Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 5 de xuño de 2019 Páx. 27167

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 23 de maio de 2019 pola que se outorgan nomeamentos aos rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para os rexistros vacantes.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 303 convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 4 de abril de 2019 (BOE do 11 de abril) e resolto pola Resolución do 7 de maio de 2019, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 74/2018, do 5 de xullo, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

• María del Pilar Rodríguez Bugallo, rexistradora do Rexistro de Santiago de Compostela núm. 1 para o Mercantil e de bens mobles de Pontevedra III.

• José Luis Pol Domínguez, rexistrador de Ordes para o Rexistro de Arzúa.