Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 2 de maio de 2019 Páx. 21314

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 159/2018).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 159/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Sartal Sabaris contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., María José Lorenzo Gómez, Juan Manuel Capella Pérez, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza

En Santiago de Compostela o vinte e nove de marzo de dous mil dezanove.

Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tras ver o presente despedimento obxectivo individual en nome do rei, con base nos seguintes:

Parte dispositiva

Estímase a demanda presentada pola parte demandante fronte a Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., na súa pretensión principal, e en consecuencia:

– Declárase nulo o despedimento do traballador efectuado con efectos do 31 de xaneiro de 2018.

– Ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral na data desta resolución e condeno as demandadas solidariamente ao aboamento dos salarios de trámite, calculados a razón de 44,16 euros/día e ao aboamento, en concepto de indemnización, da cantidade de 55.646,57 euros.

Condénanse os administradores concursais de Campiñas de Laíño, S.A. e de Refojo y González, S.L., na súa soa condición de administradores concursais, a avirse á anterior declaración e condena.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación do depósito de 300 euros e no caso da empresa condenada do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acorda, manda e asina, Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza de reforzo deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de abril de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza