Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29412

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo), pola que se fixa a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 12 de xuño de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG número 48, do 8 de marzo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2,

ACORDOU:

Que o segundo exercicio terá lugar o día 6 de xullo de 2019, e que o lugar de realización será o recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra), en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fehaciente acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2019

Dámaso Pérez Vale
Presidente do tribunal