Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26187

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

XESGALICIA SGEIC, S.A.U.

ANUNCIO da convocatoria dun posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a de seguimento de participadas).

O Consello de Administración de Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., en relación coa contratación dunha persoa para dar cobertura ao posto de director/a de seguimento de participadas, adoptou os seguintes

ACORDOS:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura do posto que se indica no anexo I deste anuncio. O/a director/a de seguimento de participadas depende orgánica e funcionalmente do/da director/a xeral.

Segundo. Aprobar as bases polas cales se rexerá o proceso de selección, que se inclúen no anexo II.

Para participaren nesta convocatoria, os/as candidatos/as utilizarán o modelo de solicitude que se inclúe no anexo III.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral de Xesgalicia SGEIC, S.A.U.

ANEXO I

Denominación do posto: director/a de seguimento de participadas.

Dependencia: Xesgalicia SGEIC, S.A.U.

Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: concurso (persoal directivo, ao abeiro do artigo 110 da Lei 16/2010, do 17 de decembro).

Directivo do grupo 3, nivel 2.

Tipo de persoal: persoal directivo (relación laboral de carácter especial: persoal de alta dirección).

ANEXO II

Bases reguladoras da convocatoria da selección para o posto de director/a
de seguimento de participadas de Xesgalicia SGEIC, S.A.U.

1. Obxecto da convocatoria.

Esta convocatoria ten por obxecto a cobertura do posto de director/a de seguimento de participadas de Xesgalicia SGEIC, S.A.U. (en diante, Xesgalicia).

2. Vínculo.

O vínculo da persoa seleccionada formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección; no artigo 17 do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

O/a director/a estará suxeito/a ao réxime de incompatibilidades de acordo co establecido no artigo 2.1.h) da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Entre outros:

• Non poderá compatibilizar a súa actividade pública co desempeño, por si mesmo ou mediante substitución de persoa interposta, de calquera outro posto, profesión ou actividade, públicos ou privados, por conta propia ou allea.

• Durante os dous anos seguintes á data do seu cesamento, non poderá realizar actividades privadas relacionadas con expedientes sobre os cales ditase resolución no exercicio do seu cargo, nin asinar contratos de asistencia técnica, de servizos ou similares coas administracións públicas. A aplicación deste pacto de non concorrencia (regulado no artigo 8 do Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto) xustifícase por razóns de confidencialidade e implicará unha compensación económica adecuada ao/á director/a seleccionado/a.

3. Funcións do/a director/a.

Son funcións propias do/a director/a de seguimento de participadas, sen carácter exhaustivo, as seguintes:

• Exercicio das facultades de representación e actuación que lle sexan outorgadas.

• Planificar, organizar, dirixir e controlar a metodoloxía de traballo das unidades ao seu cargo, enfocadas a realizar un seguimento óptimo da carteira de participadas.

• Definir as políticas xerais de seguimento de empresas participadas e/ou investidas.

• Definir indicadores de xestión que permitan monitorizar a evolución das sociedades en carteira e realizar o seguimento dos resultados obtidos.

• Establecer medidas de prevención por incumprimento ao pagamento dos créditos outorgados, propoñendo que se apliquen as accións que se consideren oportunas para a recuperación das posicións atrasadas.

• Monitorizar, xunto coa Asesoría Xurídica, os resultados de procesos xudiciais vinculados á recuperación de créditos.

• Xerar reportings e informes dos resultados da súa xestión.

• Soporte e asesoramento ás demais áreas dentro da entidade en materias relacionadas coas súas funcións e dentro da súa categoría.

4. Requisitos dos/das aspirantes.

Os/as aspirantes deben reunir os requisitos seguintes:

a) Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado sempre que se cumpran os requisitos do artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.

b) Non padecer enfermidade nin estar afectados por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións correspondentes.

c) Ter cumpridos os dezaseis anos.

d) Non ter sido separado do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para emprego ou cargos públicos por resolución xudicial, para exercer funcións similares ás que desempeñaba, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, deberase acreditar tamén non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, e nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

e) Estar en posesión dunha titulación superior universitaria de licenciatura ou grao en Economía, Empresariais ou Administración e Dirección de Empresas. No caso de equivalencia ou homologación, deberase xustificar con certificado expedido polo organismo competente para establecela.

f) Ser representante de, polo menos, dunha xestora de entidades de investimento colectivo de tipo pechado (SXEIC) ou dunha sociedade de capital risco (SCR) nos órganos de administración de polo menos unha empresa participada pola propia SCR ou por algún vehículo de investimento recollido dentro da Lei 22/2014 cuxa xestión fose encomendada á SXEIC.

g) Ocupar, durante polo menos dous (2) anos (24 meses), un posto de dirección dunha SXEIC e/ou SCR relacionado coas áreas de investimento e/ou seguimento de participadas.

Estes requisitos deberanse cumprir tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.

5. Solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse nos rexistros e oficinas previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, deberase remitir por correo electrónico ao enderezo xesgalicia@xesgalicia.org, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, unha copia da solicitude rexistrada.

A solicitude deberá reunir todos os datos de identificación requiridos.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras e, segundo o establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, implicará a autorización de Xesgalicia SGEIC, S.A.U. para comprobar os datos de carácter persoal que figuren no documento DNI/NIE da persoa que teña a condición de interesada, por medio do acceso telemático ao servizo horizontal de acceso ao Sistema de verificación de datos de identidade e de residencia do Ministerio de Administracións Públicas. Con todo, o/a solicitante poderá denegar expresamente o consentimento. Neste caso, deberá presentar coa solicitude unha copia cotexada do documento de identidade en vigor.

Os/as aspirantes deberán presentar, coa solicitude, os seguintes documentos:

1. Copia cotexada do título universitario exixido ou certificación académica que acredite a realización dos estudos para a obtención do título ou, de ser o caso, documento que acredite fielmente a posesión do título académico.

2. Un orixinal, copia cotexada ou copia con código electrónico de autenticidade (código CEA) do informe de vida laboral ou do certificado de aboamento de cotas ao réxime de autónomos cando se alegan servizos profesionais por conta propia. A experiencia profesional xustificarase, ademais, con calquera outro documento que permita acreditar a experiencia reflectida na declaración responsable, como contratos de traballo por conta allea ou propia, acta de toma de posesión de cargos públicos ou funcionario público, certificado de tarefas, etc.

3. Coa solicitude deberase relacionar de forma individualizada cada un dos méritos que se aleguen e presentar a documentación acreditativa para a súa valoración (cursos, máster, doutoramento...) mediante a presentación de fotocopia cotexada dos títulos ou certificados correspondentes á especialización, doutoramento, máster ou posgrao nos ámbitos establecidos, así como ás actividades formativas.

O coñecemento de idiomas xustificarase mediante a presentación de fotocopia cotexada dos correspondentes certificados ou documentos acreditativos.

4. As persoas aspirantes deberán presentar un documento que conteña unha presentación en power point (ou formato similar) cunha proposta de organización interna da área de seguimento de participadas de Xesgalicia, en soporte papel e en formato electrónico, tendo en conta que o tempo de exposición posterior non poderá superar os quince (15) minutos. O documento deberá seguir, como mínimo, os contidos expresados no anexo IV.

O domicilio que figure na solicitude considerarase como o único válido para os efectos das notificacións e serán responsabilidade do/a aspirante tanto os erros na súa consignación coma a comunicación de calquera cambio.

O prazo para a presentación de solicitudes terminará o décimo día hábil, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

6. Admisión de aspirantes.

Tras a finalización do prazo de presentación das solicitudes de participación, Xesgalicia revisará as solicitudes e aprobará as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as, con indicación das causas de exclusión. As listas provisionais publicaranse na páxina web de Xesgalicia.

As persoas interesadas dispoñerán dun prazo de tres (3) días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentaren as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución pola cal se aproban as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas. Esta resolución farase pública na páxina web de Xesgalicia.

Todas as publicacións referidas a esta convocatoria se farán, ademais, no taboleiro de anuncios situado na planta baixa da sede social de Xesgalicia, situada na rúa Ourense, nº 6, 15701 Santiago de Compostela.

Esta sociedade, en cumprimento do Regulamento xeral europeo UE 2016-679 DOUE, custodiará e tratará a documentación recibida de forma confidencial e unicamente co obxecto de valorar as candidaturas presentadas, e non se almacenará por ningunha vía, ficheiro ou medio, nin será cedida, en todo ou en parte, a terceiras persoas ou entidades.

7. Tribunal de selección.

O tribunal de selección será nomeado polo Consello de Administración de Xesgalicia e será constituído unha vez publicada na web de Xesgalicia a relación definitiva de aspirantes.

O tribunal estará constituído por tres membros, que deberán posuír unha titulación académica de igual ou superior nivel á solicitada como requisito aos aspirantes, e estará composto por:

– 1 presidente.

– 1 secretario.

– 1 vogal.

Serán de aplicación a este órgano as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección, aprobadas mediante a Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 11 de abril de 2007, e no Acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

Correspóndenlle ao tribunal as funcións relativas á cualificación dos aspirantes e a adopción, en xeral, de cantas medidas sexan precisas para o desenvolvemento correcto das probas selectivas e a resolución de incidencias, polo que non se poderá disolver ata a correspondente sinatura do contrato do aspirante que resulte seleccionado/a.

Así mesmo, o tribunal deberá resolver todas as dúbidas que poidan xurdir, así como as situacións derivadas daqueles casos non recollidos nesta convocatoria, axustándose, en todo momento, á normativa de aplicación.

O tribunal de selección deberá contar coa presenza de todos os membros. Os acordos do tribunal adoptaranse por maioría simple de votos, e o/a presidente tera, en caso de empate, voto de calidade.

De cada reunión, o/a secretario/a do tribunal redactará unha acta onde recolla os membros presentes, o lugar e data, o resultado das probas e cantos detalles sexan necesarios para acreditar o contido da sesión.

O tribunal terá a súa sede, para os efectos de notificación e incidencias en Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión Colectiva de Tipo Cerrado, S.A.U., na rúa Ourense, nº 6, 15701 Santiago de Compostela, onde se atenderán cantas cuestións sexan formuladas en relación co proceso selectivo.

O tribunal poderá solicitar o asesoramento de especialistas nas materias obxecto das probas desta convocatoria, que terán voz pero non voto.

8. Procedemento selectivo.

Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos exixidos, a selección será efectuada polo procedemento de concurso, que constará de dúas fases e consistirá na valoración dos méritos alegados e acreditados polos/as aspirantes, que se puntuarán de acordo co seguinte baremo, cuxa puntuación máxima é de 100 puntos.

1ª fase. Baremación dos méritos alegados

A primeira fase consistirá na valoración dos méritos alegados polos aspirantes, que se puntuarán de acordo co seguinte baremo e cuxa puntuación máxima será de 55 puntos conforme a seguinte distribución:

1.1. Formación. Puntuación máxima de 20 puntos.

Por formación valoraranse os cursos, másteres ou posgraos, todos eles impartidos por centros oficiais de titularidade pública ou privada e relacionados coas funcións do posto que se vai cubrir, ata un máximo de 20 puntos, coa seguinte baremación:

Duración (D)

Puntuación

D ≥ 1.000 horas

14

500 ≤ D < 1.000 horas

10

100 ≤ D < 500 horas

6

20 ≤ D < 100 horas

2

D < 20

0

1.2. Experiencia. Corresponde a esta parte a puntuación máxima de 30 puntos.

Valorarase o tempo de experiencia en postos con tarefas relacionadas coas funcións do posto que se vai cubrir. Valoración:

Outorgaranse 0,2 puntos por mes de experiencia acreditada, puntuable a partir do mes 24 (non incluído).

1.3. Formación acreditada en coñecemento de inglés. Corresponde a esta parte a puntuación máxima de 5 puntos.

Dado que o inglés é o idioma estranxeiro do que máis termos empregará o/a candidato/a seleccionado/a no seu traballo diario e aquel en que xorden as principais novidades tanto no ámbito financeiro en xeral como, máis especificamente, no contorno do capital-risco e o investimento en novas empresas, debido á tradición e importancia destas entidades nos países anglosaxóns, valoraranse os coñecementos que o candidato teña deste idioma en función das certificacións de nivel de inglés presentadas, segundo a seguinte baremación:

 

1 punto

2 puntos

3 puntos

4 puntos

5 puntos

Escola oficial idiomas

N. básico: 2º curso

N. intermedio: 2º curso

N. avanzado: 2º curso

 

U. Cambridge

KET

PET

FCE

CAE

CPE

TOEFL (EE.UU.)

 

45-60/133-170/450-497

61-79/173-210/500-547

80-120/213-247/550-597

-/250-300/600-677

IELTS, British Council

3.0

3.5/4.0/4.5

5.0/5.5/6.0

6.5/7.0

7.5+

Trinity College, London

T. grades 3, 4

T. grades 5, 6

T. grades 7, 8, 9

T. grades 10, 11

T. grades 12

A valoración será a correspondente á certificación que outorgue unha maior puntuación, sen que en ningún caso sexan acumulativas.

1.4. Para acceder á 2ª fase do procedemento selectivo, o/a candidato/a deberá obter, polo menos, unha puntuación agregada de 33 puntos na fase 1ª. Calquera candidato/a cunha puntuación inferior á sinalada, será excluído/a do procedemento de selección.

A relación provisional coas puntuacións obtidas polos/as aspirantes publicarase na páxina web de Xesgalicia. As persoas interesadas dispoñerán dun prazo de tres (3) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación na páxina web, para presentaren as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución mediante a cal se aprobe a lista coas puntuacións definitivas da fase 1ª. Esta resolución farase pública na páxina web de Xesgalicia.

Os/as candidatos/as que superen a primeira fase do procedemento selectivo serán convocados/as, nun prazo máximo de tres (3) días hábiles desde a publicación da lista coas baremaciones definitivas da primeira fase, para a exposición da proposta de organización interna da área de seguimento de participadas de Xesgalicia.

2ª fase. Exposición da presentación da proposta de organización interna da área de seguimento de participadas e entrevista

A segunda fase do proceso selectivo consistirá na exposición do traballo sobre a proposta de organización interna da área de seguimento de participadas de Xesgalicia e a realización dunha entrevista persoal, que se puntuarán de acordo co seguinte baremo, cuxa puntuación máxima será de 45 puntos conforme a seguinte distribución:

2.1. Exposición da proposta de organización interna da área de seguimento de participadas de Xesgalicia.

Os/as aspirantes deberán facer unha exposición oral do documento presentado, cunha duración máxima de 15 minutos. Os/as candidatos/as deberán asistir, así mesmo, cos documentos e follas de traballo (en formato electrónico) que serviron de base para a elaboración da presentación. Tras o tempo de exposición, o tribunal de selección formulará cantas cuestións considere oportunas.

A puntuación máxima correspondente a esta proba é de 35 puntos, e o tribunal empregará os seguintes criterios de valoración:

– Comprensión do negocio de Xesgalicia, da composición da súa carteira e do funcionamento dunha área de seguimento de participadas: ata 5 puntos.

– Nivel de coñecemento sobre a materia obxecto de exposición: ata 5 puntos.

– Valoración das conclusións: ata 5 puntos.

– Capacidade para comunicar conceptos e conclusións, eficacia e claridade na exposición, capacidade crítica e de síntese: ata 5 puntos.

– Calidade do documento de presentación en termos de claridade, contido e estrutura: ata 5 puntos.

– Capacidade de resposta adecuada ás cuestións formuladas: ata 5 puntos.

– Durante a quenda de preguntas da exposición do traballo formularase algunha cuestión en inglés que o/a candidato/a deberá responder no dito idioma: ata 5 puntos.

A data e o lugar establecidos para a exposición e defensa das presentacións serán publicados na web de Xesgalicia con dous (2) días hábiles, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

Os/as candidatos/as deberanse presentar á proba provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

2.2. Entrevista persoal.

A entrevista terá unha duración máxima de trinta (30) minutos e terá carácter persoal, e cada candidato/a será entrevistado/a polo tribunal de forma individualizada ao resto de candidatos/as.

A entrevista ten por finalidade obter un mellor coñecemento do/a candidato/a grazas á comunicación directa que a entrevista proporciona. Ademais, a entrevista permítelle ao/á candidato/a presentarse ante a organización, argumentar a súa experiencia e ter a oportunidade de resolver dúbidas respecto ao posto de traballo a que está a aspirar.

A entrevista terá lugar a continuación da exposición referida no punto anterior e será cualificada, segundo a valía dos/as candidatos/as, de 0 a 1 0 puntos.

9. Cualificación e lista de persoas seleccionadas.

A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das fases.

En caso de empate na puntuación total, dirimirase a favor da persoa que obteña maior puntuación na parte de exposición da presentación.

De persistir o empate, resolverase a favor do/a aspirante que obtivese a maior puntuación na parte de experiencia laboral. Se aínda así persiste o empate, o tribunal resolverá a favor do/da aspirante que obtivese a maior puntuación na entrevista persoal.

Unha vez finalizado o proceso de selección, o tribunal publicará na páxina web a lista provisional das puntuacións obtidas polos aspirantes, con indicación do/da candidato/a seleccionado/a. Concederase un prazo de tres (3) días hábiles desde a publicación para presentar alegacións. Unha vez resoltas, se for o caso, as alegacións presentadas, o tribunal emitirá a proposta de lista definitiva de puntuacións obtidas polos/as aspirantes con indicación do/da candidato/a seleccionado/a. O tribunal elevará esta proposta ao órgano competente da entidade, que ditará resolución pola cal se aprobe a lista definitiva de puntuacións obtidas polos aspirantes, con indicación do/da candidato/a seleccionado/a e o seu nomeamento.

A lista definitiva de aspirantes, ordenados de maior a menor puntuación, conformará a lista de espera. No caso de renuncia, cubrirase o posto co/coa aspirante seguinte da lista de espera. Procederase de igual modo no caso de non superación do período de proba por parte do/a aspirante.

De non se presentar solicitudes, de non cumprir ningunha das rexistradas os requisitos exixidos ou de ser considerado que ningún/ningunha dos/das candidatos/as resulta idóneo/a para o posto, a convocatoria será declarada deserta mediante resolución do tribunal de selección de Xesgalicia que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

10. Formalización do contrato.

A incorporación ao posto de traballo efectuarase dentro dos quince (15) días naturais seguintes ao do requirimento formal por parte de Xesgalicia.

missing image file
missing image file

ANEXO IV

Contido da presentación sobre a organización
da área de seguimento de participadas

Os/as candidatos/as realizarán unha exposición, cunha duración máxima de 15 minutos, na cal expoñan a súa proposta para a organización da área de seguimento de participadas de Xesgalicia, dada a configuración actual de vehículos xestionados e coa información dispoñible nas contas anuais da propia Xesgalicia e nos fondos/sociedades xestionados por ela.

Propóñense a modo de índice os seguintes contidos mínimos para a exposición dos/as candidatos/as verbo de cada unha das dúas entidades:

– Segmentación da carteira dos distintos vehículos xestionados.

– Definición dos principais KPI que cómpre ter en conta para os efectos de análises e evolución da carteira de investimentos, en función da segmentación anterior.

– Definición da asignación interna de seguimento da carteira dentro do equipo de traballo e proposta de coordinación/gobernanza.

– Reporting aos órganos de dirección e administración da evolución e situación actual da carteira de participadas.

– Propostas de implementación.