Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18084

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se modifica a Resolución do 27 de febreiro de 2019 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de supervisión da Unidade de Medicina Interna III no Hospital Provincial, área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Mediante Resolución do 25 de setembro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 201, do 22 de outubro), convocouse a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, de postos de supervisión de unidade no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (área sanitaria de Pontevedra e O Salnés).

O 31 de xaneiro de 2019 tivo lugar o acto público de defensa do currículo profesional e do proxecto técnico presentado. Nel, a Comisión de Avaliación acordou puntuar este con 29,33 puntos, polo que non acadaría a puntuación mínima establecida na base 1.2 e proponse que se declare deserta a convocatoria.

Por erro, na Resolución do 27 de febreiro de 2019, acordouse adxudicar o posto á candidata presentada, cando debería declarase deserta a convocatoria. Polo tanto, debe modificarse a dita resolución.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG núm. 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), esta xerencia

RESOLVE:

Declarar deserto o posto de supervisión da Unidade de Medicina Interna III no Hospital Provincial, área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artículos 121 e 122 da Ley 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 20 de marzo de 2019

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés