Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 28 de marzo de 2019 Páx. 16294

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 869/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 869/2016, por instancia de Elisabeth Rama Queijo contra Fogasa, Tienda Espacio, S.L., sobre procedemento ordinario, en que se ditou sentenza con data do 26 de febreiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decisión:

Estímase a demanda interposta por Elisabeth Rama Queijo contra a entidade Tienda Espacio, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Tienda Espacio, S.L. a aboar a Elisabeth Rama Queijo a cantidade de nove mil cento setenta e seis euros con sesenta e nove céntimos de euro (9.179,69 euros). Os conceptos salariais devindicarán un xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Tienda Espacio, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza