Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2019 Páx. 33468

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de xullo de 2019 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado mediante as ordes do 12 de abril de 2016.

Mediante as ordes do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio) convocáronse os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química.

Os tribunais designados para cualificar os ditos procesos acordaron facer públicas e elevar á Dirección Xeral da Función Pública as relacións de aspirantes que os superaron, mediante resolucións do 25 de setembro de 2018 (DOG número 201, do 22 de outubro) no caso do proceso ordinario, e do 26 de febreiro de 2019 (DOG número 48, do 8 de marzo) no caso do proceso extraordinario de consolidación.

Unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria por parte das persoas aspirantes, e co obxecto de que poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación, pola orde que se relaciona no anexo I, ao acto de elección de destino provisional que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 24 de xullo de 2019, ás 10.00 horas.

Segundo. As persoas aspirantes poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo II desta orde, sempre que reúnan os requisitos exixidos nel.

Os/as aspirantes que pretendan optar aos postos para cuxo desempeño é preciso estar en posesión dun doutoramento ou acreditar experiencia en investigación deberán presentar certificación acreditativa no acto de elección de destino. A dita certificación será expedida pola Secretaría Xeral Técnica da consellería na cal figure adscrita a dita praza.

Os/as aspirantes que figuran no anexo I correspondente ao proceso ordinario terán, en todo caso, preferencia sobre a aspirante do proceso extraordinario de consolidación.

Terceiro. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou doutro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Ás persoas aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Quinto. As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular, reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Nestes supostos deberanse presentar ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Proceso ordinario.

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***5583**

Vázquez Hernández, Manuel

2

***1221**

Ónega Folgueira, Marina

Proceso extraordinario de consolidación.

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***7232**

López Souto, María Dolores

ANEXO II

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro de destino

Concello

Titulación

Formación

1

PEC994020136600007

PE

Técnico/a investigador/a

A1

24

Servizos periféricos

Centro de Investigacións Mariñas Corón, Vilanova de Arousa

Vilanova de Arousa

Experiencia investigadora superior a dous anos en toxicoloxía ou doutor en materias relacionadas co medio mariño (R.I.).

2

PEC994020136600018

3

MAC030000115770016

MA

Xefatura Sección Control Ambiental

A1

25

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

S.X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

4

MAC030040115001006

MA

Posto base subgrupo A1

A1

20

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (A Coruña)

A Coruña

5

MAC030040115001007

MA

Posto base subgrupo A1

A1

20

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (A Coruña)

A Coruña

6

MAC030040115001008

MA

Posto base subgrupo A1

A1

20

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (A Coruña)

A Coruña

7

MR3010050115010037

MR

Xefatura Sección de Investigación IX

A1

25

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

Abegondo

Licenciado/a en Ciencias Químicas//Enxeñaría Agrónoma//Licenciado/a en Biolóxicas//Licenciado/a en Veterinaria

Experiencia en investigación agraria (4 anos) ou doutoramento en materias agrarias (R.I.).

8

MR3010050532400004

MR

Xefatura Sección Enoloxía

A1

25

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro, Ourense)

Leiro

Licenciado/a en Ciencias Químicas//Licenciado/a en Tecnoloxía dos Alimentos//Enxeñaría Agrónoma

Doutoramento en enoloxía (R.I.).

9

MR3010050532400010

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro, Ourense)

Leiro

Licenciado/a en Tecnoloxía dos Alimentos//Licenciado/a en Ciencias Químicas

Experiencia en investigación vitivinícola 2 anos ou doutoramento en materia vitivinícola (R.I.).

10

MR3010050532400011

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro, Ourense)

Leiro

Licenciado/a en Ciencias Químicas//Licenciado/a en Biolóxicas//Licenciado/a en Tecnoloxía dos Alimentos

Experiencia en investigación vitivinícola 2 anos ou doutoramento en materia vitivinícola (R.I.).

11

MR3010050715010004

MR

Responsable de Calidade e Seguridade

A1

26

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo, A Coruña)

Abegondo

Licenciado/a en Ciencias Químicas//Enxeñaría Agrónoma

Experiencia en técnicas analíticas instrumentais (2 anos) (R.I.)//Experiencia en implantación e seguimento da acreditación dun laboratorio de análises químicas segundo as normas internacionais de calidade (EN/ISO17025) (R.I.)

12

MR3010050715010014

MR

Responsable técnico de Análises e Residuos

A1

25

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo, A Coruña)

Abegondo

Licenciado/a en Ciencias Químicas

Experiencia en técnicas analíticas instrumentais (2 anos) (R.I.).

13

MR3010050715010018

MR

Responsable técnico de Análises de Bebidas

A1

25

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo, A Coruña)

Abegondo

Enxeñaría Agrónoma//Licenciado/a en Ciencias Químicas//Licenciado/a en Tecnoloxía dos Alimentos

Experiencia en análises de alimentos (2 anos) (R.I.)//Experiencia en técnicas analíticas instrumentais (2 anos) (R.I.).

14

MR3010050715010022

MR

Responsable Técnico de Análises de Alimentos

A1

22

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo, A Coruña)

Abegondo

Licenciado/a en Tecnoloxía dos Alimentos//Enxeñaría Agrónoma//Licenciado/a en Ciencias Químicas

15

MR3010050715010023

MR

Responsable técnico de Análises de Fertilizantes

A1

22

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo, A Coruña)

Abegondo

Licenciado/a en Ciencias Químicas//Enxeñaría Agrónoma

16

MR3010050715010030

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo, A Coruña)

Abegondo

Experiencia en técnicas analíticas instrumentais (2 anos) (R.I.).

17

MR3010050715010031

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo, A Coruña)

Abegondo

Licenciado/a en Ciencias Químicas//Enxeñaría Agrónoma//Licenciado/a en Tecnoloxía dos Alimentos

Experiencia en técnicas analíticas instrumentais (2 anos) (R.I.).