Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19342

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 8 de abril de 2019 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2019 e se procede á súa convocatoria.

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado, leva a cabo a promoción e organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á mocidade no ámbito do ocio e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, a Consellería de Política Social inclúe entre os seus obxectivos o de favorecer a participación da mocidade en actividades deste tipo, e para iso convoca, unha vez máis, a Campaña de verán.

Mediante a oferta da devandita campaña, a Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a mocidade empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actividades que se realizan noutras comunidades autónomas de España.

Así mesmo, a Consellería de Política Social, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade, considera pertinente que, ademais das actuacións específicas dirixidas ás persoas con discapacidade, se teñan en conta as necesidades e demandas destas persoas nas políticas e liñas de acción de carácter xeral en calquera dos ámbitos de actuación pública, como é o ámbito de actuación das políticas dirixidas á mocidade galega.

Neste sentido, cómpre tamén sinalar que a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, que entrou en vigor o 3 de maio de 2008, recoñece no seu artigo 30 o dereito das persoas con discapacidade a participar, en igualdade de condicións coas demais persoas, nas actividades recreativas e de lecer e tempo libre. Así mesmo, o artigo 7 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, versa exclusivamente sobre o dereito á igualdade das persoas con discapacidade.

Con base nestes criterios, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade e da Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado, acorda integrar na presente convocatoria as necesidades da mocidade galega na ocupación do seu tempo de lecer, de maneira que os/as mozos/as galegos/as con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poidan ter a oportunidade de decidir sobre a modalidade de participación a que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Deste xeito preténdese que a inclusión social das persoas mozas con discapacidade sexa unha realidade ao tempo que se favoreza a interacción e a convivencia entre toda a mocidade.

Por todo isto,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Para facilitar que a mocidade galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social oferta a programación de actividades para o ano 2019 que se detalla no anexo I (códigos de procedemento: BS303A, BS303F, BS303G, BS303H).

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

2. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web http://xuventude.xunta.es/

Artigo 2. Servizos ofertados

1. A participación na oferta da Campaña de verán 2019 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).

2. As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.

b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) Manutención en réxime de pensión completa.

d) O material necesario para a actividade.

e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.

f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

g) O transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela, nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas.

3. A incorporación e a recollida das persoas participantes nos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada.

A incorporación terá lugar o día de inicio da quenda correspondente entre as 11.00 e as 12.30 horas. A recollida terá lugar o último día da quenda entre as 16.00 e as 18.00 horas.

Cando a incorporación aos campamentos e albergues teña lugar fóra de Galicia, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada desta.

No suposto de abandono da actividade ou expulsión da persoa participante, será responsabilidade dos proxenitores ou persoas titoras legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.

Artigo 3. Participantes

1. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas galegas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade.

2. En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2019, cómpre destacar o seguinte:

a) As persoas nacidas no ano 2001 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.

b) As persoas nacidas no ano 2010 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

3. Para ser admitido/a no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio e saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade no número 5.

4. Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento por ano. A praza adxudicada será intransferible.

5. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:

a) Facer constar a súa condición na epígrafe que figura no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios se os precisara.

b) Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda dunha terceira persoa.

c) Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten. A programación de actividades e as características das instalacións de cada campamento poderanse consultar na páxina web de Xuventude (http://xuventude.xunta.es/).

En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar. Neste suposto, a persoa menor con discapacidade non poderá participar nas actividades de auga.

As persoas solicitantes con discapacidade que cumpran os requisitos sinalados deben optar, de conformidade co artigo seguinte, por unha destas dúas vías: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.

6. As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial, poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o recadro correspondente.

7. O incumprimento dos requisitos sinalados neste artigo impedirá a participación da persoa solicitante no campamento.

Artigo 4. Tipos de solicitude e forma de presentación

1. As solicitudes poderán presentarse de forma individual ou múltiple e tramitaranse polo procedemento xeral ou polo procedemento de prazas para inclusión de persoas con discapacidade, de ser o caso, como se indica nos números seguintes.

2. As persoas que presenten unha solicitude individual de prazas deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo II, correspondente ao procedemento xeral (procedemento BS303A).

As persoas con discapacidade que presenten a súa solicitude individual a través do procedemento xeral poderán elixir exclusivamente as actividades detalladas no anexo I A. campamentos que se desenvolven en Galicia; polo tanto, exclúense os campamentos que teñen lugar noutras comunidades autónomas, relacionados no anexo I C.

As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I B deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo IV (procedemento BS303G).

3. As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única solicitude múltiple, tanto no procedemento xeral como no de inclusión.

A solicitude múltiple admitirase para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás. As persoas menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar tamén se poderán incluír na solicitude múltiple, equiparándose a súa situación a dos/as irmáns/as.

Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que pidan idéntica instalación, quenda e actividade (mesmo código). Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma instancia deben cumprir os requisitos de idade exixidos para as instalacións e quendas solicitadas.

Cando se trate dunha persoa sen discapacidade que teña irmáns/ás con discapacidade e queiran presentar unha solicitude conxunta, so o poderán facer polo procedemento xeral, para as actividades do anexo I A e en ningún caso unha persoa sen discapacidade poderá ocupar unha praza das reservadas para inclusión.

As persoas que presenten unha solicitude múltiple deben empregar o formulario que se incorpora como anexo III, correspondente ao procedemento xeral (procedemento BS303F).

As persoas con discapacidade que presenten a súa solicitude múltiple a través do procedemento xeral poderán elixir exclusivamente as actividades detalladas no anexo I A. campamentos que se desenvolven en Galicia; polo tanto, excluénse os campamentos que teñen lugar noutras Comunidades Autónomas relacionados no anexo I C.

As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I B deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo V (procedemento BS303H).

O incumprimento do disposto neste número por unha das persoas participantes suporá a exclusión de todas as que figuren nesa mesma solicitude.

Estas solicitudes teñen efecto durante o sorteo para a adxudicación da praza e para xerar as listas de espera. Non obstante, no momento das adxudicacións desde a lista de espera teranse en conta como solicitudes individuais.

4. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:

a) Cada mozo/a só poderá cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I, alíneas A, B e C.

b) Os datos da persoa solicitante deben ser os do/a mozo/a que opta a participar nas actividades. No caso de solicitudes múltiples, deberán cubrirse os datos de todos os/as irmáns/irmás que soliciten a súa participación.

c) As solicitudes deberanas asinar os proxenitores ou persoas titoras dos/as menores solicitantes.

d) As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e polo tanto, o enderezo que se inclúa na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.

e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á non admisión de ambas, quedando a persoa solicitante fóra do sorteo.

6. Transcorrido un mes desde a publicación da orde, a persoa interesada deberá comprobar, na páxina web http://xuventude.xunta.es/, a correcta mecanización da súa solicitude, co fin de emendar os erros detectados. Nesa páxina aparecerá un enlace para consultar os datos da solicitude e o número de expediente asignado á persoa menor solicitante. Para ter acceso a estes deberase incluír o número do DNI do proxenitor ou persoa titora que cubriu a instancia, así como a data de caducidade dese DNI. Se as persoas interesadas detectan algún erro nos datos mecanizados ou non atopan a solicitude, deben chamar a calquera dos números de teléfono que aparecen no anexo VII. A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días hábiles antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día, non procederá ningunha reclamación.

7. A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

Artigo 5. Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 6. Adxudicación de prazas

A adxudicación das prazas, tanto no procedemento xeral como no de prazas reservadas para inclusión, realizarase da seguinte forma:

a) Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

b) Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. Efectuaranse dous sorteos independentes segundo o procedemento polo cal se solicite (o xeral ou o de prazas reservadas para inclusión).

Neste caso, o sorteo realizarase ante notario/a, nos 45 días hábiles seguintes á data de publicación da orde. O día concreto de realización do sorteo anunciarase na páxina web de Xuventude, http://xuventude.xunta.es/, e terá lugar ás 12.00 horas dese día na sala de prensa da Consellería de Política Social, sita na terceira planta das dependencias da devandita consellería no edificio administrativo de San Lázaro en Santiago de Compostela.

Mediante este sorteo cubriranse as prazas nas distintas actividades que especifica o anexo I, alíneas A, B e C.

Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera para cada unha das actividades. Incluirase a cada participante unicamente nunha lista de espera para un campamento concreto, de entre os que solicitou entre as cinco opcións. O número de reservas en cada actividade será do 50 % das prazas convocadas. Xerarase a lista de espera tanto no sorteo de prazas do procedemento xeral como no específico de prazas reservadas para inclusión.

c) A Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado fará pública a resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, co resultado do sorteo, incluídas as listas de espera e confeccionará a correspondente lista de persoas admitidas para cada quenda e actividade.

O resultado do sorteo publicarase na páxina web http://xuventude.xunta.es/ a partir do día seguinte ao do sorteo.

Para os efectos desta publicación e en virtude da normativa de protección de datos persoais, as persoas admitidas virán identificadas exclusivamente polo número de expediente asignado pola aplicación informática de xestión do procedemento. Procederase do mesmo xeito respecto das persoas incluídas nas listas de espera. O número de expediente asignado á persoa menor solicitante poderase consultar conforme se indica no artigo 4.6.

Artigo 7. Réxime de recursos

As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro da presente orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, ou ser impugnadas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa. Non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes, se o acto for expreso. Transcorrido este prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, se for o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.

Artigo 8. Documentación

1. As persoas admitidas deberán presentar no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o seguinte ao da realización do sorteo, preferiblemente por vía electrónica, a seguinte documentación (os modelos estarán dispoñibles na páxina web http://xuventude.xunta.es/):

a) Xustificación de pagamento.

b) Se a persoa menor non dispón de DNI, deberá achegarse a copia do libro de familia.

c) Tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.

d) Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI).

e) Declaración responsable de que sabe nadar.

No caso de persoas con discapacidade, ademais:

a) Certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente, cando os ditos documentos non fosen expedidos na nosa comunidade autónoma.

b) Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI), con todas as epígrafes cubertas e a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, se é o caso. (Non se prestará ningún tipo de atención que non se reflicta neste documento ou en informes complementarios que se acheguen coa solicitude).

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. De conformidade coa normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia.

b) Título de familia numerosa.

c) Certificado de familia monoparental.

d) Carné xove.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Adxudicación de prazas ás listas de espera

1. As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, serán ofrecidas na fase de reservas dos respectivos procedementos, xeral ou de prazas reservadas para inclusión, ás persoas solicitantes que figuran nas listas de espera correspondentes. No caso de que se produzan baixas, a Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado ou o servizo de mocidade correspondente contactarán, seguindo a orde de lista, coas persoas da lista de espera mediante chamada telefónica ao número indicado na solicitude.

Realizaranse 3 chamadas entre as 9.00 e 14.00 horas, que serán rexistradas para a constancia da súa realización. De non contactar coa persoa interesada, esta será dada de baixa e chamarase a seguinte na lista de espera.

Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza ofrecida, deberán presentar a documentación sinalada no artigo 8 nun prazo de 48 horas. No caso de non presentar a mencionada documentación no prazo indicado, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da lista de espera.

2. A apertura da fase de reservas publicarase na páxina web de Xuventude, http://xuventude.xunta.es/

Artigo 11. Adxudicación das prazas de resultas

1. As prazas vacantes que non se cubrisen polos procedementos de adxudicación establecidos nos artigos 6 e 10 serán ofertadas na fase de resultas a calquera solicitante que as demande e reúna as condicións e os requisitos exixidos nesta orde para participar na convocatoria.

2. Estas prazas estarán expostas na páxina web http://xuventude.xunta.es/, onde se anunciará a apertura da fase de resultas.

3. Para solicitar as prazas de resultas a persoa interesada deberá efectuar a oportuna reserva da praza, no caso de que existan vacantes, mediante chamada telefónica, aos números de teléfono indicados no anexo VII. A reserva de prazas poderase efectuar en horario das 9.00 ás 14.00 horas, en días laborables agás os sábados. Se a persoa solicitante figurase na lista de espera dalgún campamento, deberá comunicalo ao facer a chamada para, de ser o caso, dala de baixa nesa listaxe antes da adxudicación da praza solicitada en resultas.

Cada persoa só poderá facer a reserva, como máximo, de catro prazas para catro participantes.

4. Unha vez comprobada na aplicación informática a dispoñibilidade da praza solicitada, asignarase esta á persoa interesada, que disporá dun prazo máximo de 48 horas para presentar a documentación relacionada no artigo 8.

Para a presentación desta documentación aplicarase o establecido no artigo 4.4.

Artigo 12. Prezos

1. Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I, alíneas A, B e C, fixados conforme o regulado na Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado.

2. De conformidade co disposto na Orde do 1 de abril de 2016, os membros de familia que teñan o título de numerosa e os membros de familias monoparentais terán un desconto do 50 % sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I. Neste último caso, para aplicar o desconto deberá acreditarse estar en posesión do certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental, expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

3. Así mesmo, conforme o disposto na Orde do 1 de abril de 2016, as persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25 % sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I desta orde. Para poder aplicar o desconto, a persoa beneficiaria deberá ser titular do Carné xove, vixente no momento de efectuar o pagamento.

4. Os descontos citados nos puntos anteriores en ningún caso serán acumulables.

Para os efectos da aplicación destes descontos, as persoas solicitantes deberán indicar na súa solicitude, marcando o recadro correspondente do formulario, se teñen ou non o título de familia numerosa, o certificado de familia monoparental ou o Carné xove, para a súa posterior comprobación pola Administración; no caso de que se opoñan a esta comprobación no formulario de solicitude, deberá achegarse a copia cotexada do título vixente de familia numerosa, do certificado de familia monoparental ou a do Carné xove, segundo o desconto aplicable.

Artigo 13. Obrigas das persoas adxudicatarias

As persoas adxudicatarias das prazas están obrigadas:

1. A incorporarse á actividade e regresar polos medios e nos prazos establecidos.

2. A non abandonar a actividade sen o permiso da persoa responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a comparecencia dos proxenitores ou persoas titoras, ou persoa debidamente autorizada por estes/as, e será responsabilidade destes/as o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que por tal causa se ocasionen, tal e como se especifica no artigo 2.2.

3. A respectar as normas establecidas polos equipos de animación, as normas de réxime interior das respectivas instalacións e, en xeral, as establecidas pola lexislación vixente na materia. Poderán ser expulsadas do campamento as persoas participantes que non respecten as citadas normas e cuxo seu comportamento dificulte ou impida a convivencia.

Artigo 14. Devolución da cota

1. Se unha vez obtida a praza por calquera dos procedementos de adxudicación (sorteo, fase de reserva ou de resultas) e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non pode asistir á actividade, só terá dereito á súa devolución deste nos casos e polas causas seguintes:

a) Renuncia á praza comunicada por escrito sempre e cando solicite a devolución da cantidade aboada polo menos dez días hábiles antes do inicio da actividade. No caso de prazas adxudicadas en fase de reserva ou de resultas e cando non concorra ningunha das outras causas recollidas neste punto, só se admitirá a devolución de cota cando a data de inicio do campamento permita presentar a solicitude de devolución coa sinalada antelación mínima de dez días hábiles.

b) Cando por causas non imputables á persoa interesada, non se preste o servizo ou a Administración anule a actividade.

c) Cando se produza ingreso hospitalario ou outra causa médica grave, que afecte a persoa menor e lle impida incorporarse ao campamento. Esta causa debe acreditarse con informes médicos e/ou do hospital en que estea ingresada a persoa menor.

d) Por falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata 2º grao. Esta causa debe estar acreditada con informes médicos e/ou do hospital onde estea ingresado o familiar ou co certificado de defunción, de ser o caso.

2. No caso de renuncia a unha praza concedida e posterior solicitude e adxudicación doutra na fase de resultas, se a renuncia á primeira praza non se comunicou coa antelación de dez días hábiles antes sinalada e non concorre ningunha das demais causas recollidas neste punto, terá que aboarse o importe íntegro da segunda praza, sen que se compense co prezo aboado pola primeira.

3. Serán denegadas todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas coa antelación mínima de dez días hábiles anteriores ao inicio da actividade, cando non concorra ningunha das causas recollidas taxativamente no número 1 deste artigo.

4. Para estes efectos, as persoas interesadas dispoñen dun modelo normalizado de solicitude de devolución de cota de participación anexo a esta orde (anexo VIII), que se poderá obter na guía de procedementos e servizos, no enderezo electrónico: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos, ou na sede electrónica, no enderezo https://sede.xunta.gal. Estas solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

5. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. As solicitudes de devolución de cota dirixiranse á xefatura territorial da provincia onde se localice a actividade obxecto da solicitude, para a súa resolución pola persoa titular da xefatura territorial. No caso de intercambios noutras CC.AA., a solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado e será resolta pola persoa titular da dirección xeral.

Disposición adicional única. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable, pola Xunta de Galicia -Consellería de Política Social- coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, e reflectirase esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

A fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais .

Disposición derradeira primeira. Habilitación competencial

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde, agás a competencia para resolver as solicitudes de devolución de cota das actividades desenvoltas en Galicia, que se delega na persoa titular da Xefatura Territorial da provincia onde se localice a actividade obxecto da solicitude.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

ANEXO I

A. Campamentos de verán 2019-procedemento xeral

A Coruña

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano

nacemento

Importe

praza

Código

Alb. Xuv. Mariña Española

Aventura nas Mariñas

1-8 de xullo

08-09-10

148 €

150001

11-18 de xullo

08-09-10

148 €

150002

21-28 de xullo

08-09-10

148 €

150003

1-8 de agosto

08-09-10

148 €

150004

11-18 de agosto

08-09-10

148 €

150005

21-28 de agosto

08-09-10

148 €

150006

Alb. Xuv. Gandarío-

Residencia X. Lug II

Conecta con Galicia

5-14 de xullo

01-02-03-04

185 €

150007

Alb. Xuv. Gandarío-

Res. Florentino L. Cuevillas

19-28 de xullo

01-02-03-04

185€

150008

Alb. Xuv. Gandarío

Actividades no mar

5-14 de xullo

04-05

193,30 €

150009

19-28 de xullo

02-03-04

193,30 €

150010

2-11 de agosto

01-02-03-04

193,30 €

150011

16-25 de agosto

05-06

193,30 €

150012

Vídeo Mapping. Fai visible o que levas dentro

31 de agosto- 7 de setembro

05

148 €

150013

A vista de paxaro. Primeiros pasos con drons

31 de agosto-7 de setembro

05-06

148 €

150014

Adestrando o meu robot

31 de agosto- 7 de setembro

05-06

148 €

150015

Camp. Xuv. Furelos

Natureza no Camiño

5-14 de xullo

05-06

146,70 €

150016

19-28 de xullo

01-02-03

146,70 €

150017

2-11 de agosto

04-05

146,70 €

150018

16-25 de agosto

05-06

146,70 €

150019

Camp. Xuv.Virxe de Loreto

Natureza xunto ao mar

5-14 de xullo

04-05

172,50 €

150020

19-28 de xullo

04-05

172,50 €

150021

2-11 de agosto

04-05

172,50 €

150022

16-25 de agosto

01-02-03-04

172,50 €

150023

Camp. Xuv. Espiñeira

Candilexas

5-14 de xullo

07-08

146,70 €

150024

19-28 de xullo

07-08

146,70 €

150025

2-11 de agosto

07-08

146,70 €

150026

16-25 de agosto

07-08

146,70 €

150027

Escola de Agricultura Ecolóxica Vilasantar

Saborea a vida do rural

1-7 de xullo

07-08-09-10

129,5 €

150028

Granxa Zoo Grixalba

A aldea perdida

4-10 de agosto

07-08-09-10

129,5 €

150029

Lugo

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano

nacemento

Importe

praza

Código

Alb. Xuv. Area

NaturArea: ambiente mariño e náutica

5-14 de xullo

04-05

193,30 €

270001

19-28 de xullo

01-02-03-04

193,30 €

270002

2-11 de agosto

04-05

193,30 €

270003

16-25 de agosto

04-05

193,30 €

270004

Alb. Xuv. Benigno Quiroga

A miña primeira aventura

1-8 de xullo

08-09-10

148 €

270005

11-18 de xullo

08-09-10

148 €

270006

21-28 de xullo

08-09-10

148 €

270007

1-8 de agosto

08-09-10

148 €

270008

11-18 de agosto

08-09-10

148 €

270009

Camp. Xuv. A Devesa

Multiaventura: ambiente e mar

5-14 de xullo

05-06

146,70 €

270010

Acampada a carón do mar

5-14 de xullo

07-08

146,70 €

270011

Multiaventura: ambiente e mar

19-28 de xullo

05-06

146,70 €

270012

Acampada a carón do mar

19-28 de xullo

07-08

146,70 €

270013

Multiaventura: ambiente e mar

2-11 de agosto

05-06

146,70 €

270014

Acampada a carón do mar

2-11 de agosto

07-08

146,70 €

270015

Cam. Xuv. Os Chacotes

Multiaventura nos Chacotes

5-14 de xullo

05-06

146,70 €

270016

Aventura-T

19-28 de xullo

02-03-04

146,70 €

270017

2-11 de agosto

02-03-04

146,70 €

270018

Multiaventura nos Chacotes

16-25 de agosto

05-06

146,70 €

270019

Concello de Carballedo ou limítrofes

Adventure Camp

1-8 de xullo

08-09-10

148 €

270020

11-18 de xullo

08-09-10

148 €

270021

21-28 de xullo

05-06-07

148 €

270022

1-8 de agosto

05-06-07

148 €

270023

Albergue Municipal Quiroga

Explora o Courel

11- 18 de xullo

06-07-08-09-10

148 €

270024

LUG 2

O Musical

15-22 de xullo

04-05

148 €

270025

Ourense

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano

nacemento

Importe

praza

Código

Camp. Xuv. Penedos de Xacinto (Entrimo)

Teatro e aventura na natureza

5-14 de xullo

06-07-08-09-10

146,70 €

320001

19-28 de xullo

06-07-08-09-10

146,70 €

320002

2-11 de agosto

06-07-08-09-10

146,70 €

320003

Estación de montaña

Manzaneda

Manzaneda alta montaña

4-11 de agosto

01-02-03

148 €

320004

11-18 de agosto

04-05-06

148 €

320005

18-25 de agosto

07-08-09-10

148 €

320006

Albergue Equal

Hípica e natureza

1-8 de xullo

08-09-10

148 €

320007

Complexo O Corgo

Muíños

Ven explorar con nós

1-8 de agosto

04-05-06

148 €

320008

Albergue A Vilavella

Aventura na Estación

23-30 de xullo

08-09-10

148 €

320009

Albergue San Xoan de Río

Astronomía

11-18 de xullo

05-06-07

148 €

320010

Pontevedra

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano

nacemento

Importe

praza

Código

Alb. Xuv. As Sinas

Actividades no mar

5-14 de xullo

04-05

193,30 €

360001

19-28 de xullo

04-05

193,30 €

360002

2-11 de agosto

04-05

193,30 €

360003

16-25 de agosto

01-02-03-04

193,30 €

360004

Camp. Xuv. Pontemaril

Aventura na natureza

5-14 de xullo

07-08

146,70 €

360005

19-28 de xullo

05-06-07

146,70 €

360006

A miña primeira aventura

1-8 de xullo

08-09-10

117,36 €

360007

11-18 de xullo

08-09-10

117,36 €

360008

21-28 de xullo

08-09-10

117,36 €

360009

Aventura na natureza

2-11 de agosto

05-06-07

146,70 €

360010

16-25 de agosto

07-08

146,70 €

360011

Camp. Xuv. Illa de Ons

Big Bang illa

1-8 de xullo

06-07

117,36 €

360012

11-18 de xullo

07-08

117,36 €

360013

21-28 de xullo

05-06

117,36 €

360014

1-8 de agosto

07-08

117,36 €

360015

B. Campamentos de verán 2019-prazas reservadas para inclusión

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano

nacemento

Importe

praza

Código

Alb. Xuv. Mariña Española

Aventura nas Mariñas

1-8 de xullo

08-09-10

148 €

150001

1-8 de agosto

08-09-10

148 €

150004

Alb.X. Gandarío

Actividades no mar

19-28 de xullo

02-03-04

193,30 €

150010

2-11 de agosto

01-02-03-04

193,30 €

150011

Camp. Xuv. Espiñeira

Candilexas

5-14 de xullo

07-08

146,70 €

150024

2-11 de agosto

07-08

146,70 €

150026

Cam. Xuv. Os Chacotes

Multiaventura nos Chacotes

5-14 de xullo

05-06

146,70 €

270016

Aventura-T

2-11 de agosto

02-03-04

146,70 €

270018

Camp. Xuv. Pontemaril

A miña primeira aventura

11-18 de xullo

08-09-10

117,36 €

360008

Aventura na natureza

5-14 de xullo

07-08

146,70 €

360005

2-11 de agosto

05-06-07

146,70 €

360010

16-25 de agosto

07-08

146,70 €

360011

C. Campaña de verán 2019-campamentos noutras comunidades autónomas

Comunidade Autónoma

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano nacemento

Importe

praza

Código

Álava

Albergue Catedral de Vitoria-Gasteiz

Colonia de rock

1-12 de xullo

02-03

284,50 €

500001

Alb. Xuv. Barría

Multiaventura

1-11 de agosto

04-05

266 €

500002

Isla de Zuhatza

Náutica

1-11 de agosto

03-04-05

275,13 €

500003

Estremadura

Camp. X. Emperador Carlos V (Jerte)

Deporte e ocio en Jerte

3-12 de agosto

04-05

238,54 €

500004

Castela e León

Alb. Xuv. San Martín de Castañeda (Puebla de Sanabria)

Multiaventura e aire libre

21-30 de xullo

05-06

247,50 €

500005

Alb. Xuv. Navarredonda de Gredos

Multiaventura e aire libre

1-10 de agosto

05-06

247,50 €

500006

A Rioxa

Alb. Xuv. Ezcaray

Multiaventura

1-10 de xullo

04-05

247,50 €

500007

Alb. Xuv. Ezcaray

Multiaventura

1-12 de agosto

02-03

284,50 €

500008

Madrid

Alb. Xuvenil El Escorial

Inmersión inglés

1-10 de xullo

01-02-03-04

247,50 €

500009

Alb. Xuvenil Las Dehesas (Cercedilla)

Cine en inglés

1-10 de xullo

01-02-03-04

247,50 €

500010

Cantabria

Alb. Xuvenil Gerardo Diego (Solórzano)

Cine

17-26 de xullo

01-02-03-04

247,50 €

500011

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

– Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consellería de Política Social.

Edificio administrativo San Lázaro, s/n, 3º andar - 15781 Santiago de Compostela.

Teléfonos: 881 99 90 25/881 99 91 94/981 54 52 93/881 99 93 14.

– Xefatura Territorial da Coruña. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado.

CC Elviña. Rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, 15008 A Coruña.

Teléfonos: 881 88 12 40/881 88 12 38/881 88 12 39.

– Xefatura Territorial de Lugo. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado.

Rolda da Muralla, 70, 27001 Lugo.

Teléfonos: 982 29 42 24/982 29 43 53/982 29 49 23.

– Xefatura Territorial de Ourense. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado.

Avda. Habana, 81, baixo, 32004 Ourense.

Teléfonos: 988 38 61 20/988 38 61 16/988 38 61 17/988 38 61 18.

– Xefatura Territorial de Vigo. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado.

Rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, 36201 Vigo.

Teléfonos: 986 81 70 78/986 81 70 80/986 81 77 81.

missing image file