Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18682

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 11 de marzo de 2019 pola que se declara definitivamente o espazo natural de interese local Río Gafos (Pontevedra).

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, recoñece os espazos naturais de interese local (ENIL) como unha das categorías en que se clasifican os espazos naturais protexidos. O artigo 17 desta lei establece que por petición dun concello e logo dos informes perceptivos pertinentes, a consellería competente en materia de conservación da natureza poderá declarar como espazos naturais de interese local aqueles espazos integrados no seu termo municipal que polas súas singularidades sexan merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais.

A declaración dun espazo natural de interese local é competencia da consellería competente en materia de conservación da natureza, mentres que a responsabilidade e competencia da súa xestión será municipal. Así mesmo, a declaración dun espazo natural de interese local non comporta a súa inclusión na Rede galega de espazos naturais protexidos, nin implicará a asignación de recursos económicos da Xunta de Galicia para a súa xestión e conservación.

A regulación dos espazos naturais de interese local recollida na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, foi desenvolvida polo Decreto 124/2005, do 6 de maio, polo que se regula a figura do espazo natural de interese local e a do espazo privado de interese natural. O artigo 4 deste decreto recolle a posibilidade que ten a consellería competente en materia de conservación da natureza de declarar, de xeito provisional, un espazo natural de interese local por un prazo non superior a dous anos, en que os promotores deben presentar, dentro do prazo, como requisito imprescindible para a declaración do espazo natural de interese local, o seu plan de conservación.

Mediante a Orde do 25 de novembro de 2013 declarouse, de xeito provisional, o espazo natural de interese local Río Gafos (DOG núm. 236, do 11 de decembro), localizado no concello de Pontevedra.

Durante a declaración provisional, e como requisito imprescindible para a súa declaración definitiva, o Concello de Pontevedra debía presentar ante a consellería competente o plan de conservación do espazo, o que realizou o día 19 de novembro de 2015.

O plan de conservación presentado é conforme cos contidos mínimos referidos no artigo 38 da lei, desenvolvidos polo Decreto 124/2005, do 6 de maio, que establece o réxime de uso e as actividades permisibles, así como as limitacións que se consideren necesarias para a conservación do espazo, polo que, tras a realización dos trámites referidos, se elevará ao Consello da Xunta de Galicia para a súa aprobación mediante decreto, en cumprimento do artigo 40 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

A presente orde ten por obxecto declarar, de xeito definitivo, o lugar do Río Gafos, no concello de Pontevedra, como espazo natural de interese local, unha vez constatadas as singularidades que presenta este espazo natural, que o fan merecente da protección dos seus valores naturais e despois da presentación do correspondente plan de conservación.

Polo exposto, no uso das atribucións que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Primeiro. Declaración definitiva do Río Gafos como espazo natural de interese local

Declárase como espazo natural de interese local o espazo do Río Gafos, no concello de Pontevedra, por proposta deste Concello.

Segundo. Límites

A extensión e límites do espazo natural de interese local do Río Gafos son os sinalados no anexo desta orde.

Terceiro. Xestión

Será responsabilidade e competencia do Concello de Pontevedra a xestión do espazo natural do Río Gafos, de acordo co plan de conservación aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.

Cuarto. Efectos

1. A declaración definitiva do Río Gafos como espazo natural de interese local non comporta a súa inclusión na Rede galega de espazos naturais protexidos.

2. A declaración definitiva do Río Gafos como espazo natural de interese local non implicará a asignación de recursos económicos da Xunta de Galicia para a súa xestión e conservación.

3. Con posterioridade á aprobación desta orde procederase á aprobación do correspondente plan de conservación, aprobación que deberá ser realizada polo Consello da Xunta de Galicia, en cumprimento do artigo 40 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Quinto. Extinción

1. Mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de conservación da natureza poderase poñer fin para os efectos da declaración definitiva do Río Gafos como espazo natural de interese local se desapareceren as causas que motivaron a protección deste espazo e non foren susceptibles de recuperación ou restauración.

2. A consellería competente en materia de conservación da natureza poderá iniciar expediente para retirar a condición de espazo protexido no caso de que non se cumpran as finalidades de conservación recollidas na declaración do espazo ou se detecten desviacións importantes con respecto ao plan de conservación aprobado.

Sexto

Esta declaración terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2019

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda

ANEXO I

Límites do ENIL Río Gafos

1. O espazo natural de interese local Río Gafos localízase nas follas 185-II e 185-IV da cartografía 1:25.000 do Instituto Xeográfico Nacional e ocupa desde o límite co concello de Vilaboa, atravesando a parroquia de Tomeza, ata o comezo da senda fluvial na rúa Otero Pedraio, dentro do núcleo urbano de Pontevedra. O camiño portugués de Santiago discorre polo seu límite leste. Ten unha orientación sur-norte e atravesa un val largacío e moi chan cuxos límites son os seguintes:

N: limita ao norte coa rúa Ramón Otero Pedraio do núcleo urbano de Pontevedra.

S: limita ao sur coa parroquia de Santa Comba de Bértola do concello de Vilaboa.

L: limita ao leste coa parroquia de Tomeza.

O: limita ao oeste coa parroquia de Salcedo.

2. O límite coincide coas coordenadas dos vértices da poligonal abaixo establecida.

FID

X

Y

FID

X

Y

FID

X

Y

0

529934

4696320

53

530107

4694570

105

530275

4693740

1

529923

4696320

54

530117

4694560

106

530271

4693760

2

529946

4696240

55

530124

4694530

107

530246

4693770

3

529955

4696240

56

530139

4694460

108

530232

4693780

4

529960

4696270

57

530127

4694460

109

530224

4693790

5

530089

4696200

58

530104

4694460

110

530218

4693800

6

530094

4696140

59

530105

4694460

111

530218

4693810

7

530102

4696110

60

530075

4694440

112

530222

4693820

8

530029

4696110

61

530089

4694430

113

530221

4693840

9

530030

4696100

62

530149

4694430

114

530225

4693860

10

530104

4696100

63

530178

4694440

115

530225

4693880

11

530136

4696080

64

530197

4694420

116

530231

4693910

12

530147

4696050

65

530200

4694400

117

530228

4693910

13

530157

4696030

66

530204

4694370

118

530198

4693920

14

530121

4696020

67

530219

4694370

119

530168

4693930

15

530100

4695980

68

530221

4694360

120

530160

4693960

16

530126

4695960

69

530221

4694330

121

530165

4693990

17

530171

4695930

70

530237

4694270

122

530165

4694010

18

530176

4695880

71

530217

4694270

123

530171

4694040

19

530140

4695840

72

530216

4694260

124

530174

4694060

20

530134

4695840

73

530196

4694210

125

530179

4694080

21

530111

4695800

74

530203

4694140

126

530166

4694100

22

530117

4695790

75

530229

4694140

127

530148

4694110

23

530045

4695710

76

530233

4694140

128

530141

4694120

24

530050

4695700

77

530260

4694080

129

530135

4694140

25

530042

4695690

78

530256

4694040

130

530086

4694140

26

530071

4695660

79

530315

4693980

131

530057

4694130

27

530082

4695660

80

530339

4693950

132

530057

4694130

28

530099

4695660

81

530337

4693950

133

530012

4694300

29

530086

4695600

82

530323

4693930

134

529979

4694400

30

530083

4695530

83

530292

4693930

135

529935

4694540

31

530072

4695430

84

530287

4693940

136

529892

4694670

32

530067

4695380

85

530272

4693950

137

529873

4694740

33

530060

4695340

86

530272

4693940

138

529841

4694880

34

530083

4695320

87

530261

4693940

139

529822

4695000

35

530079

4695200

88

530266

4693910

140

529821

4695010

36

530073

4695200

89

530277

4693900

141

529816

4695060

37

530063

4695200

90

530312

4693900

142

529813

4695220

38

530063

4695180

91

530318

4693900

143

529827

4695420

39

530055

4695130

92

530325

4693850

144

529847

4695550

40

530058

4695060

93

530324

4693850

145

529886

4695760

41

530041

4695060

94

530325

4693840

146

529958

4696060

42

530042

4695020

95

530358

4693780

147

529998

4696100

43

530028

4695020

96

530396

4693750

148

529997

4696110

44

530026

4695020

97

530425

4693680

149

529939

4696100

45

530027

4694960

98

530294

4693650

150

529945

4696230

46

530035

4694880

99

530258

4693640

151

529912

4696310

47

530044

4694870

100

530253

4693650

152

529912

4696330

48

530090

4694840

101

530255

4693660

153

529923

4696350

49

530121

4694800

102

530263

4693670

50

530115

4694780

103

530277

4693710

51

530111

4694770

104

530273

4693720

52

530109

4694670

105

530275

4693740

3. Plano.

missing image file