Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30311

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de citación (PO 210/2019).

PO procedemento ordinario 210/2019

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandantes: José Luis Serantes Suárez

Avogada: Eva María Ojea Pazos

Demandados: Fogasa, Geconsa Espj

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Luis Serantes Suárez contra Fogasa, Geconsa Espj, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 210/2019 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Geconsa Espj, en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 13 de febreiro de 2020, ás 10.40 e 10.45 horas, na secretaría do xulgado e, posteriormente, na planta -1, sala 6, edificio Xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, actos aos cales pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, acudindo con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Geconsa Espj, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 4 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza