Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29410

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, sobre clasificación do posto de tesouraría como posto reservado a funcionarios de Administración local de habilitación de carácter nacional no Concello de Pontedeume.

O Concello de Pontedeume comunica á Dirección Xeral de Administración Local a creación dun posto de tesouraría e solicita a súa clasificación como posto reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

De acordo co disposto no Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, nas corporacións locais cuxa secretaría estea clasificada en primeira ou segunda clase, existirá un posto de traballo denominado tesouraría, reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional pertencente á subescala de Intervención-Tesouraría, calquera que sexa a súa categoría, ao que corresponderá o desempeño das funcións de tesouraría e recadación.

O expediente tramitado polo Concello axústase ao disposto no citado Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, e ao establecido no artigo 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, polo que, de acordo co informe da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local, procede a súa clasificación.

Polo exposto, e tendo en conta as competencias conferidas polo artigo 15.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e polo artigo 22 do Decreto 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

RESOLVO:

Clasificar o posto de tesouraría do Concello de Pontedeume como posto reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional pertencente á subescala de Intervención-Tesouraría, sen distinción de categoría, que queda da seguinte forma:

Entidade local: Concello de Pontedeume (A Coruña).

Posto: tesouraría.

Subescala: Intervención-Tesouraría.

Forma de provisión: concurso.

Complemento de destino: 28.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, os interesados poderán interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. Así mesmo, a entidade local poderá presentar previamente requirimento no prazo de dous meses conforme o disposto no artigo 44 da dita Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2019

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración local