Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 28 de marzo de 2019 Páx. 16289

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1115/2016).

María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1115/2016 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica Servicios Auxiliares, S.A.U., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza.

A Coruña, 1 de marzo de 2019.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº PO 1115/2016, en que foron parte, dun lado, como demandante, Juan Manuel González Allones, asistido pola letrada Laura Soledad Morán e, como demandado, Compañía de Protección y Vigilancia Galaica Servicios Auxiliares, S.A.U., que non comparece malia estar citada en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Juan Manuel González Allones, debo condenar e condeno a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. a que aboe ao demandante a cantidade de 2.313,70 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis o 10 % de xuro por mora.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Compañía de Protección y Vigilancia Galaica Servicios Auxiliares, S.A.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza