Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22680

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2019, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, nas categorías 14 (bombeiro/a forestal), 14A (bombeiro/a forestal condutor), 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais) e 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais), correspondentes ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 182, do 25 de setembro), pola que se fan públicas a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 25 de abril de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de decembro de 2018 (DOG núm. 4, do 7 de xaneiro), modificada polas ordes do 7 de febreiro de 2019 (DOG núm. 33, do 15 de febreiro), 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo) e 8 de abril de 2019 (DOG núm. 75, do 17 de abril), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.1. da convocatoria, que o primeiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 1 de xuño de 2019 e que o lugar de realización será no salón de actos da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en chamamento único para cada categoría profesional, que se destribuirá como se detalla a continuación:

Grupo e categoría profesional

Hora de chamamento

10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais)

9.00 horas

10C (emisorista de defensa contra incendios forestais)

11.30 horas

14 (bombeiro/a forestal)

16.00 horas

14A (bombeiro/a forestal condutor)

18.30 horas

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2019

Ángel Romero Baleirón
Presidente do tribunal