Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21710

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de monitor deportivo.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 97, do 29 de abril de 2019, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover unha praza de monitor deportivo para o Concello de San Cibrao das Viñas, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo, a través do proceso selectivo de oposición libre e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

San Cibrao das Viñas, 30 de abril de 2019

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde