Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2019 Páx. 31784

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de xaneiro a abril do ano 2019, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 18 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre de 2018 (DOG núm. 25, do 5 de febreiro de 2019), dáse publicidade a unha addenda do convenio de colaboración pendente de publicar subscrita no terceiro cuadrimestre de 2018 e que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2019

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2019

Convenio

Data de sinatura

Importe total do convenio

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Asociación Española para a Economía Enerxética, para a celebración do décimo cuarto congreso da Asociación Española para a Economía Enerxética Transición enerxética, industria e emprego, que se celebrará na cidade da Coruña.

8.1.2019

8.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Editorial Compostela, S.A., editora do xornal El Correo Gallego, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

21.02.2019

16.971,89 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

21.2.2019

23.760,65 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Faro de Vigo, S.A.U., editora do xornal Faro de Vigo, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

21.2.2019

65.907,52 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Editorial La Capital, S.L., editora dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

21.2.2019

10.748,87 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade La Opinión de La Coruña, S.L., editora do xornal La Opinión A Coruña, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

21.2.2019

9.334,54 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade La Región, S.A. editora do xornal La Región, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

21.2.2019

22.346,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Corporación Voz de Galicia, S.L.U., para elaborar e publicar en La Voz de Galicia, información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

21.2.2019

149.069,81 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U. editora do xornal Diario de Pontevedra, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

21.2.2019

11.314,60 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Rías Baixas Comunicación, S.A. editora do xornal Atlántico Diario, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

21.2.2019

2.545,78 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Santa María La Real para a implantación do Proxecto Lanzadeiras de Emprego no marco do proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Fundación Telefónica.

21.2.2019

Non ten aportación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Asociación Galega de Artesáns para a edición e distribución do material no que se utilice a marca Artesanía de Galicia, e para a certificación dos méritos alegados polos solicitantes da carta de artesán, dentro do Programa recoñecemento das actividades artesanais.

2.4.2019

273.870,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Instituto Feiral de Vigo, para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción no recinto feiral Instituto Feiral da cidade de Vigo.

8.4.2019

141.965,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Asociación gallega de organismos de control autorizados ASGOCA, para o desenvolvemento dunha campaña de difusión e concienciación sobre seguridade industrial de Galicia.

22.4.2019

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades do Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) durante o ano 2019.

25.4.2019

18.800,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Associação Empresarial do Alto Támega (ACISAT) para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

29.4.2019

9.828,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM-Alto Minho) para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

29.4.2019

5.690,20 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e o Consello Sindical Interrexional G-NP (CSIr G-NP) para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

29.04.2019

24.508,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e o Instituto do Emprego e Formação Profissional (IEFP, I.P) para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

29.4.2019

6.738,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

29.4.2019

20.714,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

29.4.2019

40.016,10 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Bande para a realización de infraestruturas hidráulicas para o coñecemento das características e potencialidade das augas quentes de Bande (Ourense).

30.4.2019

100.006,50 €

ANEXO II

Convenio

Data de sinatura

Importe total do convenio

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a Fundación ONCE e a Asociación Inserta Empleo para a acreditación da formación impartida no marco do Programa operativo de inclusión social e economía social e do Programa operativo de emprego xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

4.12.2018

Non ten aportación económica