Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2019 Páx. 31249

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifica a Resolución do 5 de marzo de 2019 pola que se fai pública a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias convocado pola Resolución do 4 de decembro de 2018.

Mediante a Resolución do 4 de decembro de 2018 (DOG do 14 de decembro) foi convocado o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, para determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

O artigo 16 da devandita resolución, no seu punto 1, fai referencia aos requisitos, formación e habilitación das persoas que poderán actuar como asesores e avaliadores, e no seu punto 2, á composición das comisións de avaliación, dicindo que estará constituída polo menos por cinco membros, dos que un debe ocupar a presidencia, outro desempeñará o cargo de secretario ou secretaria, e os tres restantes serán vogais. A mesma orde, no artigo 15 establece que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa nomeará as comisións de avaliación necesarias para levar a cabo a convocatoria.

Mediante a Resolución do 5 de marzo de 2019 (DOG do 13 de marzo), tramitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, fíxose pública a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias convocado pola Resolución do 4 de decembro de 2018.

Determinadas circunstancias sobrevidas de índole persoal determinan a modificación da composición de tres comisións de avaliación, polo que esta dirección xeral

DISPÓN:

Nomear a María Soledad González López con DNI 3*25*2*8B como vogal da comisión de avaliación do CS Guía, información e asistencia turísticas con sede no CIFP A Farixa en substitución de María del Pilar Lorenzo Díaz con DNI 3*66*7*7C.

Nomear a María Soledad González López con DNI 3*25*2*8B como vogal da comisión de avaliación do CS Axencias de viaxes e xestión de eventos con sede no CIFP A Farixa en substitución de María del Pilar Lorenzo Díaz con DNI 3*66*7*7C.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa