Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 28 de marzo de 2019 Páx. 16295

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 225/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 225/2016, por instancia de María Cristina Suárez Rey contra Fogasa, Keiner, S.L., sobre procedemento ordinario, en que se ditou sentenza con data do 26 de febreiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decisión:

Estímase a demanda interposta por María Cristina Suárez Rey contra a entidade Keiner, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Keiner, S.L. a aboar a María Cristina Suárez Rey a cantidade de trinta e tres mil douscentos cincuenta e oito euros con setenta e nove céntimos de euro (33.258,79 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Keiner, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza