Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Adelante Grupo Inmobiliario, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53 establece a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais (cambio domicilio social), da entidade Adelante Grupo Inmobiliario, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 25 de febreiro de 2019 por unanimidade. Consta como novo domicilio social na rúa Urzáiz, 48, 2ª entreplanta, oficina-3, do concello de Vigo, na provincia de Pontevedra.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos (cambio domicilio social) da entidade Adelante Grupo Inmobiliario, S. Coop. Galega.

Vigo, 4 de abril de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra