Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30309

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (234/2019).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 234/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Rachid Jeddoudi contra a empresa Lares Construcciones y Contratas, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva di como segue:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Rachid Jeddoudi contra a entidade Lares Construcciones y Contratas, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que Rachid Jeddoudi foi obxecto con data do 24 de xaneiro de 2019, e condeno que a entidade Lares Construcciones y Contratas, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución que ascenden a 48,22 € diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 1.326,02 €.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, a devandita cantidade deberá ser aboada, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co nº ES55 0049 3569 92 0005001274 e consignar en concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano) e, se é físicamente, nunha oficina do Banco Santander na conta nº 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións, a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lares Construcciones y Contratas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente resolución para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia de Lares Construcciones y Contratas, S.L.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza