Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 28 de marzo de 2019 Páx. 16293

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 867/2016-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 867/2016, por instancia de Adrián Costa Fuentes contra a empresa Stylo Baño e Interiorismo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, en que se ditou sentenza con data do 26 de febreiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase a demanda interposta por Adrián Costa Fuentes contra a entidade Stylo Baño e Interiorismo, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Condénase a empresa Stylo Baño e Interiorismo, S.L. a aboar a Adrián Costa Fuentes a cantidade de catro mil setecentos oitenta e dous euros con setenta e tres céntimos (4.782,73 euros), mais o xuro do 10 % anual.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Stylo Baño e Interiorismo, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza