Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 23799

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 6 de maio de 2019, das axudas convocadas na Orde do 17 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018, 2019, 2020 e 2021.

Mediante a Orde do 17 de xullo de 2018 (DOG núm. 146, do 1 de agosto) publicáronse as bases reguladoras das axudas da Consellería de Política Social para a posta en marcha de casas niño e a convocatoria para o ano 2018.

De conformidade co artigo 16 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, corresponde, por delegación, á directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social.

Así mesmo, o artigo 17 da mesma orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 6 de maio de 2019, ditada no procedemento BS403C, de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020), que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 6 de maio de 2019 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as persoas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da publicación para a súa aceptación e, transcorrido este sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 6 de maio de 2019 ditada no procedemento BS403C de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020)

Unha vez ditadas as correspondentes resolucións de aceptación das renuncias presentadas polas persoas beneficiarias da axuda para a posta en marcha dunha casa niño nos concellos de Vilasantar e Petín respectivamente, e vista a proposta de resolución emitida pola Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación con base no disposto no artigo 14.6 e 14.9 da Orde do 17 de xullo de 2018, pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño e se convocan para o ano 2018 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020), e fiscalizada esta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo e que figuraban en reserva na Resolución do 28 de decembro de 2018 (DOG núm. 24, do 4 de febreiro de 2019), as axudas convocadas con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312B.770.0, con base na aplicación do disposto no artigo 14.6 e 14.9 da orde de convocatoria.

Esta axuda pública está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, en particular:

Obxectivo temático 10: Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente.

Prioridade de investimento 10.5-Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente, mediante o desenvolvemento das infraestruturas en educación e formación.

Obxectivo específico 10.5.1-Mellorar as infraestruturas de educación e formación.

Actuación 10.5.1.4b-Axudas ao investimento en centros de atención á primeira infancia de 0-3 anos e casas niño.

Categoría de intervención CE052-Infraestruturas para a atención e a educación da primeira infancia.

O que exixe o cumprimento da normativa aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e o Regulamento (UE) nº 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a Orde HPF/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

A concesión desta axuda supón que o beneficiario acepta ser incluído na lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Así mesmo, o beneficiario deberá cumprir os requisitos de publicación e comunicación en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do devandito Regulamento (UE) nº 1303/2013.

O método aplicado para determinar o importe subvencionable e o importe da subvención é o de custos reais.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 17 de xullo de 2018.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 21 da orde de convocatoria.

Coa solicitude de pagamento a persoa beneficiaria deberá informar sobre o nivel de logro dos indicadores de produtividade asociados a esta convocatoria de axudas.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 22 da Orde do 17 de xullo de 2018.

Segundo. As persoas beneficiarias disporán dun prazo de 2 meses contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para achegar a documentación prevista nas letras m) a q) do artigo 11.1, no caso de que non fose achegada coa solicitude, así como para acreditar o acondicionamento do inmoble de acordo co establecido no artigo 4.1.c) da Orde do 17 de xullo de 2018.

Terceiro. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2019

A conselleira de Política Social
P.D. (Artigo 16 da Orde do 17.7.2018; DOG núm. 146, do 1.8.2018)
Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Axudas concedidas

Nº exp.

Solicitante

NIF

Nome da casa niño

Concello

Provincia

Puntuación

Importe investimento

Importe prima anos 2019, 2020 e 2021

22

Noemí González Pérez

44478840Z

A Raíz

Xunqueira de Espadanedo

Ourense

87,50

15.000 €

49.000 €

8

Antía Fernández Vázquez

44655243F

Agarimo

Montederramo

Ourense

82,50

15.000 €

49.000 €