Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2019 Páx. 33467

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a xestión da formación dos/das profesionais derivada do programa de mellora da asistencia sanitaria ás persoas refuxiadas, solicitantes e beneficiarias de protección internacional.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución do Servizo Galego de Saúde, do 5 de xullo de 2019, pola que se lle encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde a xestión de actividades formativas.

– Actividade: encargarlle á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde a programación e planificación, cos seus medios e instalacións, de dous itinerarios formativos:

a) No primeiro formarase o persoal sanitario dos centros de saúde na atención integral a estas persoas, tanto en termos administrativos coma de trato e eliminación do estigma.

b) No segundo facilitarase o acceso e o coñecemento do sistema sanitario das persoas refuxiadas. Deste xeito, elaboraranse ferramentas formativas relacionadas co desenvolvemento de técnicas de diagnóstico e de consultas de especialistas, entre outras cuestións.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encomenda ten natureza de encarga a medio propio, de acordo co disposto no artigo 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. Tal condición de medio propio recóllese no artigo 5 do Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da encomenda ata o día 31 de decembro de 2019.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde