Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27656

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 65/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 65/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Dolores González Loureiro contra a empresa Innovis Laboratorios, S.L., sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións, cuxas partes dispositivas se xuntan:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante María Dolores González Loureiro fronte a Innovis Laboratorios, S.L., parte executada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Mariñar Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2019.

Despois de presentar a traballadora María Dolores González Loureiro exixindo o cumprimento por parte do empresario Innovis Laboratorios, S.L. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución da sentenza firme número 304/2018, do 4 de setembro de 2018, ditada por este órgano xudicial no procedemento DSP 272/2018, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

– Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 31 de xullo de 2019, ás 9.25 horas, para a realización da comparecencia.

– A parte executante e o Fogasa entenderanse citados coa notificación da presente resolución ás súas respectivas representacións procesuais.

– Así mesmo, acordo a citación da entidade executada por medio de edictos.

– De non asistir a traballadora ou persoa que a represente, terase por desistida na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, terá lugar o acto sen a súa presenza.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se vai interpor ante quen dita esta resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que, a xuízo do recorrente, contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación e citación en legal forma a Innovis Laboratorios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza