Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de abril de 2019 para facer pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública do proxecto de construción da adaptación da AC-934 ao plan de baixa de IMD mellorada, treito I: punto quilométrico 12+900 ao 17+300, de clave AC/10/094.02.1.1, actualizado polo proxecto de actualización do proxecto construtivo da adaptación da AC-934 ao plan de baixa de IMD mellorada, treito I: punto quilométrico 12+900 ao 17+300, de clave AC/10/094.02.1.2.

Con data do 17 de abril de 2018, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da entón conselleira de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 7 de setembro de 2017, Diario Oficial de Galicia do 20 de setembro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

Antecedentes de feito.

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 112, do 14 de xuño de 2017, publicouse o Anuncio do 30 de maio de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción da adaptación da AC-934 ao plan de baixa de IMD mellorada, treito I: p.q. 12+900 ao 17+300, de clave AC/10/094.02.1.1, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados. Tamén se someteu ao informe das administracións afectadas.

Segundo. O proxecto actualizouse á normativa técnica aprobada con posterioridade mediante a redacción do proxecto de actualización do proxecto construtivo da adaptación da AC-934 ao plan de baixa de IMD mellorada, treito I: p.q. 12+900 ao 17+300, de clave AC/10/094.02.1.2, sen que a dita actualización supoña modificacións do trazado nin implique novas afeccións derivadas deste.

Terceiro. As administracións afectadas emitiron os correspondentes informes. No trámite de información pública non formularon alegacións as persoas interesadas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se someteu ao informe das administracións afectadas.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse á información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

Terceiro. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda é competente para resolver os expedientes de información pública en materia de estradas e informe das administracións afectadas, de acordo co artigo 4 do Decreto 37/2017, do 6 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Esta competencia atópase delegada na persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, segundo o artigo 8.1.b) da Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería (DOG núm. 179, do 20 de setembro).

De acordo con todo o exposto, e logo de vistos os informes emitidos polas administracións afectadas,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública do proxecto de construción da adaptación da AC-934 ao plan de baixa de IMD mellorada, treito I: p.q. 12+900 ao 17+300, de clave AC/10/094.02.1.1, actualizado polo proxecto de actualización do proxecto construtivo da adaptación da AC-934 ao plan de baixa de IMD mellorada, treito I: p.q. 12+900 ao 17+300, de clave AC/10/094.02.1.2, mantendo o trazado sometido ao trámite de información pública como definitivo.

Segundo. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Sobrado dos Monxes deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no cal se establecen as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderase formular un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; ou ben un recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas