Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21709

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de notificación en expediente de dilixencias previas por denuncia en materia de xestión de biomasa (ref. número 18/105/15069/01-02-03-04-05-06-07-08-09).

Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión de biomasa vexetal e da retirada de árbores de especies arbóreas imposta pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, e consonte o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas poden consultar o contido íntegro do acto que se notifica e o correspondente expediente no prazo de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e a comparecencia realizarase nas dependencias municipais, situadas na rúa Real, 13, 15600 Pontedeume (A Coruña), en horario de atención ao público.

Nº expediente

Referencia catastral

Localización da parcela

18/105/15069/01-02-03-04-05-06-07-08-09

15070A004001920000WT

Polígono 4, parcela 192

18/105/15069/01-02-03-04-05-06-07-08-09

15070A004001930000WF

Polígono 4, parcela 193

18/105/15069/01-02-03-04-05-06-07-08-09

17070A004001970000WR

Polígono 4, parcela 197

18/105/15069/01-02-03-04-05-06-07-08-09

15070A004001980000WD

Polígono 4, parcela 198

Pontedeume, 11 de abril de 2019

Bernardo Fernández Piñeiro
Alcalde