Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 23803

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 9 de maio de 2019 das axudas convocadas pola Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Mediante a Orde do 28 de decembro de 2018 (DOG núm. 22, do 31 de xaneiro de 2019) da Consellería de Política Social publicáronse as bases reguladoras das axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

De conformidade co artigo 13 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social.

Así mesmo, o artigo 14 da mesma orde, establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 9 de maio de 2019, ditada no procedemento BS420A, de concesión de axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a resolución do 9 maio de 2019 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte da publicación para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 9 de maio de 2019 ditada no procedemento BS420A de concesión de axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación de conformidade co disposto no artigo 10 da Orde do 28 de decembro de 2018, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás entidades que se relacionan no anexo I as axudas convocadas na dita orde de convocatoria con base nos artigos 3 e 4 e como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración previstos no artigo 12 das bases reguladoras, por un importe total de 3.460.152,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.481.3.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 28 de decembro de 2018 e, especialmente, ás establecidas no artigo 17.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 18 da convocatoria.

Así mesmo, o pagamento das axudas realizáranse de acordo co previsto no artigo 19 da mesma convocatoria.

Segundo. Relacionar no anexo II as solicitudes que non poden se atendidas por terse esgotado o crédito orzamentario e que quedan en reserva para ser atendidas no caso de que quedase crédito libre, ben por producirse algunha renuncia ou ben por incremento de crédito orzamentario destinado a esta subvención, sempre que como consecuencia desta circunstancia se teña liberado crédito suficiente para a correspondente concesión.

Terceiro. Denegar e/ou inadmitir as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa concreta que motivou a denegación ou inadmisión.

Cuarto. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2019

A conselleira de Política Social
P.D. (Artigo 13 da Orde do 27.6.2018; DOG núm. 131, do 10.7.2018)
Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO I

Axudas concedidas

Solicitante

Total axuda

Escola Infantil

Entidade

Nº exp.

Nome

CIF

Nome

Concello

16

EI Didascalio Niño Jesús

G15390636

Fundación Raiola

Betanzos

78.316,00€

5

EI Escolas Populares Gratuitas

G15043771

Fundación Escolas Populares

Gratuítas

Coruña, A

92.150,00 €

1

EI Jorge Juan Perlío

F15130958

Colexio Jorge Juan Perlío S.C.G.

Fene

41.014,00 €

23

EI ABC

F15471956

ABC Sociedade Cooperativa Galega

Ferrol

78.316,00 €

7

EI Aloha

G15867153

Asociación Educativa Aloha

Ferrol

33.108,00 €

25

EI Chip Chop

F70082987

EI Chip Chop S. Coop. G.

Ferrol

78.316,00 €

8

EI La Salle

R1500082A

Colexio La Salle Hnos EE Cristianas

Ferrol

78.316,00 €

10

EI Ludy

F15696917

Colexio Ludy, S.C.G.

Ferrol

41.014,00 €

35

EI Os Meniños

F15803497

Os Meniños Sociedade Cooperativa Galega

Ferrol

41.014,00 €

40/2

EI San Rosendo

G70458393

Asociación Educativa Cativos

Ferrol

78.316,00 €

34

EI Fany

F70281365

Dimafa, S.C.G.

Narón

61.521,00 €

6

EI O Parque

G70489422

Asociación Socioeducativa O Parque

Porto do Son

41.014,00 €

22

EI Casa do Neno

R1500056E

Patronato Casa do Neno

Santiago de C.

117.474,00 €

43

EI Cativos de Conxo

G70569710

Asociación Educativa Conxo

Santiago de C.

21.161,38 €

40/1

EI Cativos Restollal

G70458393

Asociación Educativa Cativos

Santiago de C.

61.251,00 €

29

EI Rubido Romero

G70398094

Asociación Educativa Antares

Santiago de C.

78.316,00 €

39

EI San Pelayo

R1500028D

MM Benedictinas

Santiago de C.

16.554,00 €

41

EI Xardín da Infancia Raiola

G15041601

APA Xardín Infancia Raiola

Santiago de C.

61.521,00 €

21

EI X I Santa Marta

G15041478

APA Xardín Infancia Santa Marta

Santiago de C.

41.014,00 €

38

EI Bugs Bunny

G27251545

Asociación Psicopedagóxica Bugs Bunny

Sarria

41.014,00 €

2

EI Pumuky

G27388412

Asociación Educativo-Social Pumuky

Sarria

41.014,00 €

20

EI María Ana

F32022824

Sagrado Corazón de Celanova, S.C.G.

Celanova

41.014,00 €

15

EI Nosa Sª de Fátima

R3200019B

HH Caridad San Vicente Paúl-Nª Sª de Fátima

Rúa, A

20.507,00 €

36/2

EI Tranvía II

G36388734

Asociación Educativa Tranvía

Bueu

78.316,00 €

45

EI San Fermín

R3600127I

Colexio San Fermín PP Somascos

Caldas Reis

20.507,00 €

4

EI Eduardo Pondal

G94070497

Asociación Educativa Eduardo Pondal

Cangas

78.316,00 €

26

EI Elfos

G36348431

Asociación Educativa Elfos

Estrada, A

41.014,00 €

13

EI San José

R3600121B

Cogregación Misioneras María Mediadora

Gondomar

186.400,00 €

24

EI Nosa Sª do Carme

R3600095H

FF da Caridade de San Vicente Paul

Grove, O

41.014,00 €

28

EI Colexio PP Somascos

G47660345

Fundación Educere

Guarda, A

16.554,00 €

12

EI Sonrisas y Lágrimas

R3600078D

HH de la Caridad de San Vicente Paul

Illa de Arousa

78.316,00 €

19/3

EI Dalila Ponteporto 1

G36349363

Asociación Educativa Dalila

Marín

117.474,00 €

19/4

EI Dalila Ponteporto 2

G36349363

Asociación Educativa Dalila

Marín

41.014,00 €

19/1

EI Dalila Tiro Naval Janer

G36349363

Asociación Educativa Dalila

Marín

41.014,00 €

19/2

EI Dalila Fragata Villa de Madrid

G36349363

Asociación Educativa Dalila

Moaña

78.316,00 €

19/5

EI Dalila Reibón

G36349363

Asociación Educativa Dalila

Moaña

117.474,00 €

27

EI Saíñas

G36595247

Asociación Educativa Monte Saíñas

Poio

117.474,00 €

37

EI Pipo-Pontevedra

G36213718

Asociación GL Pipo

Pontevedra

117.474,00 €

18

EI Abrente

G94062015

Asociación Iniciativa Social Abrente

Sanxenxo

97.895,00 €

14

EI María Inmaculada

G36261899

Fundación Mª Seoane Colmeiro

Silleda

61.521,00 €

3

EI Santiago Apóstol

G94062486

Asociación Educativa Santiago Apóstol

Soutomaior

149.120,00 €

32

EI Angel de la Guarda

G36771459

Asociación Educativa Angel de la Guarda

Vigo

78.316,00 €

11

EI Atalaia Cantabria

G36873990

APA Colexio Atalaia Cantabria

Vigo

117.474,00 €

30

Escola Infantil de Cáritas

R3600368I

Cáritas Diocesana de Tui-Vigo

Vigo

78.316,00 €

17

EI Panxoliñas

F27777630

Panxoliñas, S.C.G.

Vigo

59.074,51 €

9

EI Pasiño a Pasiño

G36783553

Asociación Educativa Pasiño a Pasiño

Vigo

41.014,00 €

33

EI San Nicolás

G36822567

Asociación Educativa San Nicolás

Vigo

204.159,11 €

31

EI Santa Isabel

R0800086A

Congregación Siervas de la Pasión

Vigo

78.316,00 €

44

EI Santo Tomé de Freixeiro

G36766574

Asociación G Santo Tomé de Freixeiro

Vigo

41.014,00 €

ANEXO II

Solicitudes en reserva

Nº exp.

Escola infantil

CIF

Entidade titular

Concello

42

EI EDAI Río do Pozo

G15821499

Fundación Parque Científico Tecnolóxico Río do Pozo

Narón

ANEXO III

Solicitudes inadmitidas/denegadas

Nº exp.

Escola infantil

CIF

Entidade titular

Concello

Causa de indadmisión/denegación

46

EI Arlequín

44488196D

Samanta Gil Paz

Ourense

Figura inscrita como entidade privada con ánimo de lucro

36/1

EI Tranvía I

G36388734

Asociación Educativa Tranvía

Bueu

No momento da comprobación material do funcionamento do centro este estaba en situación de cese de actividades