artigo 25.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Para a concesión destas subvencións destínase un crédito total de 255.000,00 euros que será imputado ás aplicacións orzamentarias seguintes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2019:

Aplicación orzamentaria

Importe (€)

Beneficiarios

09.30.751A.770.3. Comercialización de artesanía de Galicia. Obradoiros artesanais.

130.000,00

Artigo 3, alínea a) do anexo I

09.30.751A.761.5. Comercialización e promoción de feiras de Artesanía de Galicia.

80.000,00 €

Artigo 3, alínea c) do anexo I

09.30.751A.781.4. Comercialización de artesanía de Galicia. Asociacións profesionais artesás.

45.000,00 €

Artigo 3, alínea b) do anexo I

Estas cantidades poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, cando o aumento veña derivado:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 2. Solicitudes

Para poder ser beneficiario/a da subvención deberá presentarse unha solicitude dirixida á Consellería de Economía, Emprego e Industria axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 4 das bases reguladoras.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

2. A presentación electrónica será obrigatoria para os concellos e as asociacións profesionais e empresariais de artesáns.

3. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica opcionalmente poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

7. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

8. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

9. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

10. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

Artigo 4. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a cinco meses, contados a partir do día seguinte ao do remate de presentación de solicitudes. O vencemento do prazo máximo sen facer efectiva a notificación da resolución lexitima os interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.

Artigo 5. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán en ningún caso efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar, en todo caso, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 6. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (en diante, Lei 1/2016), e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 7. Información para as persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN201G, poderase obter información na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e na Fundación Pública Artesanía de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal) na súa epígrafe de axudas ou http://artesaniadegalicia.xunta.gal.

b) Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal.

c) Nos teléfonos 981 54 55 99 e 881 99 91 78 da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

d) Nos teléfonos 881 99 91 71 ou 881 99 91 75 da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

e) Nos enderezos electrónicos cei.dxcomercio@xunta.gal e centro.artesania@xunta.gal.

f) Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

Disposición adicional primeira. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Economía, Emprego e Industria, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

A fin de dar a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a directora xeral de Comercio e Consumo para que dite as resolucións precisas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
de subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán (código de procedemento IN201G)

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega a través do apoio aos obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns (código de procedemento IN201G).

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Así mesmo, quedará suxeito o réxime de axudas de minimis (agás no caso dos concellos), polo que non poderán exceder os límites cuantitativos de 200.000 euros nun período de tres anos establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

4. En concreto, considéranse actuacións subvencionables as desenvolvidas por titulares de obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns que a seguir se especifican, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2019 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18. Así mesmo, excepcionalmente considérase subvencionable a organización e participación en feiras do Nadal 2018-2019 e os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2018 derivados destas.

1) Titulares de obradoiros artesanais.

1. Considéranse actuacións subvencionables a participación como expositor/a en:

a) Feiras profesionais de artesanía, nacionais ou internacionais, sen venda directa con retirada de mercadoría.

b) Feiras non profesionais de artesanía nacionais ou internacionais, celebradas fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Feiras non profesionais de artesanía, nacionais ou internacionais, do Nadal 2018-2019.

As devanditas feiras deberán ter arraigo e indubidable interese comercial para o sector artesanal galego. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar un informe da Fundación Pública Artesanía de Galicia ou unha certificación das asociacións profesionais de artesáns de Galicia máis representativas que acrediten estas cualidades.

A axuda consistirá nun tícket de impulso á comercialización a través de asistencia a feiras que terá as seguintes modalidades:

a) Tícket de feira profesional cun importe máximo de axuda cada un de 500 euros, 1.500 euros e 3.000 euros (IVE excluído). O tícket de 3.000 euros concederase unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa superior a 3.000 euros.

b) Tícket de feira non profesional cun importe máximo de axuda de 750 euros (IVE excluído) cun máximo de seis tíckets por obradoiro.

c) Tícket de feira non profesional de Nadal cun importe máximo de axuda de 2.000 euros (IVE excluído) cun máximo de dous tíckets por obradoiro.

A porcentaxe subvencionable por cada feira será de 80 % do investimento subvencionable.

O importe máximo de subvención, para o conxunto de todas estas actuacións subvencionables, non poderá superar 8.000 euros, IVE excluído.

2) Concellos.

Considéranse actuacións subvencionables a organización e celebración de feiras de artesanía:

a) Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional, cun número mínimo de 15 edicións, incluíndo a edición en curso.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por feira.

b) Feiras non monográficas de distintos oficios cun número mínimo de 5 edicións, incluída a edición en curso.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento. O importe máximo de subvención será de 3.000 euros por feira se contan cun mínimo dun 80 % de expositores, sobre o total de postos, de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). Para as que non alcancen o 80 % de expositores mencionados, o importe máximo de subvención será de 1.500 euros por feira.

No caso de concellos fusionados, as contías da subvención incrementaranse nun 15 %.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000 euros.

3) Asociacións profesionais e empresariais de artesáns/ás.

Considéranse actuacións subvencionables:

a) Organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma de distintos oficios cun número mínimo de 15 edicións, incluíndo a edición en curso, e que conten cun mínimo dun 80 % de expositores/as (sobre o total de postos) de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns).

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 30.000 euros de subvención por certame.

b) Participación como expositor/a en feiras profesionais nacionais ou celebradas no estranxeiro en que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.

A axuda consistirá nun tícket de impulso á comercialización a través de asistencia á feira profesional cun importe máximo de axuda de 7.000 euros.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento e o importe máximo de subvención para estas actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000 euros.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 45.000 euros.

5. Gastos subvencionables:

a) Son gastos subvencionables para a asistencia a feiras como expositor/a.

– Os que ocasione o aluguer do espazo expositivo que se contrata.

– Os seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira.

– O transporte do material expositivo por transportista profesional.

– No caso de feiras internacionais os servizos de tradución e o transporte internacional por transportista profesional.

b) Son gastos subvencionables para a organización de feiras:

– A infraestrutura e os servizos propiamente feirais.

– A publicidade.

En todo caso, no suposto dos concellos os gastos subvencionables deberán cumprir o establecido no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

6. Gastos e actuacións non subvencionables:

a) Gastos derivados da participación en feiras: construción das casetas, seguros non obrigatorios, vixilancia, contratación de persoal de atención ao público, de intérpretes (coas excepcións recollidas nos puntos anteriores), axudas de manutención, desprazamentos, aloxamento e publicacións.

b) Organización e celebración de feiras: gastos derivados de seguros non obrigatorios, axudas de manutención, desprazamentos e aloxamento, regalos promocionais e a realización de cócteles e actos análogos, gastos de persoal propio da entidade de que se trate, así como calquera outro gasto derivado da súa actividade habitual.

c) Organización, celebración e participación de feiras de carácter gastronómico e turístico.

d) Os impostos recuperables ou repercutibles pola/o beneficiaria/o e os investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro.

e) Aquelas que non estean directamente vinculadas coa realización da actuación subvencionable, e/ou directamente relacionada coa cualificación dos obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Artigo 2. Financiamento e concorrencia

1. Para a concesión destas subvencións destínase un crédito total de 255.000,00 euros, que será imputado ás aplicacións orzamentarias seguintes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2019:

09.30.751A.770.3: 130.000,00 €.

09.30.751A.761.5: 80.000,00 €.

09.30.751A.781.4: 45.000,00 €.

As ditas aplicacións orzamentarias están financiadas por fondos propios libres.

2. O importe da subvención regulada nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do investimento subvencionable.

3. As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables.

Artigo 3. Beneficiarias/os

Poderán ser beneficiarias/os das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas/os solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de prazo ata a data límite de presentación da solicitude de subvención para solicitar a inscrición no dito rexistro.

b) Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas en que cando menos 10 dos seus membros figuren inscritos na sección segunda (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

c) Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Primaranse aqueles concellos que coordinen as súas solicitudes e compartan ou mancomunen obras ou servizos, dando cumprimento así ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013 polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.

Artigo 4. Solicitudes

1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse na forma e prazo que se indica na convocatoria.

2. Xunto coa solicitude (anexo II), deberá presentarse a documentación que se refire a seguir:

2.1.1. Titulares de obradoiros artesanais:

No caso de comunidades de bens, deberán constar expresamente (anexo IV) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. Deberá nomearse un representante único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

2.1.2. Asociacións profesionais e empresariais de artesáns/ás:

– Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da asociación profesional e/ou empresarial de artesáns que acredite a relación de asociados que a integran indicando o seu NIF correspondente.

– Organización de feiras:

a) Anexo V. No caso de feiras que ao remate do prazo de presentación de solicitudes aínda non teñan data de convocatoria ou de apertura do prazo de inscrición, a relación de expositores e de obradoiros artesáns referirase á edición inmediatamente anterior.

b) Memoria explicativa do evento en que consten os seguintes aspectos: datas de celebración, horario e lugar; número de edición, relación de expositores e de obradoiros artesáns, no cal se indicará o NIF do obradoiro ou, se for o caso, do seu responsable para os efectos da súa consulta no RXAG; relación de oficios convocados (segundo o anexo V). Este anexo acompañarase dun informe da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

c) Esbozo do recinto feiral; infraestrutura do recinto con servizos cos que conta e características das casetas; campaña publicitaria que se vai realizar para a difusión do evento e calquera outro aspecto relacionado co evento.

d) Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos e servizos que se van contratar para a realización de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención, asinada polo representante da entidade.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia autentica electrónica dos documentos orixinais en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa vixente.

Non obstante, no presente procedemento admitiranse os documentos en papel ou copias debidamente compulsadas debido a circunstancias funcionais e/ou tecnolóxicas derivadas da implantación progresiva por parte da Administración xeral da Comunidade Autónoma en relación coa organización da emisión das copias auténticas electrónicas.

e) A relación de expositores e de obradoiros artesáns da edición anterior no caso de feiras que ao remate do prazo de presentación de solicitudes aínda non teñan data de convocatoria ou de apertura do prazo de inscrición (anexo V).

2.1.3. Concellos:

a) Anexo V. No caso de feiras que ao remate do prazo de presentación de solicitudes aínda non teñan data de convocatoria ou de apertura do prazo de inscrición, a relación de expositores e de obradoiros artesáns referirase á edición inmediatamente anterior.

b) Memoria explicativa do evento en que consten os seguintes aspectos: datas de celebración, horario e lugar; número de edición, relación de expositores e de obradoiros artesáns, no cal se indicará o NIF do obradoiro ou, se for o caso, do seu responsable para os efectos da súa consulta no RXAG; relación de oficios convocados (segundo o anexo V). Este anexo acompañarase dun informe da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

c) Esbozo do recinto feiral; infraestrutura do recinto con servizos cos que conta e características das casetas; campaña publicitaria que se vai realizar para a difusión do evento e calquera outro aspecto relacionado co evento.

d) Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos e dos servizos que se van contratar para a realización de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención asinada polo representante da entidade.

Cando o beneficiario/a non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa vixente.

Non obstante, no presente procedemento admitiranse os documentos en papel ou copias debidamente compulsadas debido a circunstancias funcionais e/ou tecnolóxicas derivadas da implantación progresiva por parte da Administración xeral da Comunidade Autónoma en relación coa organización da emisión das copias auténticas electrónicas.

e) Xustificante de que se atopa ao día na rendición de contas xerais ante o Consello de Contas de Galicia, de acordo co previsto no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

3. Comprobación de documentación: no caso de obradoiros artesáns que sexan persoas xurídicas ou comunidades de bens e asociacións profesionais e empresariais de artesáns, non terán que presentar a seguinte documentación se esta se atopa en poder da Administración:

a) Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, se é o caso, acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente.

b) Poder bastante de quen represente a entidade solicitante.

c) Se é o caso, documentación acreditativa da exención do imposto sobre o valor engadido (IVE).

4. Para os efectos sinalados no artigo 9 destas bases achegarase, se é o caso, a seguinte documentación, que en ningún caso será obxecto de requirimento:

– Certificados das entidades bancaria/s onde figure que a persoa solicitante posúe medios de pagamento electrónicos.

– Acreditación da participación e/ou organización de cursos de formación nos últimos 12 meses á data do inicio da presentación da solicitude desta convocatoria.

– Acreditación de páxina web ou sitio da internet, redes sociais para uso comercial (Facebook, Twiter, Instagram…).

Artigo 5. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, agás os concellos:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.

e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.

f) Consulta de concesións de subvenciones e axudas.

g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

h) Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 6. Órganos competentes

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, así como para realizar a proposta de resolución ao conselleiro, e corresponde ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria ditar a resolución que corresponda, sen prexuízo da delegación noutros órganos.

Artigo 7. Instrución dos procedementos

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución.

2. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os requirimentos de emenda poderanse realizar mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará no taboleiro de anuncios da páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, e poderase facer indicación de que os seguintes actos administrativos deste procedemento serán notificados a través do citado taboleiro. Se a instrución do procedemento o aconsella, o órgano competente poderá substituír esta publicación pola notificación individualizada de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que subministre cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 8. Comisión de valoración

1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións aos/ás interesados/as.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

Presidencia: a persoa titular da Subdirección Xeral de Comercio.

Vogais:

– A persoa titular do Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía.

– Un/unha xefe/a de sección da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

– Secretaría: un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

3. A comisión de valoración constituirase na sede do devandito centro directivo. O seu funcionamento rexerase polo disposto na sección 3ª, do capítulo I do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia.

Se por causa xustificada, no momento en que a comisión de avaliación teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non puider asistir, será substituída pola persoa que para o efecto designe o órgano competente para resolver.

4. Na proposta de concesión que formule a comisión figurarán de forma individualizada os/as solicitantes propostos/as para obter a subvención, especificando a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada un deles/as ata esgotar o crédito dispoñible.

5. O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para seren atendidos ben co crédito que quede libre, se se produce algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ben co incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións. Para estes efectos poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 9. Criterios de valoración

Os criterios de valoración que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión da subvención, serán os seguintes:

– Obradoiros artesanais:

1. Feiras profesionais nacionais e celebradas no estranxeiro: asistencia a un certame, 3 puntos, asistencia a dous ou máis: 4 puntos.

2. O/a titular do obradoiro é artesán/á mozo/a, ata os 35 anos inclusive, ou muller: 2 puntos.

3. Estar adherido o obradoiro ao sistema arbitral de consumo: 1 punto.

4. Exercer a actividade nun municipio de menos de 5.000 habitantes: 2 puntos.

5. Posta á disposición dos clientes de medios de pagamento electrónicos: 1 punto.

6. Acreditación da participación en cursos de formación nos últimos doce meses á data do inicio de presentación de solicitudes desta convocatoria, impartidos ou organizados polas asociacións profesionais de artesáns da Comunidade Autónoma de Galicia ou pola Fundación Pública Artesanía de Galicia: 1 punto por asistencia a un curso, 2 puntos por asistencia a dous cursos e 3 puntos por asistencia a tres ou máis cursos.

7. Páxina web ou sitio da internet, perfís en redes sociais de uso comercial (Facebook, Twiter, Instagram…): 2 puntos.

– Concellos:

1. Grao de consolidación da feira:

a) Feiras cun número de entre 5 e 14 edicións, incluíndo a edición en curso: 1 punto.

b) Feiras cun número de entre 15 e 20 edicións, incluíndo a edición en curso: 2 puntos.

c) Feiras cun número de entre 21 e 25 edicións, incluíndo a edición en curso: 3 puntos.

d) Feiras con máis de 25 edicións, incluíndo a edición en curso: 4 puntos.

2. Número de expositores de produtos artesanais inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns):

a) Feiras cun número de expositores entre 10 e 20: 2 puntos.

b) Feiras cun número de expositores entre 21 e 30: 3 puntos.

c) Feiras cun número de expositores superior a 30: 4 puntos.

3. Feiras que inclúan no seu programa demostración de oficios artesanais en vivo: 2 puntos.

4. Concellos que coordinen as súas solicitudes e compartan ou mancomunen obras ou servizos mediante a fusión de concellos: 3 puntos.

5. Concellos que coordinen as súas solicitudes e compartan ou mancomunen obras ou servizos mediante outras fórmulas: 1 punto.

Todos os criterios de valoración acreditaranse mediante declaración responsable do concello (anexo V).

– Asociacións profesionais e empresariais de artesáns/ás:

1. Participación en feiras profesionais nacionais e celebradas no estranxeiro: asistencia a un certame, 3 puntos, asistencia a dous ou máis, 4 puntos.

2. Grao de consolidación da feira:

a) Feiras cun número de entre 15 e 20 edicións, incluíndo a edición en curso: 2 puntos.

b) Feiras cun número de entre 21 e 25 edicións, incluíndo a edición en curso: 3 puntos.

c) Feiras con máis de 25 edicións, incluíndo a edición en curso: 4 puntos.

3. Número de expositores de produtos artesanais inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns):

a) Feiras cun número de expositores entre 10 e 20: 2 puntos.

b) Feiras cun número de expositores entre 21 e 30: 3 puntos.

c) Feiras cun número de expositores superior a 30: 4 puntos.

4. Feiras que inclúan no seu programa demostración de oficios artesanais en vivo: 2 puntos.

5. Acreditación da organización de cursos de formación nos últimos doce meses á data do inicio de presentación de solicitudes desta convocatoria, impartidos ou organizados polas asociacións profesionais de artesáns da Comunidade Autónoma de Galicia, 1 punto por organización dun curso, 2 puntos por dous cursos e 3 puntos por tres o máis cursos.

Todos os criterios de valoración acreditaranse mediante a correspondente declaración responsable da asociación (anexo V) e informe da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Unha vez esgotado o crédito dispoñible, no caso de que máis dunha solicitude obtivese a mesma puntuación, o desempate realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1º. Menor contía do total da subvención solicitada.

2º. Participación ou organización de feiras profesionais.

3º. Menor poboación do concello onde se sitúe o obradoiro.

Artigo 10. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñerase de manifesto ás persoas interesadas para que, nun prazo de cinco días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o número anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas pola persoa interesada.

Artigo 11. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o instrutor formulará a proposta de resolución, que se elevará a través do órgano instrutor ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

2. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a actuación que se subvencionará e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía ou, se é o caso, a causa de denegación.

A dita resolución será publicada na web http://ceei.xunta.gal e notificada ás/aos adxudicatarias/os, de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.a) da mesma lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás persoas interesadas será de cinco meses contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que recaia resolución expresa, as/os interesadas/os poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá superar o custo da actividade que desenvolverá a persoa beneficiaria ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable legalmente establecida.

Nesa notificación comunicarase o importe previsto da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, e o seu carácter de axuda de minimis, en aplicación do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

As resolucións de inadmisión ou desestimación de solicitudes notificaranse individualmente, con indicación das súas causas. Non obstante, poderase substituír a dita notificación individual pola publicación no DOG, coa indicación de que as persoas non beneficiarias consulten a información detallada da súa resolución nun taboleiro da citada web.

Artigo 12. Réxime de recursos

As resolucións do procedemento ditadas ao amparo desta orde porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición perante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que a resolución debería ter sido ditada.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 13. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión das subvencións poderá acordar a modificación da resolución por instancia da persoa beneficiaria cumprindo os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade da presente orde.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e as circunstancias que motiven a modificación, de concorreren na concesión inicial, non suporían a denegación da axuda ou subvención.

3. A persoa beneficiaria deberá solicitar esta modificación mediante instancia dirixida ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, xunto coa documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados no punto anterior, cun límite de vinte días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento subvencionado. No caso dos concellos, poderán solicitar a modificación das características da actividade subvencionada cunha antelación mínima dun mes á data de remate do prazo de realización da actividade (artigo 7.1 do Decreto 193/2011). Non facelo dará lugar á perda da totalidade da subvención na parte afectada pola modificación, sen prexuízo de que tamén poderá implicar a perda da totalidade da subvención concedida no caso de variación substancial do proxecto, e nese caso tramitarase o correspondente procedemento de reintegro.

4. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia á persoa interesada no termos previstos no artigo 10 destas bases.

Artigo 14. Aceptación e renuncia

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución de concesión, de conformidade co disposto polo artigo 21.5 da Lei 9/2007, transcorridos cinco días hábiles desde a notificación ou publicación da proposta de resolución definitiva sen que a persoa interesada comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta, e desde ese momento adquirirá a condición de persoa beneficiaria.

2. A renuncia á subvención, debidamente motivada, poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria ditará a correspondente resolución no termos do artigo 42.1 da mesma lei.

Artigo 15. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

3. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4. Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 1.2 das presentes bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

5. Acreditar con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión que se atopa ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega, nos termos previstos no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

6. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da devandita lei.

7. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

8. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 16. Obrigas específicas de publicidade

Os beneficiarios deberán dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007. En concreto, as entidades beneficiarias de axudas deberán facer constar o cofinanciamento das actuacións con fondos da Xunta de Galicia.

En todo caso, os beneficiarios quedan obrigados a dar publicidade suficiente da axuda e deberán incluír en cada unha das actuacións a publicidade da Xunta de Galicia e da marca Artesanía de Galicia de acordo coas instrucións contidas no documento correspondente dispoñible na http://ceei.xunta.gal/recursos/axudas-e-subvencions/direccion-xeral-de-comercio, na parte desta axuda.

A devandita publicidade deberá colocarse nun lugar ben visible para o público e deberá manterse en perfectas condicións durante o período da actuación.

Artigo 17. Subcontratación

Enténdese que unha persoa beneficiaria subcontrata cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúa o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada.

Será de aplicación o disposto nos artigos 27 da Lei 9/2007 e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

Faise especial indicación de que as persoas ou entidades subcontratadas non poderán estar vinculadas coa entidade solicitante salvo que concorran as seguintes circunstancias:

1ª. Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

2ª. Que se solicite e conceda a súa autorización previa (a solicitude de autorización e a súa xustificación presentaranse xunto coa solicitude de subvención).

Artigo 18. Xustificación da subvención

1. O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación nos lugares sinalados no artigo 2 da convocatoria, en orixinal ou copia compulsada, da documentación xustificativa da realización do investimento que fose obxecto de subvención, para o cal se terá de prazo ata o 31 de outubro de 2019. Respecto das feiras que se celebren no período posterior ao remate do prazo de xustificación, unha vez finalizada a feira presentarán a xustificación da certificación da asistencia e a documentación gráfica do evento (fotografías).

2. Documentación xustificativa:

2.1. Para todos os/as beneficiarios/as:

a) Xustificantes dos investimentos: facturas dos provedores e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil e con eficacia administrativa nos termos que se establezan regulamentariamente (importe sen IVE e importe total), en relación cos gastos subvencionables, emitidas dentro do período comprendido entre a data de inicio do proxecto e a data límite de xustificación do proxecto.

b) Xustificación dos pagamentos: acreditarase a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento comprendido entre data de inicio do proxecto e a data límite da xustificación do proxecto. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da devandita entidade bancaria.

c) Anexo III da orde de convocatoria debidamente asinado.

d) Achega da documentación gráfica que acredite o cumprimento da utilización de logos e sinalética exixidos para cada unha das axudas concedidas de acordo co artigo 16.

e) Calquera outro documento que se requira na resolución particular de concesión da axuda.

2.2. En concreto para os obradoiros artesáns e as asociacións profesionais de artesáns:

a) No caso de que o solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor, certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse o dito documento sen compulsar.

b) A xustificación de asistencia a feiras farase efectiva mediante a certificación expresa de participación no certame no período prefixado, emitida pola institución ou entidade organizadora.

c) Documentación que acredite, se for o caso, a non admisión nas feiras solicitadas.

2.3. En concreto para os concellos:

– Certificación do órgano que ten atribuídas as facultades de control da legalidade, acreditativa do cumprimento da normativa de contratación pública vixente na tramitación do procedemento de contratación.

– Certificación da intervención respecto da achega municipal comprometida para financiar o investimento.

– As entidades locais beneficiarias estarán obrigadas a xustificar o cumprimento da finalidade da subvención mediante a presentación dunha conta xustificativa integrada, con carácter xeral, pola documentación que se relaciona nos artigos seguintes, e que incorporará, en todo caso, a certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida.

No caso de subvencións destinadas a financiar investimentos, a conta xustificativa conterá:

a) Certificación expedida pola secretaría da entidade local, co visto e prace do/a alcalde/sa ou presidente/a, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención en que se faga constar, como mínimo, de forma detallada:

1º. O cumprimento da finalidade da subvención.

2º. Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada coa seguinte relación: identificación do/a acredor/a, número de factura ou documento equivalente, certificación da obra, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente. Salvo disposición expresa das bases reguladoras, e sen prexuízo do previsto da letra c) deste mesmo artigo, non será exixible a remisión dos documentos relacionados no artigo 48.2.b) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

b) Certificado de taxador/a independente debidamente acreditado/a e inscrito/a no correspondente rexistro oficial, no caso de adquisición de bens inmobles.

c) Os documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios e a indicación, de ser o caso, dos criterios de repartición dos custos xerais e/ou indirectos incorporados na relación a que se fai referencia na letra a).

d) Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e da súa procedencia.

e) De ser o caso, os tres orzamentos que se exixen en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os órganos competentes poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes.

3. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen tela presentado, de conformidade co disposto polo artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, requirirase o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención e a exixencia de reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións. A presentación da xustificación no prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que legalmente correspondan. Os órganos competentes poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes.

Artigo 19. Pagamento

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, e antes de proceder ao seu pagamento, os órganos competentes da consellería poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

2. O importe da subvención aboarase nun único pagamento, mediante transferencia bancaria á entidade financeira, ao número de conta designado polo beneficiario.

3. O pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada, calculada en función da porcentaxe subvencionada do custo final da actividade sempre que se xustifique un mínimo do 40 % do importe establecido na resolución de concesión. No caso de concorrer con outras axudas, aplicarase o disposto no artigo 2.3 destas bases.

Artigo 20. Incumprimento, reintegros e sancións

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, a Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro.

Cando se trate de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables e, se é o caso, deberán reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 60 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total, e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

4. Para os efectos establecidos neste artigo, non se considerará incumprimento a non admisión para a participación nas feiras, o cal deberá ser suficientemente acreditado.

5. Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007 e no título VI do seu regulamento.

Artigo 21. Control

1. A Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 22. Publicidade

No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, o beneficiario, o crédito orzamentario, a contía e a finalidade da subvención.

Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Artigo 23. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, no regulamento aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1) e no resto da normativa que resulte de aplicación.

Concellos con menos de 5.000 habitantes (cifras oficiais da poboación en 1.1.2018):

A Coruña

Concello

Hab.

Aranga

1.894

Baña, A

3.505

Boimorto

2.022

Boqueixón

4.215

Cabana de Bergantiños

4.337

Cabanas

3.318

Capela, A

1.238

Cariño

3.945

Carnota

4.031

Cerdido

1.126

Coirós

1.824

Corcubión

1.578

Curtis

3.958

Dodro

2.791

Dumbría

3.040

Fisterra

4.701

Frades

2.385

Irixoa

1.333

Laxe

3.084

Lousame

3.386

Mañón

1.363

Mazaricos

3.947

Mesía

2.582

Moeche

1.226

Monfero

1.962

Muxía

4.736

Paderne

2.419

Pino, O

4.656

Rois

4.564

San Sadurniño

2.828

Santiso

1.610

Sobrado

1.799

Somozas, As

1.103

Toques

1.151

Tordoia

3.361

Touro

3.620

Trazo

3.148

Val do Dubra

3.925

Vilarmaior

1.231

Vilasantar

1.225

Zas

4.581

Lugo

Concello

Hab.

Abadín

2.428

Alfoz

1.757

Antas de Ulla

2.008

Baleira

1.268

Baralla

2.566

Barreiros

2.941

Becerreá

2.827

Begonte

3.037

Bóveda

1.503

Carballedo

2.235

Castroverde

2.675

Cervantes

1.377

Cervo

4.227

Corgo, O

3.487

Cospeito

4.596

Folgoso do Courel

1.018

Fonsagrada, A

3.589

Friol

3.772

Guntín

2.718

Incio, O

1.609

Láncara

2.637

Lourenzá

2.181

Meira

1.711

Mondoñedo

3.639

Monterroso

3.667

Muras

636

Navia de Suarna

1.103

Negueira de Muñiz

218

Nogais, As

1.114

Ourol

1.018

Palas de Rei

3.414

Pantón

2.539

Paradela

1.820

Páramo, O

1.388

Pastoriza, A

3.056

Pedrafita do Cebreiro

1.032

Pobra do Brollón, A

1.685

Pol

1.616

Pontenova, A

2.283

Portomarín

1.487

Quiroga

3.257

Rábade

1.501

Ribas de Sil

970

Ribeira de Piquín

543

Riotorto

1.255

Samos

1.293

Saviñao, O

3.743

Sober

2.301

Taboada

2.830

Trabada

1.121

Triacastela

643

Valadouro, O

2.004

Vicedo, O

1.723

Xermade

1.841

Xove

3.314

Ourense

Concello

Hab.

Amoeiro

2.265

Arnoia, A

995

Avión

1.806

Baltar

968

Bande

1.591

Baños de Molgas

1.547

Beade

404

Beariz

973

Blancos, Os

809

Boborás

2.299

Bola, A

1.199

Bolo, O

917

Calvos de Randín

779

Carballeda de Avia

1.317

Carballeda de Valdeorras

1.574

Cartelle

2.643

Castrelo de Miño

1.380

Castrelo do Val

1.001

Castro Caldelas

1.224

Cenlle

1.140

Chandrexa de Queixa

466

Coles

3.049

Cortegada

1.105

Cualedro

1.700

Entrimo

1.166

Esgos

1.134

Gomesende

750

Gudiña, A

1.308

Irixo, O

1.477

Larouco

455

Laza

1.287

Leiro

1.583

Lobeira

807

Lobios

1.732

Maceda

2.890

Manzaneda

890

Maside

2.767

Melón

1.227

Merca, A

1.911

Mezquita, A

1.039

Montederramo

722

Monterrei

2.602

Muíños

1.486

Nogueira de Ramuín

2.011

Oímbra

1.766

Paderne de Allariz

1.383

Padrenda

1.759

Parada de Sil

564

Peroxa, A

1.871

Petín

889

Piñor

1.140

Pobra de Trives, A

2.118

Pontedeva

554

Porqueira

830

Punxín

699

Quintela de Leirado

611

Rairiz de Veiga

1.282

Ramirás

1.540

Riós

1.568

Rúa, A

4.359

Rubiá

1.448

San Amaro

1.091

San Cristovo de Cea

2.191

San Xoán de Río

549

Sandiás

1.213

Sarreaus

1.189

Taboadela

1.443

Teixeira, A

332

Toén

2.368

Trasmiras

1.288

Veiga, A

904

Verea

933

Viana do Bolo

2.929

Vilamarín

1.904

Vilamartín de Valdeorras

1.746

Vilar de Barrio

1.317

Vilar de Santos

829

Vilardevós

1.912

Vilariño de Conso

535

Xunqueira de Ambía

1.418

Xunqueira de Espadanedo

741

Pontevedra

Concello

Hab.

Agolada

2.370

Arbo

2.637

Barro

3.716

Campo Lameiro

1.806

Catoira

3.349

Covelo

2.417

Crecente

2.032

Cuntis

4.710

Dozón

1.110

Forcarei

3.451

Fornelos de Montes

1.640

Illa de Arousa, A

4.958

Lama, A

2.430

Meis

4.776

Mondariz

4.496

Mondariz-Balneario

618

Moraña

4.200

Neves, As

3.892

Oia

3.018

Pazos de Borbén

2.980

Pontecesures

3.037

Portas

2.984

Rodeiro

2.509

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file