Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 21894

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2019 pola que se convoca un curso para o persoal integrante do Comité de intervención sobre o acoso laboral.

De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,

RESOLVO:

Convocar o curso que figura no anexo II, que deberá desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos do persoal participante

Poderán participar nesta acción formativa convocada nesta resolución o persoal integrante, tanto titular como suplente, do Comité de intervención sobre o acoso laboral que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Segunda. Desenvolvemento da actividade de formación

A actividade formativa realizarase cos requirimentos, a duración e as condicións que para esta actividade se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento da actividade, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal

Terceira. Requisitos para a realización da actividade formativa

Poderá participar nesta actividade formativa o persoal a que se refire a base primeira desta resolución. Este persoal terá que entrar na zona de matrícula da EGAP no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula e rexistrar unha conta, no caso de non estar xa rexistrado, o día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Unha vez estea rexistrada, matricularase na actividade de referencia.

As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo electrónico xestion.egap@xunta.gal

Cuarta. Criterios de selección

Será seleccionado o persoal integrante, tanto titular como suplente, do Comité de intervención sobre o acoso laboral.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar no dito curso.

Sexta. A renuncia e asistencia

A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/as responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

c) As persoas que incumpran o previsto nas letras a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

a) Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

b) Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

Para poder superar a actividade de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final dela e cumprir coa asistencia requirida.

Oitava. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP e a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza reservan para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza garantirán na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código: CV19026.

Curso: acoso laboral: prevención, detección e reparación.

1. Obxectivos.

Facilitar a formación e ferramentas necesarias ás persoas integrantes do Comité de intervención sobre acoso laboral, técnicas de resolución de conflitos, mediación.

2. Destinatarios/as.

Persoal integrante, tanto titular como suplente, do Comité de intervención sobre o acoso laboral.

3. Desenvolvemento.

Área: coñecementos transversais.

Modalidade: presencial.

Duración: 32 h.

Edicións: unha.

Lugar e datas:

– Santiago de Compostela: Edificio Administrativo San Caetano, sala D, do 13 ao 27 de maio de 2019. Proba final presencial: o día 27 de maio ás 19.00 horas.

Horario: das 16.00 ás 20.00 horas.

Prazas: 30.

4. Contido.

Parte teórica:

1. Aspectos xerais do acoso laboral na empresa ou Administración pública.

2. Medidas de prevención do acoso.

3. Novas tecnoloxías dixitais e condutas de acoso. Boas prácticas antiacoso na negociación colectiva. Xurisprudencia recente sobre acoso.

4. Aspectos procesuais relacionados coa defensa da vítima: vías de defensa.

5. Valoración crítica dalgúns protocolos: o protocolo da Xunta de Galicia.

Parte práctica:

1. Perfil das persoas susceptibles de sufrir acoso laboral.

2. O papel das testemuñas do acoso.

3. Tácticas de acoso en función do xénero da persoa que o exerce.

4. Ferramentas para a valoración do acoso laboral:

1.1. Avaliación a través de cuestionarios.

1.2. Avaliación a través de entrevistas.

1.2.1. Tipo de entrevista: formato, requisitos técnicos, contido.

1.2.2. Adestramento en técnicas de entrevista.

1.2.3. Técnicas para favorecer a colaboración e xeración dun ambiente non danoso para a saúde.

1.2.4. Dificultades coas vítimas que presentan falta de colaboración.

1.3. Estudo da documentación.

5. Dano derivado do acoso psicolóxico: a nivel persoal, laboral e social.

6. Valoración do dano e establecemento da relación causal (estudo da simulación).