Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28198

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 899/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 899/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco José Fariñas Romay contra a empresa Anpeso Reformas, S.L.U. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, que se achega:

«Resolución

Admito a demanda sobre despedimento formulada pola parte demandante fronte a Anpeso Reformas, S.L.U. e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante efectuado con data 31.10.2018. Ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral na data desta resolución, condenando a demandada ao aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a data desta sentenza, por importe de 9.693,45 euros; (195 días calculados a razón de 49,71 euros/día) e ao aboamento, en concepto de indemnización, da cantidade de 2.050,68 euros. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Anpeso Reformas, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza