Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 23808

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 15 de maio de 2019 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada polo Sindicato Español de Pilotos de Líneas Aéreas (SEPLA), o Sindicato Libre de Trabajadores Aéreos (SLTA), o Sindicato FSC Sector Aéreo Estatal-Comisiones Obreras (CC.OO.), o Sindicato Aéreo UGT-PV e da Federación de Servicios de Movilidad y Consumo-Unión General de Trabajadores (FeSMC-UGT Sindicato Sectorial Aéreo), a Federación de Transportes, Comunicaciones y Mar Confederación General de Trabajadores (FeTyC, CGT) e polo Comité de Empresa de Babcock Mission Critical Services Fleet Management, S.A.U.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental dos traballadores en defensa dos seus intereses, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia está condicionada ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma. O artigo 3 deste decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, determinen o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para a fixación do persoal preciso para a súa prestación, oído o comité de folga.

A Lei 3/2007 do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece, no seu artigo 9, que a consellería con competencias en materia forestal definirá épocas de perigo alto, medio e baixo que condicionarán a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia, e que establecerá as datas correspondentes á época de perigo alto. A consellería establece estas épocas de perigo a través do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) 2019:

Época de perigo alto:

Na cal o despregamento dos medios de extinción e alerta deberán ser os máximos, en función da avaliación do risco e a vulnerabilidade. A previsión actual do Pladiga comprende con carácter xeral os meses de xullo, agosto e setembro, máis un período adicional de aproximadamente un mes en función das condicións meteorolóxicas e de risco.

Época de perigo medio:

Na cal os medios de detección e extinción permanecerán en alerta cun despregamento reducido.

A época de perigo medio comprende, con carácter xeral, os meses de febreiro, marzo, abril, maio, xuño e outubro, ben que calquera destes meses pode pasar a formar parte doutra época de perigo distinta cando as circunstancias así o requiran.

A folga comunicada polo Sindicato Español de Pilotos de Líneas Aéreas (SEPLA), o Sindicato Libre de Trabajadores Aéreos (SLTA), o Sindicato FSC Sector Aéreo Estatal-Comisiones Obreras (CC.OO.), o Sindicato Aéreo UGT-PV e da Federación de Servicios de Movilidad y Consumo-Unión General de Trabajadores (FeSMC-UGT Sindicato Sectorial Aéreo), a Federación de Transportes, Comunicaciones y Mar Confederación General de Trabajadores (FeTyC, CGT) e polo Comité de Empresa de Babcock Mission Critical Services Fleet Management, S.A.U., afecta a todas as bases e centros de traballo da Compañía Babcock Mission Critical Services España, S.A.U., en todas as súas bases e centros de traballo. A dita compañía vén prestando os seus servizos á Consellería do Medio Rural a través dos contratos de servizo integrado de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra incendios forestais; do servizo integrado dun helicóptero e técnicos coordinadores con destino á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais; e o servizo integrado de helicópteros, técnicos coordinadores e técnicos analistas con destino á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais.

Por tanto, e debido aos contratos que a Consellería do Medio Rural ten subscritos coa devandita empresa, e sen prexuízo do exercicio do lexítimo dereito de folga, a parada dos servizos neles comprendidos dificultaría poder acometer axeitadamente o servizo esencial de vixilancia e extinción de incendios e garantir a seguridade de persoas e bens.

A folga comunicada afecta a todas as bases e centros de traballo da Compañía Babcock Mission Critical Services España S.A.U., e desenvolverase conforme o establecido no artigo 1.

Os servizos mínimos que se fixan ao abeiro do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, resultan imprescindibles para poder garantir a prestación do servizo público esencial de vixilancia e extinción de incendios e garantir a seguridade.

En virtude do anterior, e de conformidade co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan as normas para garantir a prestación dos servizos esenciais en caso de folga no ámbito da Comunidade Autónoma, oído o comité de folga,

ACORDO:

Artigo 1

A folga convocada polo Sindicato Español de Pilotos de Líneas Aérea (SEPLA) para os días 18 a 23 de maio e 27 a 30 de maio de 2019 das 00.00 horas ás 24.00 horas; polo Sindicato Libre de Trabajadores Aéreos (SLTA), polo Sindicato FSC Sector Aéreo Estatal-Comisiones Obreras (CC.OO.), polo Sindicato Aéreo UGT-PV e da Federación de Servicios de Movilidad y Consumo -Unión General de Trabajadores (FeSMC-UGT Sindicato Sectorial Aéreo) e pola Federación de Transportes, Comunicaciones y Mar Confederación General de Trabajadores (FeTyC, CGT) para os días 20, 22, 24, 27, 29 e 31 de maio de 2019 das 10.00 horas ás 12.00 horas, os días 3, 5 , 7, 10, 12, 14, 17,19, 21, 26 e 28 de xuño de 2019 das 10.00 horas ás 12.00 horas e das 16.00 horas ás 18.00 horas, e desde o mes de xullo en diante de xeito indefinido durante os luns, martes e venres de cada mes das 00.00 horas ás 24.00 horas; e a convocada polo Comité de Empresa de Babcock Mission Critical Services Fleet Management, S.A.U. para os días 17, 20, 21, 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de maio de 2019 das 00.00 horas ás 24.00 horas, os días 3, 4, 5, 6, 10, 11, 12, 13, 17, 18, 19, 25, 26 e 27 de xuño de 2019 das 00.00 horas ás 24.00 horas e durante os días 1, 2, 3 e 4 de xullo de 2019 das 00.00 horas ás 24.00 horas que afecta a totalidade do persoal da empresa Babcock Mission Critical Services España, S.A.U., entenderase condicionada á prestación dos servizos mínimos establecidos nesta orde.

Artigo 2

Establécense como servizos mínimos durante os días e horas de folga a que fai referencia o artigo anterior os que se relacionan no anexo I da presente orde.

Artigo 3

A determinación dos efectivos necesarios e a designación nominal do persoal que deberá cubrir os servizos será realizada pola dirección da empresa.

Artigo 4

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para manter a prestación dos devanditos servizos considéranse ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo.

Artigo 5

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2019

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO

Servizos mínimos

a) Ata o 31 de maio consideranse necesarios os medios aéreos despregados nas bases de:

• Silleda extinción.

• Silleda coordinación.

• Toén.

• Lomba (Santa Comba).

• Portomarín.

O persoal asignado por quenda en cada base será o seguinte:

Base Silleda coordinación

1 piloto

1 tma

2 técnicos coordinadores

Base Silleda incendios hc. medio

1 piloto

1 copiloto

1 tma

11 brigadistas (10 voo+1 emisorista)

Base Toén incendios hc. pesado

1 piloto

1 copiloto

1 tma

17 brigadistas (16 voo+1 emisorista)

Base Lomba incendios hc. lixeiro

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base Portomarín incendios hc. lixeiro

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

b) Ata o 30 de xuño consideranse necesarios os seguintes medios aéreos:

Base Silleda coordinación

1 piloto

1 tma

2 técnicos coordinadores

Base Silleda incendios hc. lixeiro

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base Toén incendios hc. lixeiro

1 piloto

1 tma

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

En todo caso, dependendo das condicións meteorolóxicas e da actividade incendiaria, é posible que sexa necesario incrementar este despregamento, ou mesmo adiantar a declaración do período de alto risco.

c) Durante os meses de alto risco (xullo, agosto e setembro como mínimo) considérase necesario o despregamento de helicópteros nas seguintes bases:

A Coruña

Base aérea Castromaior

Base aérea Lomba

Lugo

Base aérea Becerreá

Base aérea Marroxo

Base aérea Portomarín

Ourense

Base aérea Toén

Base aérea Río

Base aérea Vilamaior

Base aérea Xurés

Base aérea O Barco

Pontevedra

Base aérea Silleda

Base aérea Queimadelos

Base aérea Campiño

Coa seguinte relación de medios humanos:

Helicópteros coordinación campaña 2019

Base 1 coordinación

1 piloto

1 tma

1 técnico coordinador

1 técnico analista

Base 2 coordinación

1 piloto

1 tma

1 técnico coordinador

1 técnico analista

Helicópteros tipo medio campaña 2019

Base 1 hc. tipo medio

1 piloto

1 copiloto

1 tma

11 brigadistas (10 voo+1 emisorista)

Base 2 hc. tipo medio

1 piloto

1 copiloto

1 tma

11 brigadistas (10 voo+1 emisorista)

Base 3 hc. tipo medio

1 piloto

1 copiloto

1 tma

11 brigadistas (10 voo+1 emisorista)

Base 4 hc. tipo medio

1 piloto

1 copiloto

1 TMA

11 brigadistas (10 voo+1 emisorista)

Base 5 hc. tipo medio

1 piloto

1 copiloto

1 TMA

11 brigadistas (10 voo+1 emisorista)

Helicópteros tipo lixeiro campaña 2019

Base 1 hc. tipo lixeiro

1 piloto

1 TMA

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base 2 hc. tipo lixeiro

1 piloto

1 TMA

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base 3 hc. tipo lixeiro

1 piloto

1 TMA

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base 4 hc. tipo lixeiro

1 piloto

1 TMA

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base 5 hc. tipo lixeiro

1 piloto

1 TMA

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base 6 hc. tipo lixeiro

1 piloto

1 TMA

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base 7 hc. tipo lixeiro

1 piloto

1 TMA

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)

Base 8 hc. tipo lixeiro

1 piloto

1 TMA

6 brigadistas (5 voo+1 emisorista)