Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21711

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO dos convenios urbanísticos relativos aos sectores de solo urbanizable números 1, 7, 22 e 23 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo.

O Concello de Sanxenxo subscribiu os seguintes convenios urbanísticos coa finalidade de modificar a ordenación dos sectores de solo urbanizable números 1, 7, 22 e 23 do Plan xeral de ordenación municipal:

– Convenio urbanístico de planeamento e para a execución deste, referido ao sector de solo urbanizable número 1 do PXOM, asinado o día 7 de marzo de 2019 entre o Concello de Sanxenxo e a Xunta de Compensación do SU 1.

O texto íntegro do convenio e a súa documentación gráfica poden consultarse na sede electrónica do Concello de Sanxenxo: http://sede.sanxenxo.es, introducindo o seguinte CSV: YS70R0Q64YXGU2H8.

– Convenio urbanístico de planeamento e para a execución deste, referido ao sector de solo urbanizable número 7 do PXOM, asinado o día 1 de marzo de 2019 entre o Concello de Sanxenxo e Aitor Castro Casas, Promociones y Gestiones del Tambre, S.L., Aries Real, S.L. e CPI Proyectos, S.L.

O texto íntegro do convenio e a súa documentación gráfica poden consultarse na sede electrónica do Concello de Sanxenxo: http://sede.sanxenxo.es, introducindo o seguinte CSV: 0UF876BMMBRPDKA0.

– Convenio urbanístico de planeamento e para a execución deste, referido ao sector de solo urbanizable número 22 do PXOM, asinado o día 20 de marzo de 2019 entre o Concello de Sanxenxo e a Xunta de Compensación do SU 22.

O texto íntegro do convenio e a súa documentación gráfica poden consultarse na sede electrónica do Concello de Sanxenxo: http://sede.sanxenxo.es, introducindo o seguinte CSV: WKWX5JXZR5Y5RBF3.

– Convenio urbanístico de execución do planeamento referido ao sector de solo urbanizable número 23 do PXOM, asinado o día 1 de marzo de 2019 entre o Concello de Sanxenxo e a sociedade Urbanización de Playa Major, S.L.

O texto íntegro do convenio e a súa documentación gráfica poden consultarse na sede electrónica do Concello de Sanxenxo: http://sede.sanxenxo.es, introducindo o seguinte CSV: ZOZUID6D8MDG8REA.

De conformidade co establecido no artigo 168 da Lei do solo de Galicia, expóñense os expedientes a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia.

Sanxenxo, 9 de abril de 2019

Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde presidente accidental